"Est" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2747.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xefe do goberno municipal, nomeado ou elixido, nas cidades de Dinamarca, nos Países Baixos, Bélxica, Alemaña, Austria e Suíza. Este cargo apareceu a finais do s XII e difundiuse a partir do s XIII. Na Idade Media xa era electivo, e mesmo en certas vilas podía haber dous.
-
GALICIA
Arqueólogo. Profesor de arqueoloxía na Universidade de Santiago de Compostela, especializouse en diferentes aspectos da romanización en Galicia dende que en 1976 defendeu a súa tese sobre La vía romana número 18 del Itinerario Antonino a su paso por la provincia de Ourense. Dirixiu a escavación do campamento romano de Cidadela (Sobrado dos Monxes) e do xacemento de Temes (Carballedo). Foi director do departamento de Prehistoria e Arqueoloxía da Universidade de Santiago de Compostela e membro da comisión técnica de arqueoloxía da Xunta de Galicia e colaborou nas revistas Gallaecia, Larouco, Lucus, Cuadernos de Estudios Gallegos, Boletín Auriense, Conimbriga, Boletín do Museo Provincial de Lugo e Cadernos de Arqueoloxía. É autor dos libros Guía del campamento romano de Cidadela (1994), As vías romanas (1998) e La vía Nova (18 Itinerario Antonino) su tramo galaico (2000). Pertenceu ao...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Profesor e micrógrafo. Ocupou en 1881 a cátedra de Física e Química do Instituto de Pontevedra onde tamén exerceu como director ao tempo que dirixía a fábrica da luz, a estación meteorolóxica e o laboratorio municipal. Realizou traballos micrográficos (microscopía e microfotografía), e mantivo unha estreita relación con Baltasar Merino e Víctor López Seoane, con quen quixo levar a cabo o primeiro estudo das diatomeas de Galicia. Colaborou cos científicos Santiago Ramón y Cajal e Odón del Buen, e coa Sociedad Española de Historia Natural, o Museo de Ciencias Naturales de Madrid, o Laboratorio Español de Oceanografía e a Junta para la Ampliación de Estudios. Impartiu cursos para a formación de especialistas nas técnicas microscópicas e de preparación de mostras. . En 1893 publicou La fotomicrografía e en 1897 Técnicas de las preparaciones microscópicas sistemáticas. En 1911 publicáronse dez láminas con 171 especies de diatomeas fósiles de Morón no libro La diatomología...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Autor teatral. Pertenceu á chamada Xeración dos 80 do teatro español. Titulado pola Escuela Superior de Arte Dramático de Madrid, na que exerceu como profesor. Autor das pezas como Y todo por nada (1986), Querido Ramón (1992) ou Squasch (1988), esta última representada pola Compañía de María en 1995, en versión de Xepe Casanova, con dirección de Quico Cadaval.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Festividade xudía, tamén chamada dos tabernáculos (en hebreo, sukkōt), que ten lugar do 15 ao 22 de tišrī (setembro-outubro no calendario gregoriano) en conmemoración do tempo no que os israelitas habitaron no deserto, trala súa fuxida de Exipto.
-
PERSOEIRO
Poeta prerromántico. A súa primeira poesía publicada foi “Oda a Doña María Josefa Amalia, reyna de España” (1828). Influído por Horacio e Alfieri, escribiu Preludios de mi lira (1833). Publicou ademais o poema Cántico nupcial (1833).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta e sacerdote. Colaborou en diversos xornais e revistas galegas (Vallibria, El ideal gallego, Las riberas del Eo, etc) e publicacións da emigración galega de Bos Aires e La Habana, a miúdo baixo o pseudónimo O Bruxo dos Ermos. Publicou tamén o poemario Cóxegas (1955).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Trobador catalán en lingua provenzal. Participou na Batalla de Las Navas de Tolosa. Segundo a lenda, á que contribuíron autores como Boccaccio ou Stendhal, estivo namorado de Saurimonda, muller de Ramon de Castell-Rosselló; o marido, celoso, matouno e deulle o seu corazón como manxar á dona, quen, ao sabelo, se suicidou. Consérvanse nove cansós súas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escultor románico anónimo. Caracterízase polo pregamento das vestiduras, pola forma das mans e, sobre todo, pola expresión das cabezas, de onde emerxen os ollos, marcados con dous golpes do trépano baixo o arco das cellas. Da súa autoría destaca o tímpano da igrexa de Cabestany, no Rossellón. Tamén desenvolveu a súa actividade por Catalunya, Navarra e Toscana.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Pano ou aparato que se colga do pescozo e que serve para termar dunha man ou dun brazo cando están magoados.
