"ILi" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1725.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Unidade de capacidade do sistema métrico decimal que equivale á centésima parte do litro.
-
PERSOEIRO
Pintor, ilustrador e caricaturista. Discípulo de Gino Moretti, foi profesor na Escuela de Bellas Artes de Bos Aires (1920-1950). Durante as súas viaxes de estudios por Europa a finais dos anos vinte coñeceu as vangardas artísticas. Celebrou a súa primeira exposición individual en 1954. Acadou unha gran sona como retratista (Retrato de mi madre, El regidor de Mallorca, Tipos cuzqueños e Retratos del escritor di Dieco). En 1935 acadou o premio de honra do Salón Nacional de Pintura coa obra Venus criolla e, en 1937, o gran premio de pintura e a medalla de ouro da Exposición Internacional de París.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar e político romano. Nomeado procónsul da Hispania Ulterior no 139 a C, continuou a guerra contra os lusitanos iniciada no 147 a C. Conseguiu subornar os enviados do xefe lusitano Viriato para que acabasen coa súa vida. Realizou, ademais, a primeira expedición contra os galaicos, xa que estes lle ofreceran axuda aos lusitanos.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antiga cidade de Palestina que corresponde coa actual vila de Bāniyās, situada preto da fronteira entre o Líbano e Israel. Fundada por Herodes o Grande co nome de Paneas, Filipo o Tetrarca, fillo de Herodes, mellorou e enriqueceu as construcións a comezos do s I e cambioulle o nome en honor de César Augusto. Durante as cruzadas, os ismaelís, aproveitando a súa estratéxica situación, construíron un castelo que dominaba o paso entre o deserto de Siria e as fértiles chairas do río Xordán.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xeneralización natural da sumabilidade usual das series que se define ao considerar a sucesión das medias aritméticas das sumas parciais. Calquera serie converxente no sentido usual é sumable no sentido de Cesaro; pero, ademais, moitas series diverxentes no sentido usual son sumables no sentido de Cesaro.
-
-
Relativo ou pertencente ao radical cetilo.
-
Alcol graxo que se atopa esterificado para constituír diversas ceras. Emprégase en farmacia, perfumería e cosmética.
-
-
PERSOEIRO
Compositor. Cursou estudios de dereito e foi funcionario do ministerio de Xustiza (1859). En 1863 dimitiu para dedicarse exclusivamente á música e ingresou no conservatorio. Ao rematar os seus estudios (1866), foi profesor de harmonía no conservatorio de Moscova. Desta época son a Primeira Sinfonía (1866) e a ópera El vaivoda (1868). A partir de 1878 consagrouse á composición de obras máis extensas e despois foi director de orquestra (1886). Durante unha visita a San Petersburgo, coñeceu a un grupo de mozos que traballaban pola causa nacionalista na arte e que formaron o chamado Grupo dos Cinco, que influirían sobre a súa obra, como na Segunda Sinfonía (1872), chamada Ucraína por basearse en temas populares ucraínos. Os anos seguintes foron dunha grande actividade: nomeárono crítico musical de Russkaja Vedemost e, sen deixar a docencia, proseguiu a súa tarefa de compositor. Posteriormente, grazas ao mecenado de Nadezha von Meck, puido dedicarse...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Establecido en París en 1623, Duchesne, pintor do rei, introduciuno na corte. Protexido por Maria de Medici e polo cardeal Richelieu, converteuse en pintor oficial. Por encargo de Richelieu realizou a decoración da cúpula da Sorbonne e do palacio real. As súas primeiras obras amosan unha influencia de Rubens e Van Dyck, pero unha crise mística que o achegou aos xansenistas a comezos da década de 1640, fixo evolucionar a súa pintura cara a un clasicismo austero e severo. Entre as súas obras destacan O exvoto (1662) e La mère Agnès Arnauld et soeur Catherine de Sainte-Suzanne. Ademais destacan os seus retratos: Luís XIII, Richelieu (1637?), A familia Habert e O neno do falcón. En 1676 realizou un Autorretrato do que se coñece unha copia feita polo seu sobriño Jean-Baptiste de Champaigne (1631-1681).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Cousa de poca importancia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Guiso típico en Aragón (de onde é orixinario), Navarra e La Rioja, a base de carne de año ou polo con pementos, tomates, cebola, allo, xamón, pementa e sal.
