"CIA" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3047.

  • Demarcación administrativa de xustiza que abrangue os concellos de Baiona, Gondomar, Nigrán e Vigo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga demarcación territorial do estado español con capital na cidade homónima. Comprendía o litoral atlántico e o seu traspaís entre o curso do río Ulla, que marcaba o seu límite setentrional, e o río Miño, fronteira hispanolusa, que a delimitaba polo S; o límite oriental correspondíase cos cumios da Dorsal Occidental Galega nese interfluvio: a serra do Farelo, a serra do Faro, os montes do Testeiro, a serra do Suído e a serra do Faro de Avión. Incluía os partidos de Bemposta, Caldas de Reis, Cambados, A Cañiza, Lalín, A Lama, Pontevedra, Ponteareas, Redondela, Tui e Vigo. O primeiro precedente desta demarcación foi o proxecto bonapartista da prefectura de Vigo. A provincia de Vigo permaneceu vixente desde o 13 de xullo de 1821 a novembro de 1823. A reorganización provincial de 1833 recuperou esta demarcación, pero trasladou a súa capital a Pontevedra, cidade que deu nome á provincia. Nun decreto do 26 de maio de 1836 o goberno ordenou trasladar a Vigo a capitalidade, pero a reacción...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Vilagarcía de Arousa baixo a advocación de santa Baia, onde se atopa a capital municipal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Concello da comarca do Salnés situado no O da Comunidade Autónoma de Galicia e no NO da provincia de Pontevedra (43° 35’ 31’’ N - 8° 46’ 46’’ O). Limita ao N coa ría de Arousa e co concello de Catoira (comarca de Caldas), ao S con Vilanova de Arousa (O Salnés), ao O coa ría de Arousa e Vilanova de Arousa e ao L con Caldas de Reis (Caldas). Abrangue unha extensión de 44,2 km 2 cunha poboación de 36.743 h (2007), distribuída nas parroquias de Arealonga, Bamio, O Carril, Cea, Cornazo, Fontecarmoa, Rubiáns, Sobradelo, Sobrán, Solobeira e Vilagarcía. A súa capital é a vila de Vilagarcía, na parroquia homónima, que dista 45 km de Santiago de Compostela e 20 km de Pontevedra. É cabeceira de partido xudicial. Está adscrito á arquidiocesede Santiago.
    Xeografía física
    O relevo é moi accidentado como resultado da acción tectónica durante o Terciario. A ría de Arousa xurdiu por un fenómeno de subsidencia do esteiro do río Ulla, que supuxo que o mar penetrase no...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Demarcación administrativa de xustiza que abrangue os concellos de Catoira, Vilagarcía de Arousa e Vilanova de Arousa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Título nobiliario que ten a súa orixe nos morgados fundados por García de Caamaño e os seus fillos: Rubiáns, Vista Alegre e Barrantes. Rodrigo de Mendoza Soutomaior e Caamaño, morgado de Vista Alegre e Barrantes, mercou a vila de Vilagarcía e Arealonga, coa súa xurisdición civil e militar. Un dos seus fillos, Mauro de Mendoza Soutomaior e Caamaño (1594-?), señor de Rubiáns, recibiu en 1644 as casas de Vista Alegre, Barrantes e Vilagarcía, e en 1654 recibiu de Filipe IV o marquesado de Vilagarcía, co vizcondado de Barrantes. A morte sen sucesión do IV marqués (1781) abriu un preito sucesorio que se resolveu en 1815 en favor de Joaquín de Armesto Teixeiro, quen recibiu os títulos de Vilagarcía e Barrantes, e de José Ramón Ozores, quen recibiu o señorío de Rubiáns coa grandeza de España. O título continuo nos herdeiros de Joaquín ; Armesto Teixeiro, que adoptou o nome de Joaquín de Mendoza Soutomaior Armesto y Teixeiro , por imposición vincular.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Porto da beira meridional da ría de Arousa, no litoral da parroquia de Vilagarcía, concello de Vilagarcía de Arousa. As instalacións portuarias esténdense ao longo de máis de 2 km e inclúen peiraos comerciais, de viaxeiros, pesqueiros e deportivos. Ocupan unha superficie de 431.086 m2. O volume de tráfico descargado en 2002 foi de 1.154.000 toneladas. O porto tivo a súa orixe no do Carril, que foi o primeiro en Galicia que contou con servizo de ferrocarril (1873). A súa expansión obrigouno a situarse na parroquia limítrofe de Vilagarcía, que ofrecía maior calado. Alí construíuse a partir de 1878 un peirao de 400 m. Declarado porto de interese xeral do estado en 1888, xestiónao a Autoridade Portuaria de Vilagarcía. En 1982 as instalacións de Vilaxoán e do Carril, que ata entón dependían da Xunta de Obras do Porto de Vilagarcía, foron transferidas á administración autonómica, mentres que as de Vilagarcía mantiveron o seu carácter estatal.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Vilagarcía de Arousa ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Vilagarcía de Arousa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Demarcación administrativa de xustiza que abrangue os concellos de Begonte, Cospeito, Guitiriz, Muras, Vilalba e Xermade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga demarcación territorial de España que integraba territorios das comarcas do Bierzo, Laciana e Valdeorras, con capital en Villafranca del Bierzo. Dividiuse en catro partidos: O Barco de Valdeorras, Ponferrada, Toreno e Villafranca del Bierzo. Permaneceu vixente entre outubro de 1821, cando as Cortes aprobaron a nova planta provincial, e xullo de 1823, cando penetraron no Bierzo as tropas dos Cen Mil Fillos de San Luís para restaurar o Antigo Réxime. A reorganización provincial de 1833 non recuperou esta demarcación e desde entón o seu territorio quedou diluído entre as provincias de Ourense (partido do Barco de Valdeorras) e León (partidos de Ponferrada, Toreno e Villafranca del Bierzo).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto. Introduciu no seu país a arquitectura racionalista en detrimento da tendencia neotolteca. Recibiu o Premio Nacional de Artes (1968).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. Formado en Madrid, a súa pintura é realista e caracterízase polo dominio técnico, en especial do debuxo, e pola captación da psicoloxía dos personaxes. Cultivou o retrato, as naturezas mortas, sobre todo de animais, a paisaxe e os tipos populares. Destacan as obras, Autorretrato, Muller aldeá e Neno do niño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e profesor. Promotor da revista A Caramecha, publicou A terra de Orcellón e O Irixo (1985), Ramón Martínez López. Pola universidalidade de Galicia (1992), Héroes e mártires: a IIª República e a guerra civil no Barbanza (1995) e Gallegos en México (1978-1936): inmigración e sociedade no alén mar (2003).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de violento.

