"eo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3592.

    1. Relativo ou pertencente ás rubiáceas.

    2. Planta da familia das rubiáceas.

    3. Familia de plantas da orde das rubiais, constituída por plantas leñosas ou herbáceas, con follas simples, decusadas e con estípulas, flores hermafroditas, actinoformes, tetrámeras ou pentámeras, isostémonas, de ovario ínfero bicarpelar, xeralmente entomófilas, dispostas en cimos ou en acios, e froitos de varios tipos. Consta de máis de 5.000 especies, distribuídas por todo o mundo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político. Alcalde do concello de Cedeira durante cinco lexislaturas (1979-1999) e desde 2003. Foi membro da Deputación Provincial da Coruña (1983-1987; 1991-1995) e senador electo polo PP pola Coruña (1993-2000). Foi conselleiro da Mutualidad Nacional de Previsión de la Administración Local (1983-1987) e do consello superior da Función Pública do Estado (1987-1991). Foi vicepresidente do Colexio Oficial de Graduados Sociais de Galicia e do da Coruña e recibiu a Cruz ao Mérito Naval con distintivo branco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Militar e político. Participou nos preparativos do Levantamento de 1846 e mandou o exército do Sur. Despois da derrota da Batalla de Cacheiras, dirixiu o exército desde Ribadavia á Cañiza e nun descanso da tropa fuxiu xunto con outros oficiais a Portugal. Retornou amnistiado a España e acadou o grao de tenente xeneral de cabalaría. Militou na Unión Liberal e foi deputado en tres lexislaturas polo distrito de Ponte Caldelas (1858-1864) e pola sección de Vigo (1865-1866; 1869-1871). Recibiu a Orden de Isabel la Catolica (1856) e a Orden de Carlos III (1860).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Economista. Concibiu o sistema económico como automecanismos de regulación, e opúxose á intervención do estado na economía. Foi partidario do retorno ao patrón ouro, fronte ao patrón cambio ouro institucionalizado polo FMI. Publicou Des sciences physiques aux sciences morales (1922), Théorie des phénomènes monétaires (1927), L’ordre social (1945), L’âge de l’inflation (1963) e Le péché monetaire d’Occident (1971).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Empresario. Fundou o holding RUMASA en 1961, con empresas de diferentes sectores, que o goberno do PSOE expropiou en 1983. Creou a organización Partido Político TyE (Agrupación Ruiz-Mateos) coa que se presentou ás eleccións europeas e foi elixido deputado (1989). En 1997 celebrouse o xuízo do caso RUMASA e foi absolto. Co tempo creou un novo holding empresarial denominado NUEVA RUMASA.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor australiano. Formado en Londres e París, interpretou e dirixiu as súas propias montaxes. No cine, onde destacou, interpretou filmes como Starstruck (1981), Twelfth Night (1985), Shine (1995), pola que obtivo o Oscar ao mellor actor en 1997; Shakespeare in love (1998), Quills (2000), Pirates of the Caribbean (2003), The life and death of Peter Sellers (2004) e Candy (2005).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta, pintor e economista irlandés. Coñeceu a Yeats, que o iniciou na literatura e na teosofía. A súa poesía caracterízase por un certo panteísmo e con frecuencia por unha fonda espiritualidade. Destacan The Earth Breath (1897), Imaginations and Reveries (1915), The House of Titans (1930) e o drama Deirdre (1907).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Teorema relativo ao comportamento das estrelas, segundo o que se unha estrela está en equilibrio hidrostático e térmico e obtén toda a súa enerxía das reaccións nucleares, a súa estrutura queda totalmente determinada por dous factores: a súa masa e a distribución de elementos químicos no seu interior.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás rusuláceas.

    2. Fungo da familia das rusuláceas.

    3. Familia de fungos basidiomicetos, da orde dos rusulais, integrada por fungos de carpóforos grandes ou medianos, coa carne granulada, non fibrosa, coas esporas de cores claras e con ornamentacións amiláceas e sombreiro de cor variable desde rosada ata verde, as láminas de cor branca e o pé cilíndrico, de cor branca. Poden ter sabor doce ou picante. En Galicia pódese atopar o xénero Russula, con especies como R. cyanoxantha ou R. nigricans.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás rutáceas.