-
-
Relativo ou pertencente ás cicadofilicais.
-
Planta da orde das cicadofilicais.
-
Orde de pteridospérmatas constituída por plantas que viviron entre o Devónico superior e o Xurásico inferior, e que reunían caracteres morfolóxicos dos fentos eusporanxiados e das ximnospermas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
ariedade de silicatos que comprende aqueles que teñen como unidade estrutural aneis formados por tres, catro ou seis grupos tetraédricos (SiO4)4-. Cada tetraedro enlázase cos adxacentes compartindo un osíxeno e cada anel únese aos outros por medio de catións.
-
PERSOEIRO
Poeta e cantautor portugués. Iniciou a súa actividade musical en 1964 e foi o primeiro representante do chamado canto de intervenção, que denunciaba a falta de liberdade e a guerra colonial no Portugal dos anos setenta. Divulgador dos poetas máis importantes de Portugal, foi autor do tema Avante!, himno oficial do Partido Comunista portugués. Exiliado en Francia durante anos, colaborou con Paco Ibáñez en moitos recitais. Entre a súa discografía destaca Portugal-Angola: Chants de Lutte e Contra a Ideia da Violência, a Violência da Ideia.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Provisto de pestanas.
-
Provisto de cilios.
-
cilióforo.
-
-
-
Relativo ou pertencente ás pestanas ou da natureza das pestanas.
-
Aplícase a certos órganos do globo ocular. Ex: corpo ciliar.
-
Relativo ou pertencente aos cilios.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de peixes da familia dos gádidos ao que pertence a anguía barbuda.
-
REXIÓNS
Rexión do S de Anatolia, na costa situada entre a serra do Tauro e o Mar Mediterráneo. É unha chaira fértil, chave de paso do altiplano de Anatolia aos grandes vales mesopotámicos e do Levante, polo porto do centro do Tauro, coñecido como as portas de Cilicia ou a porta de Ferro. Está situada entre os iller de Içel e Adana, en Turquía. A abertura cara a Siria e Mesopotamia favoreceu unha rápida expansión das novidades económicas neolíticas. A rexión costeira foi invadida durante o Eneolítico por grupos de inmigrantes chegados desde Occidente. No s XVI a C a rexión oriental estaba ocupada polo Reino de Kizzuwatna, que asinou un tratado cos hititas, co que se converteu nun protectorado que mantivo certa independencia. Incluída dentro da órbita asiria no s IX a C, foi anexionada por Sargón II. Os cimerios invadiron a rexión, que caeu baixo o dominio persa, e Ciro o Grande incorporouna ao seu Imperio, na satrapía de Capadocia. A presenza de colonias...
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Camisa de tea áspera empregada para facer penitencia.
-
Cinto duro, de sedas ou de cadenetas de ferro con puntas, que se leva cinguido enriba da pel por espírito de mortificación.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Forma prefixada de orixe grega que se emprega nos procesos de creación de palabras co significado de ‘cilindro’. Ex: cilindroma, cilindruria.
-
VER O DETALLE DO TERMO
olume xerado polo desprazamento do conxunto dos pistóns dun motor durante unha volta completa do cegoñal, expresado en litros ou en centímetros cúbicos nos motores de explosión, mesmo nos países anglosaxóns. Trátase dun dos parámetros definitorios máis importantes das características dun motor e do vehículo que o leva. Tamén serve de base para definir tipos e clases nas competicións deportivas e para determinar as cotas de impostos nos organismos fiscais.