    2. Acción de violar.

    3. Maneira de proceder enérxica que implica agresividade.

    4. Forza brusca e devastadora.

    5. Situación tensa e molesta que fai que unha persoa non se sinta cómoda.

    6. Acción violenta ou coacción moral exercida sobre unha persoa para obrigala a unha determinada acción ou omisión. A xurisprudencia e a doutrina distinguen a violencia física (vis absoluta) da coacción moral (vis compulsiva), e castígase como ameaza ou coacción.

    7. Conxunto de accións políticas pacifistas que, por medio da resistencia pacífica e outros actos non violentos, tentan acadar diversos obxectivos democráticos ou nacionalista. Iniciouno Gandhi en India na década de 1920.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de virulento.

    2. Capacidade dun microorganismo patóxeno para producir a enfermidade nun hospedeiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que dura ata a morte.

    2. Póliza dun seguro de vida.

    3. Pensión que se cobra ata a morte do beneficiario.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome con que é coñecida unha níkē rodia de mármore realizada a finais do s III a C ou comezos do s II a C, para conmemorar a vitoria naval de Demetrio I de Macedona en Salamina (306 a C). Descubriuse en Samotracia en 1863 e outros fragmentos atopáronse en 1954. Destaca o vigor e o movemento do torso e das ás, amplificado pola curva da proa que lle fai de pedestal

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Demarcación administrativa de xustiza que abrangue os concellos de Cervo, Foz, Ourol, O Vicedo, Viveiro e Xove.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Experiencia persoal que contribúe a formar a personalidade, interiorizándoa como algo único e intransferible.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á vivencia.

    VER O DETALLE DO TERMO