"Adá" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2197.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Guiarse polo tacto por mor da escuridade para recoñecer as cousas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Operación de atracar o barco cando chega á ribeira.
-
SERRAS
Pequena unidade de relevo ao O do río Lor e perpendicular ao curso do Sil, que discorre a partir do seu cóbado de captura cunha dirección SL-NO, formando o límite entre as parroquias de Quinta de Lor (concello Quiroga) ao L, e as de Liñares e Vilachá (concello da Pobra de Brollón) ao O. Asentada sobre pizarras do Ordovícico Superior e Medio, acada unha altitude máxima de 879 m.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Lugar onde hai auga potable.
-
-
Cantidade de auga que leva un barco para o consumo da tripulación e dos pasaxeiros.
-
Lugar onde un barco pode proverse de auga potable.
-
-
Técnica pictórica que consiste en disolver as cores en auga. Tamén recibe o nome de gouache. A diferenza da acuarela usa o branco. De tons opacos, foi moi utilizada polos miniaturistas medievais.
-
Tinta disolta en auga soa ou con determinados ingredientes como goma, mel ou semellantes.
-
Provisión de auga que leva o ténder para alimentar a caldeira das locomotoras de vapor.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Alimento ou comida que contén excesiva cantidade de auga.
-
-
Estrada de catro ou máis vías con sentidos de circulación separados por unha mediana central, con control total de acceso e proxectada para poder circular a velocidades elevadas. Os cruzamentos con outras vías de comunicación fanse con pasos a distintos niveis, e ás veces co emprego de viadutos para sortear zonas urbanas, depresións importantes, etc. Ao proxectar unha autoestrada téñense en conta, entre outros factores, a intensidade do tránsito, as velocidades previstas desexadas, as características dos vehículos, as do terreo e especialmente as posibles variacións destes factores no futuro. O radio das curvas en planta, os peraltes e a distancia de visibilidade dependen da velocidade específica do proxecto, que se adoita considerar de 120 km/h en terreo chan, de 100 km/h noutros tipos de terreo, e de 80 km/h en zonas urbanas. Nas autoestradas de campo aberto e de terreos chans acostúmanse a limitar as pendentes ao 3%, e a adoptar curvas verticais dunha lonxitude mínima de 150 m e radios...
-
Concepto ideado polo vicepresidente dos EE UU Albert Gore para referirse ás redes de comunicación de gran capacidade para a transmisión de datos. Popularmente chámaselle autoestrada da información á Internet, posto que a través dela é posible mandar e recibir todo tipo de datos. A diferenza estaría en que a súa capacidade tecnolóxica é moi limitada en numerosos aspectos; e por esa razón en 1999 se inaugurou a rede Abilene, primeira das que integrarán Internet 2. Aínda que esta nova rede non será accesible para os usuarios finais, senón para universidades, investigadores e empresas implicadas no seu desenvolvemento, servirá para probar novas tecnoloxías IP (Internet Protocol), aplicacións de seguridade para o comercio electrónico e a telemedicina, transmisión de vídeo en tempo real e outros servicios. Incluirá asemade unha nova versión do IP coa que se superará a falta de identificativos numéricos no sistema de dominios vixente.
-
-
-
Grupo de soldados que se adianta ao corpo principal para inspeccionar o terreo e observar de cerca o inimigo.
-
O que se adianta ou anticipa.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Convocado polo Concello da Estrada desde o ano 1997 para honrar a figura da poetisa estradense Avelina Valladares, irmá de Marcial Valladares e precursora, coma el, no cultivo da lingua galega.
-
-
Golpe forte de vento.
-
Axitación súbita na que un perde o control de si mesmo.
-
-
PERSOEIRO
Escultor grego. É o representante máis destacado da escola escultórica de Argos ao comezo do s V a C. Foi posiblemente mestre de Policleto, Mirón e Fidias.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Golpe de azagaia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Paso longo, que se dá por camiñar apurado ou por ter as pernas longas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Necidade que é debida á locuacidade de quen fala sen ter coñecemento do que di.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Necidade que é debida á locuacidade de quen fala sen ter coñecemento do que di.
-
PERSOEIRO
Presidente de Nixeria (1985-1993). Membro da etnia fulani, recibiu adestramento militar na India, en Gran Bretaña e nos EE UU. Sendo xefe do Estado Maior do exército nixeriano -cargo ao que accedera en 1984-, dirixiu o golpe de estado do 27 de agosto de 1985 que o nomeou Presidente de Nixeria. Levou a cabo unha serie de reformas constitucionais que pretendían estabilizar politicamente o país e equilibrar a convivencia entre as etnias. Derrotado por Abiola nas eleccións, declarounas nulas e nomeou un goberno dirixido por Adegunle Oladeinde Shonekan, quen dirixiu o país ata que un novo golpe de estado militar os derrocou e tiveron que exiliarse (1993).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Presidente de Nixeria (1985-1993). Membro da etnia fulani, recibiu adestramento militar na India, en Gran Bretaña e nos EE UU. Sendo xefe do Estado Maior do exército nixeriano -cargo ao que accedera en 1984-, dirixiu o golpe de estado do 27 de agosto de 1985 que o nomeou Presidente de Nixeria. Levou a cabo unha serie de reformas constitucionais que pretendían estabilizar politicamente o país e equilibrar a convivencia entre as etnias. Derrotado por Abiola nas eleccións, declarounas nulas e nomeou un goberno dirixido por Adegunle Oladeinde Shonekan, quen dirixiu o país ata que un novo golpe de estado militar os derrocou e tiveron que exiliarse (1993).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Feito ou dito que demostra escasa intelixencia ou que carece de importancia e valor.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Feito ou dito que demostra escasa intelixencia ou que carece de importancia e valor.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Peixe mariño de corpo alongado, que pode acadar os 75 cm de lonxitude, co maxilar superior moi prominente. No queixo obsérvaselle ás veces unha minúscula barbela. Posúe tres aletas dorsais pouco separadas entre elas e dúas aletas anais, das que a primeira é moi longa. Na base das aletas pectorais obsérvase unha característica mancha negra. A cor é variable, azulada, verde ou pardenta, con reflexos vermellos ou oliváceos nos laterais e o bandullo abrancazado. Vive en augas pouco profundas, onde se alimenta de crustáceos e outros peixes. Ten unha grande importancia comercial, pero en Galicia as súas capturas son escasas polo que no noso país se considera unha especie rara.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Zhu Da.