"Ain" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 537.
-
PERSOEIRO
Oceanógrafo estadounidense. Fundador do gabinete hidrográfico de EE UU, elaborou mapas dos ventos e das correntes do Océano Atlántico. Das súas obras destacan The Physical Geography of the Sea (1855) e Letter Concerning Lanes for Steamers Crossing the Atlantic (1855).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Astrónomo francés. Determinou a posición de numerosos planetas e estrelas, e estudiou as eclipses de Sol. En 1787 comprobou, xunto con Cassini e Legendre, a diferenza de lonxitudes dos observatorios de París e Greenwich. Entre 1792 e 1798 mediu, con Delambre, o arco de meridiano comprendido entre Dunquerke e Barcelona para establecer a lonxitude do metro patrón. Tentou aumentar a precisión das medidas prolongando o meridiano ata as Illes Balears, pero morreu mentres realizaba esta tarefa.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Moissac, Gascoña. Está situada á beira do Camiño Francés de peregrinación a Santiago e a abadía data dos ss XII e XIII, da que destaca o claustro (1100). Na igrexa ten importancia a porta meridional, cun monumental relevo da Visión da Apocalipse (1130) de influencia mozárabe.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sint-Jans--Molenbeek.
-
ILLOTES
Illote granítico situado entre as costas da Baixa Normandía e Bretaña, en Francia, unido ao litoral por un dique de 2 km, construído en 1879, que queda cuberto durante a marea alta. Antigo lugar de peregrinaxe, orixinado na crenza dunha aparición do arcanxo san Miguel (708), o cumio de 50 m de altitude, atópase coroado pola abadía homónima. O mosteiro, cun claustro do s XIII, é un exemplo típico de gótico normando. A poboación, rodeada de murallas, está formada por unha soa rúa de casas do s XV e XVI. Foi declarado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO, xunto coa súa baía, en 1979.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Eclesiástico e erudito francés. Foi monxe beneditino de Maredsous (Bélxica) e especializouse en cuestións de historia monástica, patroloxía e liturxia. Destacan as súas edicións críticas dos sermóns de santo Agostiño e de san Cesáreo de Arles.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado no extremo S da parroquia de Pexeiros (Os Blancos). O seu cumio acada os 1.138 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital do estado de Mon, Myanmar (219.961 h [1983]), situada na desembocadura do Salween, no golfo de Martaban.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
bicicleta de montaña.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Partido de masas francés fundado o 26 de novembro de 1944, formado por organizacións de tradición socialdemócrata e vinculado ao mundo católico. Obtivo un grande éxito electoral en 1945 e suspendeu oficialmente as súas actividades en 1968.
-
PERSOEIRO
Escritor. Novelista dos anos escuros de Arxentina, parte da súa obra está marcada polas influencias de Eça de Queirós, Virginia Woolf e Marcel Proust. Iniciou o seu labor literario con libros sobre aspectos históricos, como Glosas castellanas (1936). Ademais das súas traducións de P. Marivaux, Molière, Racine e Shakespeare, publicou Aquí vivieron (1949), Misteriosa Buenos Aires (1951), Los viajeros (1955), Invitados en el Paraíso (1957), Bomarzo (1962), unha das máis recoñecidas en Europa; El unicornio (1965), El laberinto (1974), El gran teatro (1979) e El escarabajo (1982). Recibiu o Premio Nacional de Literatura (1963) e a Legion d’Honneur (1982).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. De formación autodidacta, residiu en Málaga, onde colaborou na decoración do Teatro Cervantes (1870) e onde realizou unha doazón (1916) considerada como xermolo do museo provincial da cidade. A súa obra, discutida e persoal, foi dunha considerable inquietude. Das pequenas táboas pasou ás tópicas composicións de historia e anécdota e ás paisaxes, fundamentalmente fantasiosas ou exóticas, influídas pola cultura musulmá. Destacan Otello i Desdèmona, Els amants de Terol e Cabo Naval, primeiras medallas na Exposición Nacional de Madrid de 1881, 1884 e 1910, respectivamente.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritora. Coñecida como Madame de Staël ou Germaine de Staël, estivo casada co barón de Staël-Holstein e creou un destacado salón literario, onde promoveu as ideas neoclásicas e románticas. De ideoloxía reformadora e vagamente progresista, escribiu De l’influence des passions sur le bonheur des individus et des nations (1796), Corinne ou l’Italie (1807), De l’Allemagne (1813) e Considérations sur la Révolution française (1818).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta francés. Amigo de Rimbaud e de Verlaine, escribiu unha poesía lírica inxenua e sensual da que destacan Valentines (1886), Poésies d’Humilis (1910) e Doctrine de L’amour (1911). “Aux saints”, que escribiu mentres estaba internado nun sanatorio, é a máis destacada das súas poesías.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Nome con que se coñece comercialmente a procaína.
-
CIDADES
Cidade do land de Hessen, Alemaña, que está situada á esquerda do Main inferior (116.627 h [2000]). Destacan as manufacturas de coiro, as primeiras do país desde mediados do s XIX, e as industrias metalúrxicas, electrónicas e químicas.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Organismo interafricano fundado en 1965 como Organisation Commune Africaine et Malgache, en sucesión da Unión Africaine et Malgache de Coopération Économique (creada en 1964). Integrada principalmente por estados francófonos, os seus obxectivos foron a cooperación económica, cultural e social entre os estados membros. Autodisolveuse en 1985.
-
PERSOEIRO
Príncipe galés. Descendente dos reis de Powys, Enrique IV confiscou as súas terras, o que impulsou a rebelión. Obtivo algúns éxitos e difundiu a revolta por todo o País de Gales. A réplica inglesa comezou en 1409, pero resistiu ata a súa morte.
VER O DETALLE DO TERMO -
REXIÓNS
Rexión montañosa do centro de EE UU, que se estende desde Saint Louis (Missouri) ata o río Arkansas. Xunto co macizo de Wichita, representa a única grande extensión de topografía accidentada entre os Apalaches e as Montañas Rochosas. Ten recursos minerais como bauxita, carbón, chumbo ou zinc.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Morea de palla de paínzo.
-
Terreo plantado de paínzo.
-