"AND" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3994.

  • Rocha eruptiva da familia da diorita, de cor gris, case negra. É de estrutura microlítica, aínda que pode presentar fenocristais de andesina ou de anfíboles. As erupcións saen en forma de lavas case sólidas ou en coadas que xorden xunto con produtos piroclásticos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou petencente á andesita.

    2. Liña circumpacífica imaxinaria que delimita unha zona interna de vulcanismo basáltico e unha zona externa na que os volcáns expulsan magmas de composición andesítica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Comarca da provincia de Huelva, Andalucía, situada ao S da serra de Aracena. Nela atópanse os depósitos de piritas de ferro e cobre máis importantes de España. As principais vilas son Nerva, Calañas, Zalamea la Real e El Cerro de Andévalo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos andhras ou á súa lingua.

    2. Individuo pertencente á tribo dos andhra.

    3. Individuo dun pobo preario, de lingua telugu, establecido na rexión situada entre os ríos Kistna e Godavari dende o 400 a C aproximadamente. Foron vasalos de Maurya e no s I a C fundaron unha dinastía independente, a dos Satavahna, que perdurou ata o s III. O país dos andhras deulle o seu nome ao estado de Andhra Pradesh.

    4. Lingua da familia dravídica oficial no Estado de Andhra Padresh. A designación filolóxica máis correcta desta lingua é telugu.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estado da India ao L da Península Indostánica (275.068 km2; 71.800.000 h [1994]). Está constituído por un altiplano montañoso interior (Nallamalla, Velikonda, Erramala e Palkonda ao S) e unha chaira costeira, continua ao S e discontinua ao N, na que se atopan os deltas dos ríos Kistna e Godāvari. O clima está determinado polo monzón do SO cunha estación seca de outubro a marzo. A súa economía baséase na agricultura (ó seren os seus principais cultivos o arroz, o millo, os legumes e a cana de azucre) e na importante gandería bovina. Así mesmo, salienta un sector secundario baseado en pequenas industrias de azucre, papel, tabaco e química, principalmente en Hyderābād e Vishākhapa ṭṭ am. A súa poboación é de maioría hindú, aínda que tamén hai minorías musulmanas, cristiás e tribais. O idioma oficial é o telugu, sen embargo, os musulmáns falan o urdu e o inglés está moi espallado. A capital é Hyderābād.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da xerga dos canteiros que corresponde á voz ‘moi grande’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da xerga dos canteiros que corresponde á voz ‘xoia’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SERRAS

    Serra dos Pireneos, en Navarra. A súa cota máis alta é o coto de Beriain (1.494 m).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe natural de Santiago de Compostela. Outros apelidos relacionados con esta caste son Andia, Andeas, Andegas, Andes e Andillas. As súas armas levan, sobre campo de azur, unhas andas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao grupo humano ándido.

    2. Designación racial proposta por E. von Eickstedt (1934) para o grupo humano surpacífico.

    3. Individuo do grupo humano ándido.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da xerga dos canteiros que corresponde á voz ‘xoieiro’.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos Andes, á rexión dos Andes ou aos seus habitantes.

    2. Habitante dos Andes ou da rexión dos Andes.

    3. Área cultural de América do Sur que se estende, aproximadamente, entre os 2° latitude N e os 30° latitude S na rexión dos Andes.

      1. Rexión bioxeográfica neotropical que comprende os pisos superiores dos Andes, dende o centro de Chile e Arxentina ata Colombia e o Ecuador.

      2. Rexión natural de América do Sur que comprende toda a área occidental do continente pola que se estende o cordal dos Andes e as rexións costeiras dende o N de Colombia ata a Terra do Fogo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mestre de enreixados, de estilo plenamente renacentista. Creou as reixas da capela maior da catedral de Palencia (1520), das dúas capelas da catedral de Burgos e da capela do corazón de Santa María (1532), en Medina de Rioseco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización creada en 1969 en Bogotá coa finalidade de formar un mercado común andino. Os asinantes foron Bolivia, Colombia, Ecuador, Perú e Chile; Venezuela adheriuse en 1973 e Chile separouse en 1976. A organización ten o nome oficial de Acuerdo de Cartagena.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo de linguas amerindias de Sudamérica que inclúe a maioría das máis faladas que se conservan neste grupo, entre elas: o quechua, o guaraní e o aimará. Consta de catorce familias e algunhas linguas illadas. As familias máis importantes son: o arauco, o tupí, o quechua e o aimará.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Doutor en Teoloxía, licenciado en Filosofía e diplomado en Técnicas Educativas. Profesor no Seminario Maior San Xosé de Vigo e no Seminario Menor de Tui (centros nos que tamén é rector), no Instituto Teolóxico Compostelán, na Escola Universitaria de Formación do Profesorado de Vigo e no Instituto Superior de Ciencias Relixiosas San Agustín. Delegado episcopal de apostolado segrar, delegado de pastoral universitaria e delegado episcopal de diversos medios de comunicación. Durante vinte e un anos formou parte do equipo de pastoral do Secretariado Nacional de Formación Profesional da Comisión de Ensino da Conferencia Episcopal Española. Foi membro do consello de prebisterio de Tui-Vigo, do Consello Nacional de Rectores de Seminarios Maiores e da Comision Mixta RTVG-Bispos da Comunidade Autónoma de Galicia. Escribiu: Primado y Episcopado, Sois el cuerpo de Cristo e artigos de teoloxía en revistas e xornais galegos. Colaborou, así mesmo, en O concilio Pastoral de Galicia...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Publicou en San José de Costa Rica (1917) a obra La cuadratura del círculo y de la elíptica de forma plana y plano-cúbica, y de forma esférica y esférico-elíptica. Geometría matemática al alcance de todos.

    VER O DETALLE DO TERMO