"Manu" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 863.

  • GALICIA

    Xogador internacional de fútbol. Coñecido como Pahiño, proclamouse máximo goleador do Campionato Español de Liga de Primeira División nas tempadas 1947-1948 (co Real Club Celta de Vigo) e 1951-1952 (co Real Madrid C.F.). Foi integrante da selección española en tres ocasións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Sindicalista. Practicante da Beneficencia Municipal da Coruña e secretario do Colexio Oficial de Practicantes (1928), encabezou o Partido Sindicalista en Galicia a partir de 1934 e participou activamente na campaña a prol do Estatuto de 1936. Agochado na Coruña durante a Guerra Civil, reapareceu en 1941 como un dos impulsores do primeiro comité local da CNT na clandestinidade. Pouco despois, trasladouse a Madrid coa finalidade de asegurar o enlace do Comité Nacional da CNT coa organización galaica. Membro do comité nacional do Movemento Libertario (1943-1946), traballou xunto con Xoán García Durán para conformar a Alianza Nacional de Fuerzas Democráticas (ANFD) e en 1945 foi o secretario do seu consello nacional. Detido en abril de 1946, permaneceu na cadea ata 1951.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Na súa obra predomina a acción e a intriga. Publicou Poesías (1835), El bastardo y el rey (1851), Los desheredados (1865) e María (1868).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político, marqués de Villena e duque de Escalona. Foi lugartenente de Catalunya (1693-1694) e vicerrei de Aragón (1694-1695), de Sicilia (1701-1702) e de Nápoles (1702-1707). De volta a Madrid, propúxolle a Filipe V a creación da Real Academia Española de la Lengua (1714), da que foi o primeiro presidente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Avogado e político. Foi secretario da Xunta Central de Galicia, constituída en Lugo en 1843. Apoiou o levantamento de Solís en abril de 1846, tralo que fuxiu a Portugal. Colaborou nunha nova revolta republicana liderada polo deputado Pereira, polo que foi detido e confinado no castelo de San Antón. Foi deputado (1854-1856) pola provincia da Coruña. Defendeu a permanencia do sistema foral no congreso agrícola celebrado en Santiago en 1864.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador. Doutor en Historia, foi profesor de ensino medio nos institutos de Soria e Xelmírez e Rosalía de Castro de Santiago de Compostela. Foi profesor na facultade de Filosofía e Letras da Universidade de Santiago (1954-1976). Colaborador desde 1955 do Instituto de Estudios Gallegos Padre Sarmiento, foi comisario das escavacións arqueolóxicas da Guarda. Participou, tamén, nas escavacións arqueolóxicas dos castros de Santa Tegra e Fazouro e da vila romana de Currás. Colaborador de numerosas revistas especializadas, das súas obras destacan La expedición de Almanzor a Santiago de Compostela (1967) e Tuzoniun. Estudio de una comarca en los primeros años de la restauración (1875-1894) (1985). Membro correspondente desde 1956 da Real Academia Galega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Guerrilleiro antifranquista. Coñecido como Coronel Benito, era militante comunista. Foi mariñeiro do acoirazado Xaime I e durante a Guerra Civil acadou o cargo de comisario político da Comandancia da Mariña de Cartagena. Ao remate do conflito marchou á URSS. Retornou a Galicia en 1945 para incorporarse á loita da guerrilla, que dirixiu desde 1948. Morreu asasinado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor. Coñecido como Manuel María, realizou estudios de Filosofía e Letras e exerceu como procurador dos Tribunais en Monforte de Lemos. Ao longo da súa traxectoria profesional empregou pseudónimos como Ernesto Alfonso Reque Varela ou Manuel Hortas Vilanova, e colaborou en distintas publicacións e prensa, como A Nosa Terra, Faro de Vigo, El Progreso, Nordés, Alba, Grial, Vieiros, Aturuxo e Atlántida. Xunto con Ánxel Xohán fundou a colección Xistral e no ano 1969 a editorial homónima. Autor polifacético, cultivou o ensaio, o teatro, a poesía e a narrativa. Gran coñecedor da cultura popular, o seu poemario Terra Cha (1954), con sucesivas reedicións e ampliacións, constitúe unha homenaxe á súa terra natal. Nesta obra a paisaxe é a protagonista omnipresente e o autor reflicte a vida na Terra Cha a través dunha variada combinación de metros (pareados, cuartetas, coplas). Así...