"García" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 414.
-
PERSOEIRO
Trobador. Pertenceu probablemente á pequena nobreza galega. Estivo activo no terceiro cuarto do s XIII e inicios do XIV. O Cancioneiro da Biblioteca Nacional de Lisboa e o Cancioneiro da Biblioteca Vaticana atribúenlle dúas cantigas de amigo, que van precedidas por unha rúbrica atributiva que o define como “sobriño de Nun’Eanes”. Ambas as dúas composicións, estruturadas segundo o esquema da rima tradicional abbaCC en octosílabos e decasílabos masculinos, están presididas polo motivo da ausencia do amado, matizado cunha sutil ironía que as afasta dos moldes convencionais propios das cantigas tradicionais de amigo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
(San Pablo Guelatao, Oaxaca 21.3.1806 - Ciudad de México 18.7.1872) Político mexicano. Representante do reformismo liberal, foi gobernador de Oaxaca desde 1847 ata 1853 e de novo desde 1856, tras unha paréntese motivada polo goberno de López de Santa Anna, quen o desterrou de México. Nomeado presidente da Suprema Corte de Justicia desde 1857, en 1858 foi elixido presidente da República, cargo que tamén ostentou desde 1861 ata 1862. Durante o seu mandato nacionalizou os bens eclesiásticos, ditou as Leyes de la Reforma e suspendeu o pago da débeda externa, -como un intento de recuperar as perdas provocadas pola Guerra de la Reforma (1858-1860)- feito que deu lugar ao desembarco de tropas de Francia, Reino Unido e España, que impuxeron como emperador o arquiduque de Austria, co nome de Maximiliano I de México. En 1867, retiradas as tropas francesas e fusilado Maximiliano I, ocupou novamente a presidencia ata a súa morte.
-
GALICIA
Ilustrado. Bacharel en Artes e Teoloxía, foi profesor suplente das cátedras de Teoloxía, Matemáticas e Física en Santiago de Compostela. Exerceu como mestre na Escola Eclesial compostelá de San Filipe Neri, informador do Santo Oficio durante o sexenio absolutista e párroco das parroquias de San Xoán Bautista, San Fructuoso e Santa Susana (1812-1831). En 1789 creou en Santiago de Compostela unha pupilaxe para nenos distinguidos. Escribiu Plan y Método de Educación (1799).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político. Formou parte da candidatura republicana de Barcelona nas eleccións para deputados de 1901. Reelixido en 1903, despois de participar na reorganización da Unión Republicana, aglutinou á maior parte dos grupos republicanos barceloneses (1903-1905). Novamente reelixido en 1905, opúxose ao movemento de Solidaritat Catalana, pero foi derrotado nas eleccións de 1907 e expulsado da asemblea de Unión Republicana. En 1908 creou o Partido Republicano Radical. Elixido deputado por Barcelona, tivo que exiliarse de novo en 1917 polas súas vinculacións co movemento folguista. Durante a Segunda República española foi ministro de Estado, entre abril e decembro de 1931, pero o seu enfrontamento cos socialistas levouno ao abandono da coalición gobernamental. Foi presidente da República entre setembro de 1933 e setembro de 1935, e ao incorporarse a CEDA ao poder tivo que facer fronte á insurrección de outubro de 1934. Ministro de Estado no goberno de Chapaprieta, entre setembro e outubro de 1935,...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Historiadora. Doutorouse en Xeografía e Historia en 1989. Desde 1998 é profesora de Prehistoria na Universidade de Santiago de Compostela e centrou as súas investigacións na antropoloxía e no mundo mítico da cultura popular galega. Publicou traballos sobre a historia das mulleres e colaborou coas revistas Gallaecia e Cuadernos de estudios gallegos. Das súas obras destacan Mouros, ánimas e demonios. El imaginario popular gallego (1990) e Os mouros no imaxinario popular galego (1990).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Relixioso. Xeneral da orde dominicana, foi confesor de Carlos V. En 1533 foi elixido bispo de Osma e en 1539, arcebispo de Sevilla. Influínte na corte como conselleiro privado do emperador, exerceu a presidencia do Consello de Indias e foi comisario xeral da Cruzada.