"ARE" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1669.

  • PERSOEIRO

    Empresario. Aínda novo emigrou a Cuba onde comezou a traballar nos almacéns El Encanto da Habana. Tras un período de formación nos EE UU retornou a España, iniciando a súa andaina empresarial coa apertura, en 1935, dun pequeno almacén de roupa, que chamou El Corte Inglés, no centro de Madrid. A partir dos anos cincuenta iniciou unha coidadosa planificación que vai converter a súa empresa no primero grupo español de distribución, abranguendo actividades industriais (confección téxtil, moble, informática) e de servicios (axencia de viaxes, seguros). Así mesmo, xestionou o grupo Construciones y Contratas, situándoo entre os máis importantes do sector. A fundación que leva o seu nome desenvolve, desde os seus inicios en 1976, un importante labor cultural e de investigación. En 1982 foi nomeado Doutor Honoris Causa en Ciencias Económicas e Empresariais pola Universidade de Oviedo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Observatorio astronómico e ionosférico situado na costa norte de Porto Rico, a uns 13 km da cidade de Arecibo. Foi inaugurado no 1963. O principal instrumento de observación consiste nun gran radiotelescopio radar de 305 m de diámetro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Planta da subclase das arécidas.

    2. Superclase de plantas da clase das monocotiledóneas á que pertencen as superordes das arecanais e das aranais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Principal alcaloide da areca, constituído polo éster metílico da arecaidina. En farmacia emprégase o seu bromhidrato. Ten unha acción colinérxica semellante á muscarina. Emprégase tamén como tenífugo e purgante en veterinaria.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo á area.

    2. Persoa que extrae, comercia ou traballa con area.

    3. Depósito de area que levan as locomotoras ou tranvías.

      1. Extensión dun terreo cheo de area.

      2. Terreo chairo á beira do mar ou dun río.

    4. camarón.

    5. Nas antigas máquinas de papel, dispositivo en forma de canle onde, ao pasar lentamente a pasta líquida, se depositan a area e outras impurezas densas que contén a pasta. Substituíuse por centrifugadoras.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Da natureza e características da area.

    2. Que contén area.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e político iraquí. Participou no golpe de estado de 1958, que derrocou a monarquía e rompeu a federación con Xordania. Mentres gobernou o seu irmán ‘Abd al-Salam Aref (dende 1963), a quen axudou a liberarse da oposición dos baasistas, foi xefe do Estado Maior (1964); logo da morte daquel (1966), sucedeuno na Presidencia e formou goberno con baasistas moderados e kurdos. En xuño do 1968, logo dun golpe de estado incruento, exiliouse en Gran Bretaña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e político iraquí. Participou xunto con Kassem no derrocamento da monarquía iraquí (1958), sendo nomeado viceprimeiro ministro da nova República. Foi destituído de todos os seus cargos (1959) ao apoiar o achegamento de Iraq á República Árabe Unida. Organizou o golpe de estado (febreiro do 1963) que o levou á Presidencia da República, establecendo un réxime ditatorial que puxo fin a todas as medidas progresistas dos anos anteriores, reprimindo tanto aos baasistas como aos kurdos. Malia o seu afastamento do poder en 1959 por apoiar a integración na República Árabe Unida, durante a súa etapa como Presidente de Iraq, mantivo unha postura moi oscilante con respecto a esa federación, aínda que sempre dentro da amizade diplomática.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción ou efecto de desecar, especialmente un medicamento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Campo de concentración organizado na praia de Aregelès-sur-Mer polo goberno de Francia durante os primeiros días de febreiro do 1939; estaba destinado ás tropas da República Española que chegaban ao territorio do estado francés durante a evacuación de Catalunya, nos últimos meses da Guerra Civil Española. A mediados de febreiro había alí uns 70.000 homes que recibiron o trato de prisioneiros de guerra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político vasco, conde consorte de Motriko. Militou no bando franquista tralo golpe militar que deu orixe á Guerra Civil española (1936-1939). Foi nomeado alcalde de Bilbao (1937-1938), embaixador en diversas capitais (1947-1964) e dirixiu o secretariado político de Xoán de Borbón, lexítimo sucesor de Afonso XIII no trono español, entre 1966 e 1969. Durante estes anos evolucionou cara a posicións monárquico-liberais e europeístas. Foi ministro de Asuntos Estranxeiros (1975-1976), fundou o Partido Popular (1976-1977) con Pío Cabanillas, do que cesou por discrepancias con Adolfo Suárez na formación da Unión de Centro Democrático e Acción Ciudadana Liberal (1978), que se integrou na Coalición Democrática (1979). Foi deputado a Cortes (1979) e Presidente do Consello de Europa (1981). En 1992 mostrouse partidario de modificar a Constitución Española para dar cumprimento aos acordos de Maastricht. Escribiu Reivindicaciones de España (1941), en colaboración con Castiella, pola que obtivo...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome aplicado aos dípteros que na súa fase larval se alimentan de queixo, xamón, touciño e outros alimentos almacenados, estragándoos a maioría das veces.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Espiñazo, sobre todo ferido aos animais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Desexo vehemente de algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Espiñazo, sobre todo ferido aos animais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mestre de obras. Comezou a traballar en 1661 con Domingo de Andrade en Santiago de Compostela. Entre 1666 e 1671 traballou en Salamanca, onde entrou en contacto coas tendencias do primeiro Barroco. Despois regresou a Ourense, onde realizou a reedificación da ermida de Santa María de Reza (1671) e o ensanche da capela do Cristo da Catedral (1674-1677). A partir de 1675, cando foi nomeado mestre de obras da Catedral de Ourense, acelerouse o proceso de barroquización do edificio: influencia herreriana na torre das campás (1682-1693) e das solucións empregadas na Catedral de Santiago de Compostela. Son obras súas a traza do Concello de Ponferrada (1692) e a dirección de obras da igrexa e convento de Santa Clara de Santiago de Compostela (1695), seguindo a traza de Domingo de Andrade. A súa obra caracterízase pola sinxeleza e a monumentalidade, mesturando a súa formación como canteiro coa influencia recollida do Barroco castelán e santiagués.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Espacio situado na parte central dun circo romano, dun anfiteatro ou dunha praza de touros, onde se celebran os espectáculos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Alianza Renovadora Nacional.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Socióloga, pedagoga, ensaísta e activista social. Aínda que de formación autodidacta, é probable que a súa ansia de saber e a súa condición de muller a levaran a asistir, disfrazada de home, a clases na universidade correspontes á carreira de Dereito (1842-1845), de forma esporádica e sen carácter oficial. Antes de introducirse na elaboración de artigos xornalísticos e ensaios escribiu unha novela que quedou inédita, Historia de un corazón (1850), e Fábulas en verso, libro do que se fixeron dúas edicións (1851 e 1854) e que foi declarado libro de texto no ensino primario. Tamén escribiu unha zarzuela, Los hijos de Pelayo, e unha obra de teatro, Un poeta, que non chegaron a representarse, mentres que, La medalla de oro, si chegaría aos escenarios. Dende 1854 a 1857 colaborou no xornal liberal La Iberia. No 1857, Concepción Arenal trasladouse a Asturias, primeiro a La Isla, despois a Colloto e, en 1858, a Oviedo, onde escribiu dous libros...

    VER O DETALLE DO TERMO