"INE" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1570.

  • PERSOEIRO

    Escritora. As súas narracións tiveron grande éxito, tanto os de índole persoal coma os poemas e os tratados feministas. A súa obra lírica insírese dentro do estilo de Eustache Deschamps e nela destaca o Livre de la mutation de Fortune (Libro da mutación de Fortuna); en prosa sobresaen o Livre de la Cité des Dames (Libro da cidade das damas), o Livre des faits d’armes et de chevalerie (Libro de feitos de armas e de cabalería), a Lamentation sur les maux de la guerre civile (Lamentación sobre os males da guerra civil, 1410) e o Livre de la Paix (Libro da paz).

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. cinematografía.

      2. cine afeccionado

        Actividade cinematográfica non profesional realizada xeralmente en película de paso estreito. Os realizadores especializados agrúpanse en entidades dedicadas a difundir os seus filmes mediante concursos e exhibicións. O primeiro destes clubs formouse en París en 1929. En 1937 creouse a Unión Internacional de Cinema Amateur (UNICA).

      3. cine de arte e de ensaio

        Denominación de certas salas especializadas en exhibición de filmes en versión orixinal e íntegra de obras de calidade, de repertorio clásico, de experimentación e de vangarda. Estendéronse arredor do mundo desde a fundación, en París, en 1926, do Studio des Ursulines, por Armand Tallier.

      4. cine mudo

        Período da historia cinematográfica que comprende dende o nacemento do cine, en decembro de 1895, ata a aparición do cine sonoro, en 1928. As imaxes acompañábanse de música en directo e subtítulos para conseguir un maior realismo. Dentro desta etapa hai películas, actores e directores que destacaron pola súa calidade. Entre os filmes cómpre destacar: La sortie des usines Lumière (A saída das fábricas Lumière, 1895), produción que inaugurou a historia do cine, Voyage dans la Lune (Viaxe á Lúa, 1902), película que destacou polos seus efectos cinematográficos, Fantasmagorie (Fantasmagoría, 1908), caracterizada polos seus trucos de movemento, Cabiria (1913), Das Kabinett Dr Caligari (O gabinete do doutor Caligari, 1919), The Kid (O rapaz, 1921), unha das películas clave de Charles Chaplin, Nosferatu (1921), unha das primeiras películas do cine de terror, Bronenosets “Potemkin” (O acoirazado Potemkin, 1925), ou Metropolis (1925). Moitos actores e actrices tiveron nestas producións a oportunidade...

      5. cine negro

        Xénero do cine que se desenvolveu fundamentalmente nos EE UU entre 1941 e 1955, e que tivo unha certa continuidade en Europa, especialmente en Francia. A violencia, o sexo, a criminalidade e a sociedade marxinal son elementos básicos desta tendencia, que ten a súa orixe no filme The Maltese Falcon (O falcón maltés, 1941) de John Huston.

      6. cine ollo [ruso: kino glaz]

        Teoría exposta e levada á práctica polo cineasta soviético Dziga Vertov cara ao 1922, segundo a que a cámara é un auténtico ollo que ten que ofrecer unha visión obxectiva da realidade e que debe aliarse coa radio-orella para obter a “nova arte da sociedade proletaria”.

      7. cine sonoro

        Período da historia do cine que comezou en 1928, caracterizado pola presencia do son das voces dos actores dentro da película. Esta innovación representou unha revolución cinematográfica semellante á da aparición do cine en cor. O sistema sonoro foi perfeccionándose co paso dos anos ata a calidade que teñen as producións actuais. Un feito importante destes avances foi a creación da banda sonora, que no cine actual constitúe unha parte esencial e diferenciada dentro das películas. En Galicia o cine sonoro apareceu en Vigo, no Cine Fraga, o 14 de marzo de 1930, coa proxección da película The Singing Fool (O cantante tolo, 1929).

      8. cine verdade [fr: cinéma-vérité]

        Movemento cinematográfico de tipo documentalista, xurdido nos anos cincuenta en diversos países europeos, que se esforzaba por alcanzar a captación fiel e auténtica da realidade audiovisual máis espontánea, como medio de estudo antropolóxico ou social. O seu antecedente teórico era o cine ollo de Dziga Vertov (1922).

