"Alle" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 636.

  • SEMANARIOS

    Semanario aparecido en Pontevedra a partir do 7 de xullo de 1861. Cesou a súa edición en febreiro de 1862. Subtitulouse “Periódico de intereses morales, intelectuales, materiales y satírico”. Dirixido por Manuel A. Couto, imprimiuse nos obradoiros tipográficos de Pazos e Antúnez. Como substituto de El Ferro-Carril, incluíu informacións semellantes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación de tendencia carlista aparecida en Santiago de Compostela en 1887.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e economista. Accedeu ás Cortes en 1854 como membro do Partido Progresista. No Sexenio Revolucionario, foi nomeado ministro de Facenda (1868-1870), desde onde levou a cabo reformas modernizadoras. Polo Decreto Figuerola (19.10.1868), quedou configurado o primeiro sistema monetario español, baseado nunha unidade fiduciaria denominada peseta. Con respecto ao comercio exterior, suprimiu o dereito diferencial de bandeira, co que igualaba a fiscalidade que afectaba aos barcos nos portos españois, e tivo gran repercusión a súa reforma arancelaria de 1869, de tendencia librecambista. Finalmente, cómpre destacar o seu labor no campo da educación, ao fundar en 1846 a Escola Normal de Barcelona, e publicar diversas obras que contribuíron á normalización e unificación do ensino en España, entre as que destaca Elementos de gramática castellana. Foi presidente da Real Academia de Ciencias Morales y Políticas desde 1898.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome co que en 1898 M. von Tschundi designou o anónimo autor da produción pictórica con anterioridade asignada á primeira época de Rogier van der Weyden. O nome procedía da incerta crenza de que as táboas atribuídas a este mestre conservadas no Städelshes Kunstinstitut de Frankfurt del Main (Mal ladrón, Virxe, Verónica e a Trindade) proviñan da abadía de Flémage-les-Liège. Identifícase con Robert Campin.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Profesor titular de Historia da Arte. É profesor de Historia da Cinematografía na Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela (USC) dende 1972. Nos anos 70 participou no movemento cineclubista de Compostela, impulsando a creación do Cineclube Santiago. Pertence á Asociación Española de Historiadores de Cine, da que foi un dos seus impulsores en 1988. Realizou estudios sobre a orixe do cine en Galicia que publicou na súa tese de doutoramento Aproximación a la historia del espectáculo cinematográfico en Galicia (1896-1920), (1987) ou aspectos como o recoñecemento do labor do fotógrafo coruñés Joseph Séller na implantación do cinematógrafo en España, en colaboración co profesor J. L. Castro de Paz, da Universidade de Vigo, e co investigador vasco Jon Letamendi. Tamén realizou análises de filmes que gardan algunha relación coa historia ou a cultura galegas, e dirixiu traballos de documentación televisiva no arquivo de Radiotelevisión Española en Galicia. Codirixiu...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación mensual editada en Bos Aires a partir do 15 de agosto de 1909 como “Órgano de la sociedad Pro Escuela en Bandeira”. Cesou probablemente a súa edición en 1913. Dirixírona J. M. López e Antonio S. Freán. Incluíu, ademais de información societaria, novas sobre Galicia, artigos e colaboracións literarias. O 5 de febreiro de 1913 apareceu o xornal Lux que pretendía ser o seu continuador. No ano 2002, Ir Indo Edicións publicou unha edición facsimilar de ambos os dous xornais, coordinada por Xosé Manuel Ma-lheiro e acompañada dun estudo preliminar no que se analiza a situación educativa en Galicia a principios do s XX.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Lugar que está debaixo do forno onde se recollen a cinsa.

