"Cis" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1012.

  • Unidade funcional xenética ou segmento de ADN ou ARN que codifica un produto xénico específico, tanto unha molécula de ARN implicada no mecanismo de tradución, como unha cadea polipeptídica na síntese proteica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de plantas da familia das cistáceas ao que pertencen as estevas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • TERRITORIOS

    Territorio de Asia occidental situado ao O do río Xordán (5.878 km2; 2.020.298 h [estim 2000]), que abrangue as rexións históricas de Xudea e Samaria e os barrios árabes de Xerusalén oriental. Xunto coa franxa de Gaza, coa que está unida dende o 25 de outubro de 1999 por un “corredor de seguridade”, forma parte dos territorios administrados pola Autoridade Nacional Palestina (ANP) trala Declaración de Principios asinada entre Israel e a Organización para a Liberación de Palestina (OLP) o 13 de setembro de 1993. A poboación é maioritariamente palestina (83%), aínda que no 2000 existían 260 asentamentos xudeus que agrupaban unha poboación de 343.000 h. Segundo a ANP, no 2000, as principais cidades eran: Hebrón (210.000 h, 450.000 h no seu territorio), Xerusalén (156.000 h, 219.000 h no seu territorio), Nābulus (130.000 h, 430.000 h na aglomeración urbana que forma con outros catro concellos), Rām Allāh (36.000 h, 275.000 h no seu territorio), Belén (28.000 h, 100.000...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Cisxordania ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Cisxordania.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de clásico. Ex: O edificio lembra o clasicismo da arquitectura grega.

    2. Corrente estética que identifica a beleza artística coa observación de certas leis inviolables. Fundaméntase na imitación dos modelos gregos e romanos e na regulamentación da arte mediante as leis do ideal artístico, a harmonía e a proporción. Este xeito de entender a arte existiu en todas as épocas, aínda que o termo clásico tomou o seu significado da Grecia dos ss VI e V a C. Está ligado aos conceptos moralistas da época en que se desenvolve. A doutrina oposta é o barroquismo, que fai dubidar da validez das leis estritas e busca formas novas coa xeración dunha arte dinámica e cambiante. Pola contra, o clasicismo é sempre máis repousado e harmónico, porque a súa expresión artística descansa nunhas leis e principios inamovibles. Segundo esta definición enténdense como clasicistas as escolas artísticas sumeria e exipcia, anteriores á Grecia clásica, Roma, o románico, o gótico, o renacemento, o estilo francés do s XVII, o neoclasicismo e o academicismo ecléctico do s XIX e tamén o realismo...

    3. Termo que alude aos modelos, temas e convencións estéticas da tradición grecolatina e á súa influencia na literatura posterior, que defende a imitación dos moldes clásicos como base da creación literaria fronte á innovación. A norma estética clasicista, vixente dende a Idade Media, valora o equilibrio formal, a proporción e o decoro, atribuídos á literatura clásica, como ideais compositivos. A aparición de numerosos comentarios á Poética de Aristóteles e á Ars Poetica de Horacio a partir do s XVI, exerceu unha enorme influencia na concepción artística do momento. O clasicismo conviviu coas manifestacións barrocas do s XVII e rexurdiu no s XVIII, coa Ilustración e co neoclasicismo. No s XIX a denominación aplicouse, non tanto á imitación de modelos grecolatinos, como á tendencia que se opuña aos postulados do romanticismo e aos valores que comportaba (liberalismo, revolución, democracia, etc).

    4. Período comprendido dende a segunda metade do s XVIII ata principios do s XIX. Historicamente o s XVIII, chamado Século das Luces, foi testemuña do nacemento das correntes liberalizantes e do progresivo protagonismo dos colectivos burgueses, afastados da vida cortesá, que implicou a aparición dunha serie de correntes humanistas, liberais e cosmopolitas. As inquietudes e preocupacións destes grupos estendéronse a toda a sociedade, que viviu cambios fundamentais debido á presión contra a nobreza; á ciencia, que experimentou un importante desenvolvemento; e ás artes, aspecto anteriormente exclusivo da alta sociedade absolutista. Paralelamente, aumentou o interese da masa social pola cultura e polas súas manifestacións, e rexistrouse o nacemento dun novo tipo de público que reclamaba a súa entrada no mundo da música que antes lle negaran. Na mesma dinámica de iniciativas progresistas, creáronse diversas sociedades musicais que promoveron celebracións e actividades. En contraposición co Barroco,...

    5. Corrente estética que predominou en Francia durante o reinado de Luís XIV e que afectou á arte e á literatura. Converteuse na arte oficial da corte francesa. A importancia crecente de París favoreceu esta idea. Ademais das razóns de orde estética e artística, contribuíron a convertela na arte oficial a existencia dunha sociedade cortesá que absorbía os artistas e a creación dun mercado da arte xa durante a primeira metade do s XVII. As artes apoiáronse nas regras da Academia propostas por Charles Le Brun, que integraba a alegoría na representación da Historia, coa procura du-nhas normas estéticas e dun didactismo político paralelo ao didactismo relixioso da Contrarreforma. A pintura gravitou sobre a base dos Le Nain, Simon Vouet, Philippe de Champaigne e Claude Lorrain. Non obstante , foi Nicolas Poussin quen acadou a forma e o espírito clásico, coa personalización das regras académicas e cu-nhas constantes clásicas que se desenvolveron plenamente no neoclasicismo. Na escultura, o clasicismo...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ou quen é partidario dos principios do clasicismo.