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar. Loitou en Cuba (1895-1898) e en Marrocos, onde en 1920, ascendido a xeneral e a axudante de campo do Rei Afonso XIII, intentou unha penetración cara ao interior, coñecida como a Desfeita de Annual.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Franciscano e escultor. Ingresou na orde (1881) e tomou os hábitos (1887). Realizou numerosas pezas para as igrexas da orde franciscana e construíu, entre outros, os órganos dos conventos de Herbón e Canedo, ademais de reparar os das catedrais de Lugo e Santiago de Compostela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Publicista e cronista oficial de Tui. Colaborou nas publicacións Nós, Cuadernos de Estudios Gallegos, Revista de Dialectología y Tradiciones Populares, e nos xornais La Noche, El Pueblo Gallego e Faro de Vigo. Publicou Arbitrios, impuestos y recargos que liquidan las aduanas a la importación y exportación de mercancías (1948) e Familias antiguas de Tuy (1958). Pertenceu ao Instituto Histórico do Minho, ao Seminario de Estudos Galegos, á Asociación de Arqueólogos Portugueses e á Real Academia Galega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor portugués. Especialista en literaturas africanas, publicou obras de creación literaria como Grei (1944), Morna (1948), A casa dos Motas (1956), Morabeza (1958), Hora di bai (1962) ou Voz de prisão (1971), e estudios como A aventura crioula (1976) e Literaturas africanas de expressão portuguesa (1977).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor e crítico musical. Licenciouse en Filosofía na Universidade de Lisboa e doutorouse en Musicoloxía na University of Princeton (EE UU). Profesor na Escola das Artes da Universidade Católica Portuguesa, é membro do Centro de Estudos de Sociologia e Estética Musicais da Universidade Nova de Lisboa, do equipo interdisciplinar de investigación sobre a Catedral de Braga e do equipo de estudios sobre canto gregoriano do CERIMM (Francia). Co-fundou o GRUPO-Animação Musical, co-dirixiu o Conselho Português da Música e coordinou as publicacións Informação Musical (1981-83) e Arte Musical (1986). Escribiu música para teatro, cine e para diversos conxuntos de cámara, especialmente vocais. En 1995 fundou o grupo “Vozes Alfonsinas”, dedicado sobre todo á divulgación da música medieval e renacentista, co que gravou The Sound of Martin Codax (1986), Cancioneiro da Biblioteca Publia Hortensia de Elvas (1989) e Porto 714: Um manuscrito precioso (2001). Dirixiu a publicación facsimilada do Cancioneiro...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor e escultor. Estudiou en Valladolid a imaxinería castelá e gravado en Madrid. Realizou deseños industrias e estudios sobre vidreiras. Participou en numerosas exposicións e nos certames da Federacion Internacional de Medallas. Realizou numerosas esculturas de carácter público, entre as que destacan o monumento a X. Bermúdez de Castro no pazo de Mariñán (1983); Oceanus Atlanticus e Mare Cantabricum, realizadas para o pazo da Deputación da Coruña (1986); os monumentos a Castelao (1986), Pablo Iglesias (1988) e Picasso (1989) na Coruña; o monumento aos Trobadores na illa de San Simón (1998); e o monumento a Camilo Díaz Baliño en Ferrol (1998). A súa obra está presente, entre outras, nas coleccións do concello e Deputación da Coruña, no Museo Nacional de Escultura de Valladolid, no Parlamento de Galicia, na Fundación Caixa Galicia e Preissler Kunsthalle (Pforzhein). Gañou o Premio Tomás Francisco Prieto da Fábrica Nacional de Moneda y Timbre e o primeiro premio no Concurso...