    2. Lugar da forxa onde se acende o lume e se quenta o ferro para traballalo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación mensual editada na Coruña a partir de xullo de 1944 e subtitulada “Revista jurídica de Galicia”. Dirixida por Francisco Jiménez de Llano, incluía unha sección doutrinal, un resumo lexislativo, bibliografía e xurisprudencia comentada. Na súa segunda época, a partir de xaneiro de 1950, converteuse en bimestral e subtitulouse “Revista legislativa y jurisprudencial”. Contaba cun consello de redacción presidido por Luis Legaz Lacambra. Cesou a súa edición en decembro de 1953.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista deportiva editada en Vigo a partir de 1978 por Jaime Cros. Subtitulouse “Anuario del fútbol gallego” e incluíu datos sobre a federación rexional, unha relación dos árbitros adscritos ao colexio rexional, calendarios dos encontros, a historia dos clubs que militan nas diversas categorías e as xuntas directivas e xogadores que conforman cada un dos equipos galegos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación mensual editada en La Habana a partir do 5 de xullo de 1885. Cesou a súa edición o 18 de decembro de 1887. Reapareceu nunha segunda época, entre xullo e decembro de 1889, como suplemento de El Eco de Galicia. Fundada por Ramón Armada Teijeiro e Manuel Lugrís Freire, foi o primeiro periódico editado en América integramente en lingua galega. Incluíu narracións en prosa, algúns contos, poemas e fragmentos de O Catecismo do Labrego, de Lamas Carvajal. Caracterízase pola súa preocupación constante sobre a lingua galega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación humorística editada en La Habana a partir do 7 de xaneiro de 1872. Cesou a súa edición o 11 de febreiro do mesmo ano. Subtitulouse “Semanario humorístico habanero, editado por una infinidad de bolos y gandules bajo la inspiración de el Doctor Triquitraque”. O seu principal responsable foi Miguel Blanco Herrero. Incluíu artigos de costumes locais redactados de forma divertida.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Programa radiofónico emitido dende 1990 por Radio Mollet, no concello de Mollet del Vallés, en Barcelona. Dirixido por Montse Vilas, pertence ao circulo da ERGaC.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do distrito homónimo, Sri Lanka (84.000 h [1990]). A súa economía baséase na exportación dos produtos da rexión. Fundada polos portugueses e ocupada no s XVII polos holandeses, iniciou o seu declive trala ocupación británica da illa de Sri Lanka. Do seu patrimonio cultural destaca a torre fortaleza do reloxo (1663), a antiga casa do gobernador holandés (1684) e a igrexa de Groote.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DISTRITOS

    Distrito de Sri Lanka (1.690 km2; 1.568.000 h [estim 1994]). A súa capital é Galle.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Astrónomo alemán. Estudiou na Universität Berlin, onde se doutorou en 1845. Descubriu o planeta Neptuno en 1846 e foi director do observatorio de Breslau desde 1851. Elaborou un método para determinar a paralaxe do Sol.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sobrenome que recibiu nalgúns documentos a nao Santa María, coa que Cristovo Colón viaxou a América.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Quincenario editado en Santiago de Compostela a partir do 15 de xaneiro de 1852. Cesou a súa edición o 30 de novembro de 1861. Subtitulouse “Compañía de seguros mutuos contra incendios. Boletín administrativo”. Imprimiuse inicialmente nos obradoiros tipográficos de Xoán Rey Romero, e logo nos de Xacobe Souto. Trátase dun boletín que ofrecía información sobre a compañía a todos os seus asociados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe que se estableceu en Ortigueira, estendido por toda a Península e América, descendente do conde Ramón Romaes, fillo do Rei Froila I. As súas armas traen, en campo de ouro, tres rochas ao natural sobre ondas de azul e prata, postas en faixa e sumada cada unha delas dun feixe de ortigas de sete follas, de sinople. A rama andaluza leva escudo partido: primeira partición, en campo de goles, cun castelo de ouro; segunda partición, en campo de prata, cun león de goles. Os de América ostentan escudo partido: primeira partición, cortado -a parte alta, de azul, cun crecente contornado de parta, superado de tres estrelas, do mesmo metal; a baixa, de prata, cunha pena, ao natural, e desprendéndose del unha aguia, de sable, retocada de ouro; segunda partición, en campo de goles, cun castelo, de ouro, aclarado de azul, sobre ondas de azul e prata, acompañado de dúas columnas, do mesmo metal, superadas de cadansúa aguia, de ouro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río da Península Ibérica, afluente pola esquerda do río Ebro, en Aragón. Nace nos Pireneos, preto da fronteira con Francia, e desemboca no Ebro, en Zaragoza, despois dun percorrido de 215 km entre as serras dos Pireneos ata os Mallos de Riglos, onde penetra no Somontano. Está formado por dous brazos que se unen no Sallent de Gállego. Posúe un réxime nivopluvial e un caudal medio de 28 m3/s.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático, físico e xeógrafo. Foi profesor e director da Escola de Artes e Oficios de Santiago de Compostela. Realizou un mapa da provincia de Madrid (1901) e outro da de Ourense (1905). Publicou, entre outras obras, Guía del ciclista en España (1897), Técnica algebraica (1908), La atmósfera terrestre (1920) e Elementos de trigonometría xeral y rectilínea (1924).

    VER O DETALLE DO TERMO