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritora. Participou no volume poético colectivo Desde mil novecentos trinta e seis: homenaxe da poesía e da plástica galega aos que loitaron pola libertade (1995). Das súas obras destacan Os camiños do soño: A poesía de Uxío Novoneyra (1993) e Se as aves insistisen na ledicia: a obra de Bernardino Graña (2002). Recibiu o premio da agrupación cultural O Facho en 1991.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor e escultor. Cultivou unha estética realista pola que foi coñecido internacionalmente e, en 1970, asinou un contrato en exclusiva coa galería Malborough de Nova York. A complicidade con outros compañeiros, como María Moreno, Isabel Quintanilla, Francisco e Julio López Hernández, fixo que o grupo recibise a etiqueta de realismo madrileño. A súa obra representa fragmentos do mundo cotián e afectivo, paisaxes, interiores e, como temática principal, a cidade de Madrid. Interveu como protagonista na película El sol del Membrillo (1991), dirixida por V. Erice. Das súas obras destacan Los novios (1955), Campo del Moro (1960) e Gran Vía (1974-1981). Recibiu a Medalla de Oro de Bellas Artes (1983) e o Premio Príncipe de Asturias (1985).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actor e director de escena. Comezou o seu traballo teatral en Teatro Circo e participou nos seus primeiros espectáculos, como Terra en lume e Erros e ferros de Pedro Madruga. Vinculado ao teatro afeccionado e comunitario, desenvolveu unha intensa actividade co movemento teatral ONCE na Coruña, onde dirixiu e coordinou as actividades do grupo Valacar. En 1993 creou, con Teresa Orro, a compañía Espello Cóncavo.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Profesor. Destacou polo seu labor de alfabetización na provincia de Lugo. Colaborou en diversos periódicos e revistas, como Vida Escolar, El Magisterio Gallego e La Escuela Moderna e publicou La Escuela Moderna. Técnica de la enseñanza en la escuela (1927), Tratado de Pedagogía I e II (1968-1970), Los grandes pedagogos (1970) e La inmortalidad. Historia de la pedagogía (1974).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Propagandista e xornalista libertario. Coñecido como Alberto Martín ou José Marinero, emigrou a EE UU. Durante a década de 1920 destacou na defensa dos anarquistas italianos condenados a morte, Sacco e Vanzetti. Colaborou no voceiro sindicalista ferrolán La Lucha. Activo no movemento libertario estadounidense ata a súa morte, escribiu xunto con Federica Montseny e Vladimiro Muñoz Breve historia del anarquismo en Estados Unidos de América del Norte.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Soprano. Coñecida como Victoria de los Ángeles, debutou en 1944 no Liceu, o que marcou o inicio dunha carreira musical moi ampla, con actuacións nos máis importantes teatros do mundo. Recibiu o Premio Nacional de Música del Ministerio de Cultura (1978) e o Premio Nacional de Música de la Generalitat de Catalunya (1993).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Enxeñeiro industrial. Foi o principal promotor do Instituto de Investigacións e Experiencias Cinematográficas, a primeira escola de cine española. En 1943 creou o Laboratorio de Experiencias e Investigacións cinematográficas na Escola de Enxeñeiros Industriais. En 1947 creouse o Instituto de Investigacións e Experiencias, do que foi director e profesor. Foi xefe da sección de Materias Primas da Subcomisión Reguladora da Cinematografía na década de 1940 e xefe do Negociado da Subdirección Xeral da Cinematografía no Ministerio de Información y Turismo na década de 1950.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor. Coñecido como Juan Luis, fíxose cargo do taller familiar de pintura, desde o que deseñou o cartel para as festas do apóstolo de 1915, e a portada para o Libro das Peregrinacións. Aproximouse ao ambiente modernista e prerrafaelista da época e colaborou coa revista Suevia. Madrid foi a súa segunda residencia, e en 1920, concorreu á Exposición Nacional onde expuxo, entre outros, o Tríptico de Pentecostés, realizado para a Capela do Espírito Santo da Catedral de Santiago de Compostela. En 1922, enviou os cadros O Pobre do Sar e Ofelia Aldeá á Exposición Nacional, polo que recibiu a segunda medalla do certame. A Deputación da Coruña concedeulle unha bolsa, por Mulleriñas (1920), e viaxou a París, onde tomou contacto co postimpresionismo. En 1929, para a Exposición Iberoamericana de Sevilla, realizou un friso que obtivo o primeiro premio, con oito escenas da historia de Santiago de Compostela. En 1934, obtivo, no...