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Filólogo. Doutorouse en Filoloxía Galego-portuguesa na Universidade de Santiago de Compostela (1990). Catedrático de Filoloxía Galega e Portuguesa na facultade de Filoloxía da Universidade da Coruña, traballa fundamentalmente no campo da lingüística histórica galega e da edición de textos antigos (medievais, medios e decimonónicos) da historia cultural e literaria galega. Coordina o labor científico da Biblioteca-Arquivo Teatral Francisco Pillado Mayor e dirixe a Revista Galega de Filoloxía da Universidade da Coruña. Ademais de ser autor de numerosos relatorios, artigos e colaboracións en publicacións especializadas, cómpre destacar os seus libros Pondal: Do dandysmo á loucura (Biografia e correspondéncia) (1991); As cantigas de Rodrigu’Eanes de Vasconcelos (1992); Poesía Galega Completa, de E. Pondal (vol I, Queixumes dos Pinos, 1995; vol II, Poemas Impresos, 2001; vol III, Poemas Manuscritos, 2002), Gramática Histórica...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Escritor galego. Exerceu a docencia e publicou, entre outras obras, Canto de amor e primavera (1988), Lembranzas a ter en conta (1988) e O soño do peregrino. Guía poética do peregrino (1993).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Filósofo, teólogo e cóengo. Ingresou en 1924 no Seminario Conciliar de Santiago de Compostela e acadou dous anos máis tarde unha bolsa para estudar na Universidad Pontificia de Comillas, onde se doutorou en Filosofía e se licenciou en Teoloxía. En 1941 ordenouse presbítero en Comillas e converteuse en profesor do Seminario Conciliar de Santiago. Durante o curso 1958-1959 foi bolseiro en Roma, onde se integrou no grupo de investigadores Monserrat. Os seus estudios centráronse nas relacións entre a fe, a teoloxía e a filosofía. Da súas obras destacan “El virtual revelado” (1956), “La figura de Amor Ruibal” (1956), “La analogía y la relatividad en el ser natural y sobrenatural” (1960), “La Iglesia y la evolución de la cultura” (1967) e “Fórmulas dogmáticas e sistemas filosóficos” (1971).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Fotógrafo. Inicialmente dedicouse á fotografía de nenos xunto con J. Castuera, influenciado pola obra de Pla Janini. En 1952 estableceuse en Ferrol como retratista e logo trasladouse á Coruña. Durante eses anos formou parte do equipo de rodaxe de Rafael Gil. En 1955 realizou unha reportaxe sobre a emigración e en 1958 marchou a Alemaña para estudar fotografía en cor no Hamburger Photo Schule. Ao ano seguinte foi correspondente de TVE en Galicia e algunhas das súas imaxes expuxéronse na I Fotobienal celebrada en Vigo (1984). Expuxo a súa obra no Centro de Arte Reina Sofía, no Círculo de Bellas Artes de Madrid e no Palacio Tokio de París.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo alemán. Profesor das universidades de Bonn (1840) e de Tübingen (1842), defendeu a idea da existencia de Deus no home e por riba do home. Das súas obras destacan Beiträge zur Characteristik der neueren Philosophie (Contribución ás características da filosofía moderna, 1829), Grundzüge zum System der Philosophie (Tres fundamentos para o sistema da filosofía, 1833-1846) e System der Ethic (1850-1853).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Artista plástico. Estudiou gravado na Escuela de Artes Aplicadas de Madrid e historia da arte en Santiago de Compostela. Dende 1988 exerceu a docencia. Dedicouse fundamentalmente á pintura, aínda que tamén realizou traballos de escultura, escenografía, ilustración e un labor no campo teórico da historia e da crítica da arte. Realizou exposicións en Madrid e Galicia. Colaborador de A Trabe de Ouro, publicou Catálogo Ánxel Huete (1992) e colaborou nos catálogos Man de cal (1997) e Galicia Terra Única (1997).

    VER O DETALLE DO TERMO