    1. Sala comercial onde se proxectan películas cinematográficas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • “Boletín informativo” bilingüe que se editou na Coruña. Estaba dividido nas seccións “Presentación”, “Cine galego”, “Colaboración” e “Filmografía”. A súa primeira etapa abrangueu dende 1974 ata 1975, anos nos que publicou varios monográficos en castelán sobre directores como Berlanga, Kurosawa ou Orson Welles, así como un estudo sobre o cine francés. Trátase de reportaxes documentadas con biografías, filmografías e gráficas. Máis tarde, na segunda época, que comezou en febreiro de 1976, o boletín converteuse en bilingüe, ao tempo que engadiu as seccións “O cine na Coruña”, “Crítica”, “Cine-club”, “Cine gallego”, “Lib cine” e “Televisión”. No apartado de colaboradores figuraban Eugenio Alonso Correa e Enrique Alonso Quintás.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome que adoptaron as Xornadas do Cine en Ourense na súa última edición, no ano 1978.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Festival cinematográfico organizado no mes de setembro de 1973 na cidade da Coruña baixo o título de “I Certamen Internacional de Cine de Humor Ciudad de La Coruña”. Contou con sete edicións consecutivas ata que en xullo de 1980 suspendeu as súas actividades debido a problemas económicos. Tivo un relanzamento en 1982 baixo o nome de “I Festival Internacional de Cine de Comedia de La Coruña”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación do Cineclub do Carballiño que complementaba unha exposición de carteis, dentro do marco de Xociviga 1989, coordinada por Eduardo Galán Dudi e na que participaron Cubero, Fran Jaraba, Xan López Domínguez, Xaquín Marín, Carlos Silvar, Fausto, Varela Ferreiro, Ricardo Lázaro, Xosé Guillermo e o propio Dudi. Estes autores participaron tamén nunha mesa redonda na que se trataron distintos aspectos do cine e do humor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xornadas de cine promovidas polo Cineclub do Carballiño a partir de 1984 e que se organizan anualmente. A súa orixe foi o interese da dirección xeral de Cultura da Xunta de Galicia por aproveitar o labor que estaba a desenvolver este cineclub coa Semana de Cine. Nelas participaron un gran número de profesionais do sector: actores, directores, produtores, distribuidores, etc. Tamén se proxectaron gran cantidade de películas, curtametraxes, documentais e outras producións relacionadas co mundo da cinematografía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xornadas cinematográficas que tiveron a súa orixe nos anos 1970 e 1971 coa creación do Cine-Club Padre Feijoo. Luís Álvarez Pousa e Xosé Paz foron os principais impulsores desta actividade, que chegou a concretarse coa inauguración da “I Semán do Cine en Ourense” no mes de xaneiro de 1973. Estas xornadas foron decisivas na consolidación do cine en Galicia durante a década de 1970.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Persoa que dirixe unha rodaxe de cine. Ex: Fun ver unha película dun dos mellores cineastas galegos.

    2. Persoa que colabora tecnicamente ou como creador na realización dun filme.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Agrupación de persoas afeccionadas ao cine como vehículo cultural, coa finalidade de promover actividades de estudo e de difusión do medio cinematográfico. A súa orixe remóntase a 1920, en Francia. Destacou a actividade que desde 1925 se desenvolveu na Residencia de Estudiantes de Madrid.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Movemento asociativo que ten como finalidade a difusión da arte cinematográfica. En Galicia, arredor dos anos vinte, Johán Carballeira, manifestou a súa aposta polo cineclubismo como vieiro de acceso, seguindo o exemplo madrileño do cineclub vinculado á revista La Gaceta Literaria de Ernesto Giménez Caballero, a unhas cinematografías europeas de vangarda que non tiñan espazo nas salas comerciais. De seguido, pasou a demandarlles aos empresarios máis poderosos, como no caso de Isaac Fraga Penedo, o seu apoio ao establecemento de cineclubs nas cidades galegas. Ata os primeiros anos da Segunda República non comezou o desenvolvemento dunha actividade cineclubista estable. Durante o período do Bienio Reformador (abril de 1931-novembro de 1933), a exhibición en versión orixinal de películas soviéticas e tamén doutros grandes filmes europeos do momento atopou un oco, malia a introdución da dobraxe, en determinadas salas galegas no medio da programación convencional, grazas ao labor dalgúns distribuidores...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Procedemento cinematográfico para colorear imaxes ideado polo fotógrafo pontevedrés Juan Enrique Barreiro Vázquez en 1924. Consistía en utilizar dúas cores, o carmín e o azul verdoso, que substituían ao vermello alaranxado e o amarelo verdoso, co que se daba así un colorido máis natural e menos agresivo á vista ca os anteriores. Este avance foi moi ben recibido pola crítica e polo público da época.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Afección ou interese polo cine na súa dimensión artística e técnica. Ex: A súa cinefilia está moi documentada.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Persoa moi afeccionada ao cine. Ex: O meu irmán é cinéfilo por vocación.

    2. Persoa que demostra moitos coñecementos en materia cinematográfica. Ex: Os cinéfilos non fixeron boas críticas da película.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sesión de cine cun debate organizado arredor do filme proxectado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Corrente cinematográfica xurdida nos anos sesenta en Brasil. Os seus antecedentes son a obra crítica de Alex Viany, próxima ao neorrealismo, e os filmes de Nelson Pereira dos Santos. Foi definido teoricamente polo manifesto A estética da fame, de Glaubert Rocha, como un cine do terceiro mundo, popular, revolucionario, que adopta actitudes radicais e anticoloniais.

    VER O DETALLE DO TERMO