"Lac" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 769.

    1. Relativo ou pertencente á galactopoese.

    2. Aplícase á substancia ou ao factor que promove a secreción láctica por parte da mama.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Saída espontánea do leite pola mamila.

    2. Secreción abundante ou excesiva de leite.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Glícido que na súa forma dextroxira (+) é un compoñente da lactosa, dos glicolípidos e dalgúns oligosacáridos e polisacáridos, que se atopan en pectinas, gomas e mucilaxes. De propiedades iguais ás da glicosa, diferéncianse pola configuración do seu carbono 4.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Presencia de galactosa no sangue.

    2. Enfermidade hereditaria recesiva que se caracteriza por niveis sanguíneos de galactosa elevados. Débese á deficiencia dun enzima responsable do seu metabolismo, a galactosa-1-fosfato uridilil transferase; esta deficiencia fai que a galactosa non se poida converter en glicosa. Afecta aos nenos acabados de nacer ao iniciarse a alimentación láctica. Provoca atraso mental e no crecemento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Figura feminina en actitude de dar o peito. Aplícase ás representacións da Virxe María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • galactagogo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proceso do desenvolvemento embrionario que conduce á formación da gástrula.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Lugar onde se gardaban as esmolas, rendas e riquezas do templo de Xerusalén.

    2. Título que se lles dá a certos dicionarios latinos e que equivale a “tesouro da latinidade”.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que está cuberto por unha capa de azucre batido con clara de ovo.

    2. Azucre finamente moído cun 0,5% de fécula de millo ou de arroz, de cor moi branca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de fenómenos de glaciarismo que acontecen, desde o Precámbrico, en diversos períodos da historia xeolóxica, chamados tamén glaciacións, durante os que o xeo polar invadía periodicamente a superficie dos continentes. Entre 1821 e 1835 Venetz e Charpentier probaron que anacos pertencentes a rochas exclusivas dos Alpes Centrais se atopaban amplamente diseminados polas chairas suízas, e deduciron que foran transportados por ampliacións anteriores dos actuais glaciares alpinos; aínda que esta teoría foi despois rebatida. Posteriomente, J.L.R. Agassiz demostrou a asociación entre os bloques transportados e o puído existente no leito rochoso, sobre o que o antigo glaciar estivera, e probou tamén que esa asociación non puido ser causada pola acción da auga. Agassiz atopou fenómenos similares aos das chairas suízas en Escocia, Irlanda e América do Norte, e demostrou que as glaciacións foron un fenómeno xeneralizado. En 1909, A. Penck e E. Brückner determinaron que as rexións alpinas europeas...

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Aplícase ás terras e mares das zonas polares.

      2. Aplícase a un intervalo de tempo xeolóxico marcado por un avance do xeo cara ao Ecuador. Estes denomínanse períodos glaciais ou épocas glaciais.

    1. Que está frío coma o xeo.

    2. Que é frío, sen emocións nin afecto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Masa de xeo formada nunha rexión de neves perpetuas e que se despraza lentamente pola forza da gravidade. O glaciar alpino consta de dúas partes: o circo glaciario e a lingua glaciaria. No circo glaciario acumúlase a neve, que se mestura co aire atmosférico e, en virtude da forte presión e do constante arrefriamento ao que está sometida, transfórmase nunha masa granulosa, compacta e chea de burbullas de aire. O circo glaciario está rodeado de montañas, e queda separado destas por unha gran fenda, denominada rimaia. O circo comunica co val glacial, por onde se despraza a lingua glaciaria, formada xa por xeo. O val ten unha forma característica que, en sección transversal, é similar a un U. A lingua transporta pedras, area e lama, que se depositan no fondo e forman a morena de fondo, ou nos costados e forman as morenas laterais; tamén hai unha morena central, ou varias, se se unen diferentes linguas glaciarias. No extremo da lingua fórmase a morena frontal ou terminal....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente aos glaciares.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Estudio dos glaciares.

    2. Conxunto dos procesos de formación dos glaciares.

    3. Resultado da acción dos glaciares sobre a superficie da Terra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de movementos do nivel mariño provocados pola fusión ou a solidificación da auga mariña, que predominaron durante o Plistoceno. O eustatismo glacial pódese confundir con determinados movementos tectónicos ou epiroxenéticos motivados por un reaxuste isostático; estes movementos son, normalmente, locais ou limítanse a certas rexións, mentres que os movementos eustáticos pódense estender ao longo de centos de quilómetros, con independencia de unidades tectónicas ou estratigráficas. A elevación do nivel mariño como consecuencia da fusión de todo o xeo existente estimouse en 40-60 m, polo que as liñas de costa situadas a máis altura hai que atribuílas a deformacións tectónicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • fluvioglaciar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ciencia que estudia a formación e o comportamento do xeo e as diversas formas en que este se presenta na natureza (inlandsis, glaciares, icebergs, etc). O xeo está formado por numerosos cristais con estruturas moi complexas; a causa da presión, que é moi elevada en determinadas concentracións de xeo, experimenta un tipo determinado de metamorfismo que o fai altamente consistente, e o seu comportamento non se afasta moito do observado nalgúns tipos de rochas. Pódense ver distintas capas, correspondentes a diversos períodos climáticos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Terreo en pendente que baixa dende o camiño cuberto ata o campo nunha fortificación.

    2. Forma de relevo caracterizada por ter unha topografía de pendente lonxitudinal (entre o 1 e o 5%) constante ou lixeiramente cóncava. Precisa, entre outros fenómenos, unha desnivelación morfotopográfica, ao pé da que se forma o glacis, e procesos de arroiada difusa ou manto e precipitacións esporádicas ou irregulares pero intensas. Distínguese entre glacis de erosión, formados sobre rochas brandas ao pé de relevos estruturais, e pedimentos, modelados sobre rochas duras e cristalinas. En Galicia, describíronse glacis datados no Cuaternario nas depresións de Maceda, Monforte de Lemos e Monterrei. Recibe tamén o nome de rampla de erosión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Traballou como ilustrador de xornais. Foi membro de The Eight e da Ash Can School. Cultivou o realismo social pero cun colorido de orixe impresionista. Das súas obras destaca Chez Mouquin (1905).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Disposición das glándulas secretoras.

    VER O DETALLE DO TERMO