    2. Planta da familia das rutáceas.

    3. Familia de plantas leñosas ou raramente herbáceas, da orde das sapindais, con glándulas secretoras e follas simples ou compostas, frecuentemente trifoliadas e xeralmente alternas. As flores son comunmente actinomorfas, hermafroditas, diclamídeas e hipóxinas, e con froitos de diversas clases. Danse nos países cálidos e temperados de todo o mundo. Pertencen a esta familia a laranxeira, o limoeiro ou a bergamota.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Químico croata. Estudou as hormonas, como a testosterona. Recibiu o Premio Nobel de Química (1939), compartido con A. Butenandt, polas súas invetigacións sobre a síntese orgánica de polimetilenos e terpenos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Soprano. Debutou en 1949 pero a súa consagración chegou en 1951, cando cantou no Festival de Bayreuth. Actuou no Metropolitan de Nova York e no Liceu de Barcelona, intepretando personaxes de óperas de R. Strauss e R. Wagner.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor belga. Formado en Gante e Bruxelas, descubriu o colorismo e a luz nunha viaxe á Península Ibérica e a Marrocos (1881). En 1884 foi un dos fundadores do Círculo dos XX. En París adheriuse ao divisionismo, conservando unha composición e un debuxo tradicionais como en Octave Maus (1885) ou A lectura (1903), retrato colectivo de intelectuais amigos. Interesouse pola renovación das artes aplicadas, xunto con H. Van de Velde.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Changwat de Tailandia (7.195 km2; 483.868 h [2000]). A súa capital é Sa Kaeo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos sabeos ou á súa lingua.

    2. Individuo do pobo sabeo.

    3. Pobo semítico que venceu ao antigo Reino de Saba. Alcanzou un grande esplendor político e económico a partir do s I ata sufrir as invasións xudías, dos cristiáns do reino axumita de Abisinia, no primeiro terzo do s VI, e dos persas sasánidas a finais do mesmo século. Profesaban o sabeísmo.

    4. Lingua semítica de escritura consonántica. Consérvanse unhas 2.400 inscricións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que é semellante ao azucre.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás sacaromicetáceas.

    2. Fungo da familia das sacaromicetáceas.

    3. Familia de fungos endomicetais, unicelulares illados e reunidos en cadeas, que se reproducen por xemas ou por ascósporas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Humanista italiano. Coñecido como Il Platina, escribiu In Bessarionis laudem, o diálogo De flosculis quibusdam linguae latine ad Laelium e o discurso De laudibus bonorum artium ad Pium II P. M. (1464). Rebelouse contra Paulo II e foi encarcerado. Obtida a liberdade, cambiou a súa posición co discurso Ad Paulum II P. M. de pace Italiae componenda atque de bello Turcis inducendo e co diálogo De optimo cive e Liber de vita Christi ac omnium pontificum (1474).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor austríaco. Coñecido como Zoë von Rodenbach, as súas novelas, das que destaca Die geschiedene Frau (A muller divorciada, 1870), evocan dunha maneira pesimista a vida familiar. O comportamento erótico de moitos dos seus personaxes deu orixe á creación do termo ‘masoquismo’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xurista e político. Membro do Partido Galeguista, durante a Guerra Civil foi encarcerado, xunto ao seu irmán Camilo, e desenvolveron un intenso labor pedagóxico entre os presos. En 1940 dedicouse de novo ao ensino privado en Monforte de Lemos ata que rematou os estudos de dereito. Mantivo unha intensa actividade galeguista de oposición ao réxime franquista. En 1963 participou na fundación do Partido Socialista Galego e na sociedade cultural Escola Aberta (1978). Recibiu o Pedrón de Ouro (1986).

    VER O DETALLE DO TERMO