    2. Período no que aparecen de modo acentuado as características consideradas como canónicas dun determinado estilo artístico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estrutura existente nalgunhas dinofíceas, en forma de cavidade, cun líquido tóxico a presión e un filamento enrolado en espiral, moi semellante ao nematocisto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Secretario de Carlos I. Membro da administración real desde os Reis Católicos, en 1517 foi nomeado secretario real por Chièvres e no 1518 encargouse da secretaría de Indias. Converteuse no principal administrador da Coroa de Castela en tempos de Carlos I. O rei concedeulle un dereito sobre a prata e o ouro extraídos das minas americanas, coñecido como o dereito de Cobos. En 1543 Carlos I nomeouno conselleiro do futuro Filipe II.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arabista. Catedrático de Grego, Hebreo e Árabe en varias universidades. Considérase o fundador da moderna escola de arabistas hispánicos. Publicou varias monografías históricas na revista Estudios Cristianos de Historia Árabe-española e libros sobre numismática, como o Tratado de numismática arábigo-española (1879).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Filólogo. A partir de 1878 foi profesor de filoloxía románica comparada e de filoloxía portuguesa na Universidade de Lisboa. Está considerado como o introdutor da filoloxía científica en Portugal. Na súa primeira obra, A língua portuguesa: phonologia, etymologia, morphologia e syntaxe (1868), que marcou o inicio dos estudios filolóxicos en Portugal, realiza un estudo comparativo das linguas románicas. Publicou, ademais, Questões da língua portuguesa (1879), Os dialectos românicos ou neo-latinos na África, Ásia e América (1880) e O Ensino histórico filológico e filosófico em Portugal até 1858 (1900).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor portugués. Estudiou dereito en Coimbra e exerceu como maxistrado. Da súa produción destaca In illo tempore (1902), Os meus amores (1891) e Manual político do cidadão português (1906).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e xeógrafo. Ingresou na Academia militar de Guadalajara, onde obtivo o grao de tenente de enxeñeiros en 1839. Serviu ás ordes do xeneral Espartero na guerra contra os carlistas; ao seu remate recibiu a cruz da orde de San Fernando e o ascenso a capitán. En 1844 destinárono como agregado ao exército francés que desenvolvía a campaña de conquista de Alxeria. En 1846 incorporouse á dirección xeral de Enxeñeiros, dende a que comezou os traballos do Atlas de España a escala 1:200.000 (46 follas publicadas a partir de 1847). En 1866, un ano despois de acadar o ascenso a coronel, pediu o retiro do exército para dedicarse á investigación. Entre as súas obras destaca Reseña Geográfica de España y de sus provincias de Ultramar (1858).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • vesícula biliar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Intervención cirúrxica consistente na extracción da vesícula biliar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Inflamación, xeralmente infecciosa, da vesícula biliar. Preséntase preferentemente en idade adulta e no sexo feminino. A infección bacteriana das paredes vesiculares está precedida a miúdo da obstrución calculosa do conduto cístico. As formas agudas caracterízanse pola aparición, de forma progresiva ou súbita, dun cólico biliar ou dunha dor de intensidade variable, localizada na parte alta do epigastrio e no hipocondrio dereito; as colecistites crónicas maniféstanse pola reiteración de múltiples brotes de colecistites agudas ou ben por unha dispepsia, con flatulencia, intolerancia ás graxas, etc. A ecografía proporciona a confirmación diagnóstica en case todos os casos. O tratamento definitivo consiste na colecistectomía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Radiografía da vesícula biliar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Denominación xenérica das enfermidades da vesícula biliar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Hormona segregada pola mucosa da parte alta do intestino delgado. Estimula a contracción da vesícula biliar, a secreción hepática da bile e a secreción de enzimas pancreáticos. Tamén inhibe a secreción ácida do estómago provocada pola gastrina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. Licenciado en Dereito e codirector do Teatro Español Universitario, colaborou na prensa (La Noche, Alba, La Voz de Galicia, El ideal gallego, etc) e cofundou as revistas Atlántida e Prosa y rima. Da súa produción destaca El dolor innumerable (1971), Poemas santiagueses (1971), Poemas del golf o cómo pasar el tiempo (1972), Retratos fieles de la nada (1972), Cuestiones retrospectivas (1974) e Tras esta luz escura (1992). Recibiu o primeiro premio nos Juegos Florales Hispanoamericanos da Coruña (1948) e nos Juegos Minervales Universitarios de Santiago (1952).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Discípulo de Vicenzo Carduci, centrouse nos temas bíblicos ambientados en fondos paisaxísticos de influencia flamenga. Realizou obras de pequeno formato. Entre os seus lenzos destacan: A visión de Ezequiel (1630), Vista dunha cidade (1634) e San Onofre.

    VER O DETALLE DO TERMO