"CIA" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3047.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome que recibiu despois da Primeira Guerra Mundial a rexión da Italia setentrional correspondente ás provincias italianas de Gorizia e Trieste (dentro da rexión Friuli-Venecia-Xulia) e as provincias de Pula e Fiume, pertencentes ata 1920 á Carniola e devoltas a Croacia en 1947. Constituía unha das Tres Venecias.
-
GOLFOS
Gran golfo formado polo extremo setentrional do Mar Adriático, desde a costa da península de Istria ata o delta do Po. As súas costas son baixas e con numerosas lagoas e margas, a causa dos aluvións do Isonzo, Tagliamento, Piave, Brenta e Adige e Po.
VER O DETALLE DO TERMO -
REPUBLICAS
Entidade política xurdida arredor da cidade de Venecia. A provincia bizantina dos vénetos foi administrada, civil e militarmente, por tribunos marítimos. A necesidade de defensa das invasións longobardas motivou o establecemento dun dux (697). Desde aquela época perfiláronse as características de Venecia como centro comercial intermediario entre Italia e Oriente, e comezou o armamento de naves. Bizancio, que conservou a soberanía sobre Venecia tras o enfrontamento cos carolinxios, non interviña na política interna dos dux, que centralizaban o poder e aspiraban a facelo hereditario. Dominadas as incursións musulmás no Adriático, os venecianos aseguraron a soberanía da costa (1000). Conxurado o perigo eslavo no s XII, Venecia puido tamén deter a invasión dos normandos. A participación veneciana na primeira cruzada limitouse á desfeita da frota pisana en Rodas (1099) e á axuda prestada ao rei de Xerusalén por vía marítima. Na segunda cruzada, Venecia obtivo San Xoán de Acre e o enfrontamento...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Acordo establecido, como resultado da Batalla de Legnano (1176), entre o Emperador Federico I Barbarrubia e o Papa Alexandre III (1177), polo que o emperador se someteu á autoridade papal. O acordo foi completado con cadansúa tregua coa Liga Lombarda e con Guillerme II de Sicilia.
-
-
Relativo ou pertencente a Venecia ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Venecia.
-
ariedade lingüística véneta da familia italorrománica do phylum indoeuropeo. Caracterízase porque as vogais finais -e e -o enmudecen tras n (vien, vén), l e en certas condicións tras r (andar, dir), o ditongo uo pasa a io, e o timbre das vogais intertónicas mantense podendo pasar a a (sénare ‘cinsa’). A partir do s XV converteuse polo seu prestixio político e social en lingua oficial e de comunicación nas terras vénetas.
-
Escola de pintura desenvolvida en Venecia entre os ss XIV e XVIII. Entre os ss XIV e XV mantivo a tradición bizantina que se desenvolvera e enriquecera con novas achegas desde a Alta Idade Media. A influencia inicial da escola florentina a través da obra que Giotto executou en Padua e a aceptación posterior do estilo gótico internacional, introducido por Gentile da Fabriano, determinaron o cambio de dirección cara ás formas renacentistas. Destacaron Paolo e Lorenzo Veneziano, I. del Fiore, Iacopo e Gentile Bellini, C. Crivelli, A. Vivarini e os pintores de Murano. A mediados do s XV os contactos entre A. Mantegna e a escola veneciana sinalaron o inicio do período propiamente renacentista, onde destacaron G. Bellini, V. Carpaccio, B. Montagna ou G. C. da Conegliano. O s XVI foi o período culminante ao conseguirse a síntese entre a ilustración e a experiencia sensible, sobre todo por medio da luz e da cor. Giorgione, Palma o Vello e, sobre todo, Tiziano foron os seus principais rerpresentantes....
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome que recibiu a zona noroccidental de Italia, situada ao N do curso inferior do Po e ao L do Mincio, o lago Garda e os Alpes Réticos, entre 1924 e 1947. Este territorio comprendía a Venecia Tridentina (actual Trentino-Alto Adige), a Venecia Euganea (Véneto) e a Venecia Xulia (Friuli-Venecia-Xulia).