-
Peza da sela do cabalo na que o xinete apoia os pés.
-
Corda que se une pola parte superior ás dúas cangallas interiores do xugo.
-
Correa longa coa que os zapateiros aseguran os zapatos sobre os xeonllos.
-
Tolete fixado na proa da dorna do que se amarra, mediante un cazulete, a poia inferior da vela.
-
-
-
Corda resistente e longa que se usa, especialmente, para atar a carga do carro e impedir que se espalle.
-
Corda que se usa para pendurar o porco despois de morto.
-
Correa ou corda que se ata á cabeza das bestas para poder guialas.
-
Boi manso que guía os touros bravos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estreito do Atlántico do norte, entre as illas de Terranova e do Cabo Bretón, que comunica o golfo de San Lourenzo co Océano.
-
-
s
-
Cabrestante de cadeas inventado polo oficial da mariña francesa Barbotin que se caracteriza porque na parte inferior do gardainfante leva un anel de ferro moldeado en forma de 8.
-
Arco con coroa Barbotin no que esta, no canto de ir fixada ao eixo daquel, acciónase desde o interior por un pequeno piñón cravado na cuberta que se pon a andar no seu torno por medio dunha roda dentada solidaria no eixo do cabrestante. Conserva a posibilidade de manobrar co brazo a pesar do esforzo que a miúdo cómpre realizar para levar áncoras.
-
Conxunto de dous cabrestantes cun eixo común situados en diferentes cubertas.
-
Cada un dos diferentes tipos de cabrestantes movidos co brazo que se empregan para facer grandes esforzos cando o número de homes debe reducirse. Un sistema de rodas ensambladas na base amplía considerablemente ese esforzo.
-
Cabrestante cun dispositivo para poder traballar con cadeas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Entidade financeira constituída en Barcelona en 1926. Aínda que o seu ámbito de actuación inicial era provincial, en 1936 aumentou a súa xurisdición a toda Catalunya. En 1999 era a sexta entidade financeira española por volume de activos. Promove unha importante obra social.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Entidade financeira constituída en 1990 trala fusión da Caixa de Pensions per a la Vellesa i d’Estalvis de Catalunya i Balears (1904) coa Caixa d’Estalvis i Mont de Pietat de Barcelona. Forman parte do grupo a Caixa d’Estalvis i Mont de Pietat de Lleida, absorbida en 1979, e o Isbanc, comprado en 1992; e participa en Catalana de Gas. En 1999 era a terceira entidade financeira española e a primeira catalana. Destaca a súa obra social.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Consello privado do rei de Inglaterra que recibiu o nome da cámara do pazo de Westminster onde se reunía. Fundada en 1487, inicialmente se encargaba de xulgar os delitos contra a Coroa, posteriormente ampliou as súas funcións para converterse en tribunal de primeira instancia. Aboliuna o Parlamento en 1641.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Na lóxica aristotélico-escolástica, siloxismo da segunda figura, no que a premisa maior é universal afirmativa, e a premisa menor e a conclusión son universais negativas (modo). Un exemplo podería ser: Se todos os homes son humanos/e ningún cabalo é humano/entón ningún cabalo é un home.
-
PERSOEIRO
Escultor. Iniciou a súa obra, dentro dos canons neoclásicos, con tallas en madeira de estilo barroco como o San Bruno da cartuxa de Montalegre. Viaxou a Roma en 1797 e ingresou na Accademia di San Luca. Coñeceu a Antonio Canova e traballou nos talleres do Vaticano. Neste período realizou o Hércules Farnesio e o Neptuno. Profesor (1815) e director (1819) da sección de escultura da escola da Llotja de Barcelona, foi académico de mérito e escultor de cámara da Real Academia de San Fernando, e membro da Academia de Belles Arts de Barcelona (1850).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao campo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Romaría tradicional da comarca de Betanzos, celebrada o 25 de agosto, que pecha as celebracións das festas de San Roque, as patronais da capital. Os participantes remontan o río Mandeo, en lanchas engalanadas para a ocasión, dende o porto betanceiro ata unha eira situada no límite entre os concellos de Cesuras e Betanzos, no lugar dos Caneiros, na que se fai a festa.