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xornalista. Profesor da facultade de Ciencias da Información da Universidade de Santiago de Compostela, foi decano dese centro entre 1996 e 2004. Dirixiu o Observatorio de Comunicación Local e o Observatorio de Ciberxornalismo da Universidade de Santiago de Compostela e é membro da sección de Comunicación do Consello da Cultura Galega. Foi xefe de sección e delegado en Santiago de Compostela de La Voz de Galicia. Redactor dos periódicos A Nosa Terra e El Ideal Gallego, foi correspondente en Galicia de Cinco Días, Actualidad Agraria e El Temps. Publicou A prensa local e comarcal na Galicia do século XX (1992), Detrás da prensa popular (1995), Comunicación e información escrita, redacción periodística (1999), A prensa do terceiro milenio (2000) e Novas tendencias do xornalismo electrónico (2002).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Compositor. Membro fundador e presidente da Asociación Galega de Compositores. Tralo éxito do seu ballet La farsa de la búsqueda, ampliou estudios en París, onde estudiou con Tony Obin, Leon Barzin, Pierre Wissmer, André Jolivet, Oliver Messiaen e Henry Dutilleux. Na década de 1960 foi a Bos Aires, onde ocupou diferentes cargos na Asociación de Jóvenes Compositores. A súa obra orquestral Sindy foi escollida para representar a Arxentina internacionalmente. Compuxo outras obras orquestrais, de cámara e para piano.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Soprano. Coñecida como Pilar Lorengar, debutou como mezzosoprano en 1949. Destacou como intérprete de zarzuela, xénero que abandonou pola ópera. Foi artista permanente da Deutsche Oper de Berlín, onde interpretou papeis principais en óperas de Mozart, Verdi, Pucini, Wagner e Debussy.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xornalista, fillo de Torcuato Luca de Tena y Álvarez Ossorio. Foi director de ABC (1929) e participou activamente no alzamento do 18 de xullo de 1936. Durante a Guerra Civil Española dirixiu o xornal ABC desde Sevilla. Ao finalizar a contenda foi embaixador en Chile e Grecia. En 1946 foi elixido membro da Real Academia Española.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Historiador, escritor, orador e sacerdote. Foi catedrático de Retórica e Psicoloxía no Instituto Jovellanos de Gijón (1883) e de Literatura Preceptiva no instituto de Ourense (1884-1941). Profesor e director da Escola de Artes e Oficios de Ourense, pertenceu á Real Academia de la Historia, á Real Academia Galega e presidiu a Asociación de Prensa de Ourense e o Ateneo de Orense. Destacou como orador e realizou importantes estudios de investigación histórica, sobre todo no campo da epigrafía e da numismática. En 1898 comezou a publicación do Boletín de la Comisión de Monumentos Históricos y Artísticos de Orense, que dirixiu ata a súa morte, e onde colaborou con destacados intelectuais galegos. Publicou, entre outras obras, Epigrafía romana de la ciudad de Astorga (1903), Cronicón de Idacio (1904), Colección de modelos literarios; con un discurso preliminar acerca del Origen y progresos de la lengua castellana (1907), Elementos de literatura preceptiva...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Premio literario convocado polo concello da Estrada a partir de 1989, que tivo a súa orixe no Premio Vila da Estrada, creado o ano anterior. Na súa III edición, deserta, convocáronse as xornadas “Manuel García Barros, encontros para un estudio”. Obtiveron este premio obras como Paisaxe con muller e barco (1989), de Manuel Forcadela, O corpo canso (1992), de Manoel Riveiro, As rulas de Bakunin (2000), de Antón Riveiro Coello, A historia escríbese de noite (2001), de Bieito Iglesias, Un nicho para Marilyn (2002), de Miguel Anxo Fernández, A vida que nos mata (2003), de Xabier López López e Unha viaxe no Ford T (2004) de Xerardo Agrafoxo.