"CIO" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 4772.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Lei Orgánica 10/2002, de 24 de decembro, que supón, sobre todo, un cambio da filosofía educativa con respecto á LOXSE. Sen publicar un Libro Branco, aprobouse unha norma que desbota os piares básicos da Reforma LODE/LOXSE: a escola participativa e o modelo comprensivo. A LOCE implantou un dobre sistema de segregación do alumnado: polo currículo e por centros. Aínda que nun principio podería pensarse que a principal forma de segregación reside na determinación de itinerarios diferenciados a partir do 2º ciclo da ESO ou na creación dos Programas de Iniciación Profesional (PIP), o certo é que se produciu fundamentalmente debido ao novo sistema de avaliación e promoción. Recuperouse a repetición de curso, os exames extraordinarios de setembro ou xullo e a reválida. Por outra banda a lei estendeu o réxime de concertos á escola infantil e o ensino da relixión católica volveu recuperar valor académico. A LOCE arremeteu contra o modelo de escola participativa e incrementouse o poder dos directores...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Lei, aprobada en 1990, que pretendeu adaptar o sistema educativo á realidade da sociedade española. En 1987 presentouse o Proyecto para la Reforma de la Enseñanza. Propuesta para debate, que foi completado en 1988 cun anexo dedicado ao ensino técnico-profesional. A redacción definitiva do proxecto quedou rematada en abril de 1989 para ser publicado como Libro Blanco para la Reforma del Sistema Educativo en que se analizaba a realidade educativa española e se xustificaba a súa necesidade ao tempo que se fixaban os seus obxectivos e se organizaban, na súa totalidade, os niveis educativos non universitarios. Intentou dar unha correcta solución aos problemas especificamente educativos de España. Desde o seu enunciado terá como tarefa fundamental a de solucionar os erros de concepción, as insuficiencias e as disfuncionalidades do sistema educativo. Ampliou a educación básica ata os 16 anos en condicións de gratuidade e obrigatoriedade e auspiciou unha reordenación do réxime xeral de educación...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Lei que naceu como unha norma necesaria para desenvolver harmonicamente os principios da Constitución de 1978 en materia de educación, pero tamén como unha obriga lexislativa necesaria para a converxencia europea. Rodeada dunha gran polémica e de críticas por parte de grupos conservadores e da Igrexa Católica, foi protestada cunha manifestación sen precedentes e recorrida ao Tribunal Constitucional. De aí o atraso na súa aplicación porque, se ben foi aprobada no Parlamento en 1984, non foi sancionada ata o 3 de xullo de 1985. Garantiu, por vía lexislativa, o pluralismo educativo e unhas cotas máis reais de equidade neste ámbito. Supuxo o recoñecemento oficial dunha realidade evidente: a existencia dunha dobre rede pública e privada de centros escolares. Tres foron as características coas que se definiu: 1) a financiación con fondos públicos da práctica totalidade dos centros escolares de ensino obrigatorio e, ao mesmo tempo, o control democrático desa financiación; 2) a promoción dun ensino...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Lei Orgánica 14/1970, de 4 de agosto, que supuxo a superación definitiva do modelo educativo anterior. Estivo precedida dun estudo sobre a realidade educativa española, que se materializou nun Libro Branco (La Educación en España. Bases para una política educativa, 1969). Naceu con vontade de innovación e axudou a trazar o mapa e o deseño do sistema escolar. Respondeu á necesidade de cualificación que a sociedade española precisaba diante dos Plans de Desenvolvemento Económico da época. De aí que se baseara no concepto de educación permanente e propuxera un sistema educativo unitario, flexible e dinámico que tentaba poñer en relación a educación co mundo do traballo. Proxectada ao abeiro do ministro J. Ll. Villar i Palasí, foi García Hoz e Ángeles Galino, entre outros, os que adaptaron o proxecto pedagóxico que lle daba forma á realidade española. Mentres Díaz Hochleitner proporcionaba unha linguaxe e unhas ideas máis internacionais ao texto. Estendeu o ensino obrigatorio e gratuíto ata...
-
GALICIA
Químico industrial. Estudiou na Universidade de Santiago de Compostela, onde se doutorou en 1975. Director da Escola Técnica Superior de Enxeñería da USC, da titulación de Enxeñería ambiental, e responsable do grupo de Enxeñería e Biotecnoloxía ambiental do Instituto de Investigacións Tecnolóxicas da USC, foi experto na área de enxeñería ambiental da ONUDI (Organización das Nacións Unidas para o Desenvolvemento Industrial). O seu traballo céntrase no campo da biotecnoloxía ambiental, con investigacións no tratamento de augas residuais de industrias lácteas, madeireiras, conserveiras, de lixiviacións de vertedoiros de residuos urbanos de grande interese pola súa incidencia en Galicia. Tamén traballou no campo dos biorreactores.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de lematizar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fenómeno de debilitamento consonántico que afecta sobre todo ás consoantes intervocálicas. Tivo un papel moi importante na evolución das linguas célticas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Lupercio Leonardo de Argensola.
