"Arra" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 638.

    1. Persoa de pequena estatura.

    2. Cousa que non acadou o seu desenvovemento completo, particularmente algunhas froitas.

    3. Rocada pequena de la, liño ou estopa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Entrelazado que se realiza con tres fíos, feixes de febras ou calquera obxecto semellante, pasando alternativamente cada un deles por enriba e por debaixo dos outros dous, especialmente o que se realiza para adornar o cabelo.

    2. Herbácea, como os amores, que presenta follas ou froitos ganchudos que se pegan ao pelo dos animais e ás pezas de la.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. carrapizo.

    2. carrapicho.

    3. Unidade de medida para áridos que equivale a unha onza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Herbácea do xénero Cynara, da familia das asteráceas, tamén coñecida como cardo do callo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Expresión afectiva que se dirixe a alguén, especialmente aos nenos pequenos. OBS: Emprégase a miúdo coa forma diminutiva carrapucheiriño.

    2. Aves da familia dos aláudidos que presentan unha curupela na cabeza.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. carapucho.

    2. Conxunto de plumas que teñen as aves na cabeza.

    3. couselo.

    4. Algas dos xéneros Chondrus e Mastocarpus, de talo cartilaxinoso de ata 15 cm de lonxitude, cor vermella escura e dividido de xeito dicótomo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade da provincia de Massa-Ca-rrara, na Emilia Romagna, Italia (65.871 h [1997]). Sitúase ao pé dos Alpes Apuanos e está bañada polo río Avenza. As súas canteiras de mármore explotáronse xa en tempos dos romanos e constitúen a fonte de riqueza do lugar, con exportacións a todo o mundo. Entre os seus monumentos destaca a catedral dos ss XII e XIV e o palacio ducal dos Malaspina do s XVI, sede da Accademia di Belle Arti.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Familia do condado de Padua, citada xa no 1027, que no s XII logrou un importante dominio localizado en Carrara. Este dominio pasou a Padua no s XIII, onde se estableceu a familia. Desde 1318, ano en que Jacopo de Carrara foi elixido capitán xeneral de Padua, os Carrara controlaron o goberno da cidade. Francesco I de Carrara (?-1393), coñecido como il Vecchio (1355-1388), e o seu fillo, Francesco II de Carrara (?-1406), chamado Novello (1388-1405), loitaron contra os Visconti e a República de Venecia. Con estas loitas extinguiuse a rama principal da liñaxe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xurisconsulto italiano. Teórico da escola clásica de dereito penal, foi redactor do proxecto do Código Penal italiano. Escribiu: Lezione sul grado nella forza fisica del delito (Lección sobre o grao na forza física do delito, 1870), Lineamenti di pratica legislativa penale (Disposicións da práctica lexislativa penal, 1874) e Studi sul diritto perfetto (Estudios sobre o dereito perfecto, 1879).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Árbore que, pertencendo a distintas especies, presenta follas de pequeno tamaño e coriáceas, como as aciñeiras ou as oliveiras, de pequeno porte.

    2. Planta de porte herbáceo ou arbustivo que presenta unha apariencia densa, con follas pequenas e duras como as silbardas e as queiroas.

    3. Alga que presenta talos estreitos, ramificados e ásperos ou coriáceos, como as que pertencen aos xéneros Cladophora e Halidrys.

    4. Planta perenne dos xéneros Helichrysum ou Otanthus, da familia das asteráceas, de capítulos de pequenas flores amarelas dispostos en corimbos. En Galicia están presentes as especies: H. foetidum, de ata 100 cm de altura, coñecida comunmente como falsa árnica e que vive naturalizada en beiras de estradas e lugares secos, moi fedorenta e orixinaria de Sudáfrica; H. picardi, de ata 35 cm de alto, vive nas areas da beiramar; H. stoechas, de ata 60 cm de altura e propia de lugares secos; O. maritimus, de ata 40 cm de altura e totalmente recuberta dunha lanuxe branca que a protexe das duras condicións, como a alta insolación, desecación ou acción abrasiva do vento cargado de area, propias das dunas e praias nas que vive.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río afluente do Verdugo pola esquerda. Nace na vertente occidental da serra do Suído, na parroquia de Xesta, concello da Lama. O seu curso adopta unha dirección S-NO, por onde penetra na parroquia de Seixido, onde desemboca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Apelido que pode proceder dun topónimo, que ten a súa orixe na raíz prerromana *kar- ‘rocha, cousa dura, planta de monte’, ou nun alcume aplicado a individuos de carácter áspero. Documéntase no s XV: “Gonçalvo Carrasco” (doc ano 1455 en X. Ferro Couselo A vida e a fala do devanceiros. Escolma de documentos en galego dos séculos XIII ao XVI, vol II, 1967, p 309).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Militar. Participou na campaña de Marrocos e nas operacións de Alhucemas (1925-1926). Durante a Segunda República foi axudante do ministro de Guerra Gil Robles. En 1938 fuxiu dun cárcere republicano e pasou ao exército nacional. Desempeñou o cargo de xefe do Estado Maior do exército do Maestrazgo e foi membro do Estado Maior do cuartel xeneral de Burgos. Durante a ditadura, foi xefe do rexemento de infantería Inmemorial, director da escola de aplicación e tiro, xefe da LXXXI división de Oviedo, director xeral de ensino militar, e capitán xeneral da VII Rexión militar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Irritación que ocasiona unha sensación de aspereza na gorxa e rouquén na voz. Está producida pola inflamación das vías respiratorias superiores: farinxe, larinxe e traquea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • carrasqueira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lugar cunha alta densidade de carrascas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • carrasqueira.

    VER O DETALLE DO TERMO