"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • antinuclear.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Substancia que, por mor da semellanza da súa estrutura molecular coa da auxina, combínase con ela e inhibe a súa actividade.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que actúa contra as bacterias ou impide a súa aparición.

    2. Fármaco que combate as bacterias. Son substancias capaces de inhibir o crecemento das bacterias (acción bacteriostática) ou de eliminalas (acción bactericida) sen apenas lesionar o animal infectado. O seu uso pode ser tanto sistémico como tópico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome que se lle dá aos montes Sredna Gora, en Bulgaria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pé métrico de tres sílabas, dúas longas seguidas dunha breve, de orixe grecolatina. Recibe tamén o nome de palimbaquio ou baquio invertido.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dispositivo que se utiliza para impedir a caída en barrena dos avións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade provenzal, no departamento francés dos Alpes Marítimos, situado na Costa Azul, preto do cabo de Antibes (70.005 h [1990]). O seu principal recurso económico é o turismo. O antigo castelo dos Corimaldi (ss XIV e XV) é sede dun museo de arte.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Determinación da sensibilidade aos antibióticos, que se aplica no estudo das bacterias e, ás veces, dos fungos. As técnicas máis empregadas baséanse en sementar sobre un medio sólido o microorganismo a estudiar; incorpóraselle o antibiótico, que impregna un pequeno disco de papel e, posteriormente, mídese a súa proliferación en torno ao disco de papel.

    2. Sensibilidade dos fungos, bacterias, etc, á acción dalgúns quimioterapéuticos (sulfamidas, nitrofurantoína, etc).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma de antagonismo que presentan diversas especies de microorganismos que viven no mesmo medio e que conduce á rápida eliminación dunha ou varias destas especies. Os microorganismos que provocan a situación de antibiose fano ao producir cambios osmóticos, de capilaridade, de pH ou de potencial de óxido-redución, ao bloquear algún factor imprescindible, coa liberación de catabolitos tóxicos ou coa síntese de substancias tóxicas específicas ou antibióticos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tratamento de enfermidades infecciosas con antibióticos ou, en xeral, con calquera axente antiinfeccioso. Para que un tratamento con antibióticos sexa eficaz, cómpre empregar un antibiótico ou antibióticos apropiados para cada infección, o que aconsella a práctica do antibiograma. A dose ten que ser suficiente e a duración do tratamento a adecuada.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos antibióticos.

    2. Substancia química producida por microorganismos como resultado dunha biosíntese específica, capaz de inhibir o crecemento doutros microorganismos ou de eliminalos, a baixas concentracións. Nun sentido máis amplo, considéranse tamén as substancias químicas obtidas sinteticamente ao modificar a estrutura dun antibiótico, e que posúen igualmente efectos antimicrobianos. Os antibióticos soen estar sintetizados e liberados como forma de antibiose por fungos, actinomicetos e bacilos esporuladores. A toxicidade dos antibióticos pode oscilar entre valores moi elevados e valores ínfimos. Os de baixa e media toxicidade pódense empregar na terapéutica de moitas doenzas causadas por microorganismos (bacterias sobre todo). Moitas enfermidades das plantas xa se combaten con antibióticos, e algunhas industrias alimentarias tamén os usan para preservar os alimentos; pero neste último caso cómpre asegurarse de que a derrareira preparación do alimento (cocción, etc) inactivará o antibiótico para evitar...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Oposto á dinastía Borbón, principalmente aos seus monarcas reinantes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma particular de fonema ascendente polo que se caracteriza un bo número de construcións interrogativas absolutas en moitas linguas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dise da substancia que, engadida á auga, fai soluble o cal impedindo que este se deposite.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que combate o cancro.

    2. Fármaco empregado no tratamento do cancro. Os axentes anticancerosos, tamén denominados antineoplásticos, inclúen os axentes alquilantes, os antimetabolitos, os antibióticos, os alcaloides, hormonas e outras substancias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dise dos elementos, sobre todo aqueles dunha bobina, dispostos de forma que se reduza a un mínimo a súa capacidade parasita.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Doutrina ou actitude activamente oposta ao sistema capitalista. O conxunto de doutrinas anticapitalistas vén propoñendo unha substitución do sistema capitalista por alternativas colectivas de aproveitamento dos recursos que impidan a existencia da propiedade privada dos medios de produción e rematen coa división social do traballo coa finalidade de acadar unha sociedade sen clases. As de maior trascendencia histórica teñen sido o anarquismo, o socialismo científico e o comunismo. Tamén poden ser consideradas anticapitalistas determinadas tendencias do socialismo antes do seu decantamento cara a posicións socialdemócratas e as solucións escapistas promovidas por Fourier e outros socialistas utópicos do s XIX. A elaboración da crítica anticapitalista foi paralela ao desenvolvemento do capitalismo industrial dende o s XIX, sendo unha das máis elaboradas e coherentes a que realizou Marx na súa obra Das Kapital (O capital, 1867). As experiencias que tentaron implantar unha...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo que designa aquelas voces empregadas por Castelao, Vilar Ponte, Viqueira, e que os que defenden a comunidade lingüística luso-galego-brasileira denominan reintegracionismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que actúa contra a catarreira.

      1. Medicamento que combate ou prevén as catarreiras.

      2. acina ou medicamento que actúa previndo ou curando a inflamación e a hipersecreción das mucosas do aparato respiratorio, ou sexa, un arrefriado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Placa metálica dun tubo de Crookes oposta ao cátodo, onde se producen os raios X ao chocar nel os raios catódicos.

    VER O DETALLE DO TERMO