-
PERSOEIRO
Relixioso franciscano. Taumaturgo da orde franciscana, predicou por Italia e defendeu a devoción do via crucis. A súa festividade celébrase o 26 de novembro.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Emperador de Oriente (695-698). Era estratega da Hélade, e foi elixido emperador polo Partido dos Azuis en 695, despois da revolta contra Xustiniano II. Durante o seu mandato Bizancio perdeu o dominio sobre Cartago, polo que foi destronado por Tiberio II en 698.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
san (s VII) Bispo de Saintes (590-640). Acolleu o bispo de Aleth, cando fuxía de Bretaña. A súa festividade celébrase o 19 de marzo.
-
PERSOEIRO
Bispo de Cesarea de Capadocia. Enfrontouse aos arianos na época do Emperador Constantino e foi martirizado xunto con santo Hilario. A súa festividade celébrase o 13 de xaneiro.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo que ten a súa orixe no nome grego Leontios, derivado do adxectivo leontios ‘semellante a un león’, ‘leonino’. Teñen este nome san Leoncio (s IV), bispo e mártir de Cesarea (Capadocia), celebrado o 13 de xaneiro; e san Leoncio de Saintes (s VII), celebrado o 19 de marzo.
-
-
Relativo ou pertencente aos leponcios.
-
Individuo do pobo leponcio.
-
Pobo galo que habitaba na rexión situada nos Alpes entre as fontes do Ródano ao lago Como.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que provoca medo ou pavor.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Reacción de alcalización do amoníaco, ou das aminas primarias ou secundarias, mediante compostos carbonílicos, en presenza de ácido fórmico como axente redutor.
-
VER O DETALLE DO TERMO
elutriación.
-
-
Acción e efecto de levitar.
-
Estado dun corpo sometido a unha forza sustentadora que equilibra o seu peso, de xeito que se mantén en suspensión a unha certa distancia dunha superficie de referencia. Determinadas técnicas metalúrxicas empregan a fusión en levitación para evitar os contactos materiais do metal co contorno. A levitación magnética é o principio dalgúns transportes avanzados.
-
Fenómeno polo que algo ou alguén se eleva sobre unha superficie sen que ningunha forza visible o sosteña.
-
Sensación de manterse no aire sen ter ningún punto de apoio.
-
-
-
Proceso polo que un grupo sintagmático se converte en elemento lingüístico equivalente a unha soa palabra, segundo a terminoloxía de Charles Bally.
-
Proceso de transformación dunha interxección ou onomatopea nunha palabra susceptible de funcionar gramaticalmente. Por exemplo, os titacs do reloxo.
-
Integración dunha metáfora individual no sistema xeral da lingua. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].
-
-
-
Acción de lexislar.
-
-
Conxunto de leis que regulan a vida xurídica dunha comunidade. En rigor e historicamente, só cabe empregar esta expresión naquelas sociedades en que as normas escritas, revestidas de carácter xeral e superiores a calquera outra norma xurídica, son ditadas por institucións especializadas. En sentido lato, e a pesar de que deriva do termo lei, non se refire en exclusiva ás leis elaboradas por un parlamento, senón que se inclúen tamén normas ditadas por autoridades executivas e administrativas (lexislación delegada, decretos e regulamentos) ou mesmo para referirse a normas emanadas de entidades non estatais (por exemplo, lexislación internacional ou eclesiástica).
-
Conxunto de normas positivas escritas dun estado ou relativas a un determinado ámbito material, civil, penal ou laboral, que regula unha rama determinada da actividade dunha comunidade.
-
lexislación aduaneira
Conxunto de disposicións legais, regulamentarias e administrativas que a aduana está expresamente encargada de aplicar en virtude das atribucións que lle foron outorgadas por lei.
-
lexislación alimentaria
Conxunto de disposicións para evitar e sancionar as infraccións económicas ou hixiénico-sanitarias en alimentos.
-
lexislación social
Conxunto de normas de carácter estatal ou sectorial para tutelar a integridade dos dereitos adquiridos dos traballadores e para promover o seu desenvolvemento económico e social. A nivel internacional está a instancias da Organización Internacional do Traballo. Comprende a seguridade social, a normativa administrativa do traballo e a asistencia social.
-
-
Ciencia das leis e dos códigos.
-