"qu" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 4475.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome árabe de Xerusalén.
-
-
Forma invariable que introduce unha oración subordinada que pode referirse a unha persoa ou cousa ou a unha oración enteira, precedida dun substantivo como cousa, feito ou do artigo o. Tamén pode ter como antecedente o artigo ou o demostrativo, indo o conxunto determinado por todo.
-
Forma invariable que pregunta por algo, dunha maneira directa ou indirecta.
-
Forma invariable que reforza a cantidade ou intensidade do que expresa o substantivo, adxectivo ou adverbio a que acompaña.
-
-
-
Forma invariable que introduce unha oración subordinada que cumpre unha función dentro da principal.
-
Forma invariable que introduce oracións disxuntivas.
-
Forma invariable que introduce a causa nas oracións causais.
-
Forma invariable que introduce o efecto nas oracións consecutivas.
-
Forma invariable que introduce, tras a prep de, o segundo termo da comparación.
-
Forma invariable que forma parte de locucións conxuntivas e perífrases.
-
Forma invariable que fai de reforzo dunha afirmación ou dunha negación.
-
-
-
Nome da letra <q>
-
Nome do dígrafo <qu>.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Colección de dezaseis relatos breves escritos por Manuel Rivas e publicados en 1995, en que aparecen algúns dos elementos fundamentais da súa narrativa e da sociedade contemporánea: a violencia, a soidade, a incomprensión, a música, a tensión rural/urbana, a figura da nai e os límites entre a vida e a morte, e a realidade e os soños. Traducida a diferentes linguas, algúns dos relatos foron adaptados ao cine no filme A lingua das bolboretas (1999), de José L. Cuerda. Recibiu o Premio Torrente Ballester (1995) e o Premio Nacional de Narrativa (1996).
-
CAPITAIS
Capital da provincia de Québec, Canadá (169.076 h [2001]), situada á beira N do San Lourenzo. As áreas industriais sitúanse na cidade baixa e moi preto do porto fluvial. É unha cidade de funcións basicamente terciarias. A industria produce pasta de papel, produtos alimentarios, confección e tabacos. Tamén destaca a industria naval e a refinaría de petróleo en Saint-Romuald, na área suburbana. Fundouna o francés Samuel de Champlain en 1608 como forte e centro do comercio colonial de peles, e é a cidade máis antiga de Canadá. En 1663 o bispo Laval fundou nela un seminario que se converteu posteriormente na universidade, a máis antiga de Canadá. Atacada polos ingleses dúas veces sen éxito (1639 e 1711), foi conquistada en 1759 e incorporada ao Imperio Británico pola Paz de París de 1763. Foi sempre a capital legal da provincia e a espiritual de todos os canadenses de fala francesa. O centro histórico da cidade foi declarado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO (1985).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia de Canadá (1.540.680 km2; 7.237.480 h [2001]). A súa capital é Québec. Limita co estreito de Hudson e a baía de Ungava ao N, o Mar do Labrador ao L, o golfo de San Lourenzo e New Brunswick ao SL, EE UU ao S e Ontario e a baía de Hudson ao O. A parte setentrional do territorio é unha penechaira que levanta cara ao S ata a orla paralela ao río San Lourenzo. Os principais cultivos son a forraxe, a remolacha azucreira, o tabaco e as froiteiras. Os recursos mineiros máis importantes son o amianto, o cobre, o ferro, o cinc e o ouro. A industria combina as industrias tradicionais (fiadura, tecidos, confección, coiro, tabacos e alimentaria), coas modernas, como a construción de material ferroviario, naval, de maquinaria, as derivadas da madeira e da enerxía hidráulica e a industria química. A poboación autóctona (alonquinos e iroqueses) apenas representa o 2% da poboación total, formada principalmente por francófonos (85%). O 13% restante está constituído por anglófonos....
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de tres reunións que se desenvolveron en Québec. Froito da primeira conferencia (1864) xurdiu a British North America Act (1867), polo que se creou o dominion do Canadá. Na segunda (1943) e terceira (1944), F. D. Roosevelt e W. Churchill discutiron a estratexia da guerra en Europa, pero non chegaron a ningún acordo definitivo.
-
-
Relativo ou pertencente a Québec ou aos seus habitantes.
-
Na-tural ou habitante de Québec.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
creba.
-
VER O DETALLE DO TERMO
crebacabezas.
-
-
-
Árbore, dos xéneros Aspidosperma e Schinopsis, de madeira moi apreciada.
-
quebracho branco [Aspidosperma quebracho, Fam das apocináceas]
Árbore con follas simples, alternas e coriáceas, con flores pequenas de corola lobulada, dispostas en panículas, e froitos bifoliculares. É propia da Arxentina setentrional.
-
quebracho vermello
Árbore, do xénero Schinopsis, da familia das anacardiáceas, especialmente as especies S. balansae e S. lorentzii. As follas poden ser simples (S. balansae) ou pinnaticompostas (S. lorentzii), as flores pequenas e dispostas en panícula, e os froitos de tipo drupa están provistos de taninos. Son especies madeireiras propias do Gran Chaco.
-
-
Madeira destas árbores.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
crebadizo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
crebado.
-
VER O DETALLE DO TERMO
crebadura.
-
VER O DETALLE DO TERMO
crebafolgas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
crebanoces.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen quebranta.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción ou efecto de quebrantar ou quebrantarse.
-
-
Dividir en anacos unha cousa dura, sen que os anacos cheguen a separarse.
-
Facer algo máis feble.
-
Causar dano ou abatemento físico ou moral.
-
Abrir de forma violenta algo que estaba pechado.
-
Incumprir unha lei, obriga ou promesa.
-
Dividirse en anacos unha cousa dura, especialmente se non chegan a separarse.
-
Facerse máis débil.
-
Sufrir dano ou abatemento físico ou moral.
-