-
PERSOEIRO
Pintor. Foi xefe de Tráfico de Telégrafos da Coruña, cargo do que foi expulsado tras a Guerra Civil Española e definitivamente separado desde 1942. Posteriormente dirixiu a empresa de Armadores de Buques Pesqueros (Arbupes). Os temas principais das súas pinturas, de corte impresionista e xeralmente pintadas ao natural, foron as paisaxes, as mariñas e as corredoiras.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xornalista e escritor. Emigrado en Cuba tras abandonar a carreira eclesiástica, traballou como profesor e dirixiu o xornal El Progreso. Instalado en Nova York (1865), fundou e dirixiu a revista El Progreso, ao tempo que inventaba unha máquina de calcular. Xa establecido en Bos Aires volveu editar El Progreso e publicou as novelas La cruz de piedra (1855), a colección de artigos Contra el altar y el trono (1890) e En defensa de España (1896).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Demarcación administrativa de xustiza que abrangue os concellos de Castrelo do Val, Cualedro, A Gudiña, Laza, A Mezquita, Monterrei, Oímbra, Riós, Verín e Vilardevós.
-
-
Converxencia ou diverxencia dun sistema óptico.
-
Sentido cara ao que se inclina un dobramento que ten o plano axial inclinado. O sentido da verxencia é o contrario do da fendedura.
-
-
GALICIA
Empresario. Presidente do órgano reitor do Produto Galego de Calidade Ternera Gallega, foi xerente de FEIRACO, xerente e secretario da cooperativa de Tapia, xerente de Industrias Lácteas, presidente da Mutualidad Agraria Provincial e concelleiro de Ames. Recibiu o premio da Orden Civil del Mérito Agrícola. Publicou Lembranzas. Una vida en el campo gallego (2001) e Os muíños de Riamontes. Contos da miña aldea (2004).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Dignidade, función ou cargo de vicepresidente.
-
Lugar que ocupa o vicepresidente nunha asemblea ou nunha reunión.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de plantas herbáceas, anuais ou perennes, ás veces gabeadoras, da familia das fabáceas, con follas alternas e paripinnadas, as flores aparecen solitarias ou dispostas en acios axilares e froito en legume oblongo e comprimido. Comprende unhas 160 especies, e en Galicia danse as especies V. sativa, V. hirsuta, V. villosa, V. tenuissima, V. lutea, V. sepium e V. narbonensis, entre outras.
-
-
Que ten algún vicio.
-
Aplícase ao aire cargado de impurezas, especialmente nun lugar cerrado.
-
Que se deturpou, deformou ou desfigurou co paso do tempo.
-
-
-
Facer que algo ou alguén adquira un vicio.
-
Alterar a pureza de algo.
-
Anular a validación dun acto.
-
Ser adquirido por alguén un mal costume ou vicio.
-
Perder algo a súa pureza.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Modalidade de utilización das redes de ordenadores para permitirlles aos usuarios que se comuniquen en tempo real.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Frecuencia que corresponde a un sinal de imaxe de televisión.
-
GALICIA
Actor e director teatral. Doutor en Filosofía e Ciencias da Educación pola Universidade de Santiago de Compostela, dirixe o Escola Superior de Arte Dramática de Vigo (2005). Impulsor do Taller de Teatro da Universidade Popular de Corcubión e da Aula de Teatro da Escola Universitaria de Formación do Profesorado de Pontevedra, participou na creación dos grupos de teatro infantil Katakrok e Kalandraka, para os que dirixiu diversos espectáculos entre 1988 e 1992, e Teatro de Ningures, para o que dirixiu dúas obras en 1985 e 1986. Teatrólogo e profesor de pedagoxía teatral, expresión dramática e expresión teatral, colaborou en diversas publicacións periódicas con artigos de crítica teatral. Membro do consello de redacción da Revista Galega de Teatro e da revista ADE-Teatro, foi director de Ensaio, revista de teatro de Galicia e do Norte de Portugal e do Anuario Galego de Estudios Teatrais. Membro fundador da Asociación Nacional de Investigadores de Literatura...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Reunións celebradas en Viena entre 1819 e 1820 presididas polo príncipe Metternich-Winneburg e ás que asistiron membros da Confederación Xermánica. Tiña como obxectivo terminar coas revoltas liberais alemás. Baviera opúxose a esta represión e puido conservar os seus réximes constitucionais.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Reunións celebradas en Viena entre 1853 a 1855 durante a Guerra de Crimea que tiñan como obxectivo solucionar o problema ruso-turco. En abril de 1854, Austria, Francia, Reino Unido e Prusia decidiron manter os límites do Imperio Otomán e os dereitos dos habitantes cristiáns. En xuño dese mesmo ano, Prusia deixou a conferencia por non amolar a Rusia. A conferencia desapareceu cando non se conseguiu a paz en Crimea.