"Nan" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1411.
-
PERSOEIRO
Xornalista e político. De orixe obreira, denunciou as desigualdades sociais en Suecia. Dirixiu o movemento obreiro do sur de Suecia e foi o ideólogo do partido socialdemócrata. Fundou o diario Arbetet en Malmö.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta bengalí. Dedicouse ao ensaio e ao xornalismo. Publicou Dhusar Pandulipi (A escritura gris, 1936) e Banalata Sen (1942).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Dramaturgo, poeta e produtor teatral inglés. Estudiou en Oxford, participou na Guerra Civil (1642-1648) e despois refuxiouse en Francia. De regreso a Inglaterra, Carlos I nomeouno cabaleiro, pero posteriormente encarcerárono na Torre de Londres a causa do poema Gondibert. Foi un dos principais animadores do Teatro da Restauración, gañou considerable crédito tanto nas salas privadas como nos teatros públicos. Despois dunha traxectoria como dramaturgo e empresario, creou a súa propia compañía, The Duke’s Company, coa que se estableceu no Lincoln’s Inn Fields, primeiro teatro en contar con maquinaria para cambios de escenografía. Foi un dos primeiros empresarios en potenciar a introdución de actrices nun teatro interpretado exclusivamente por homes. Entre as súas obras destacan The Wits (Os talentos, 1633), The Temple of Love (O templo do amor, 1634), Unfortunate Lovers (Amantes desafortunados, 1634), Love and Honour (Amor e honra, 1646), The...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Filósofo. O seu pensamento, denominado davidismo, levouno a considerar o ser coma unha unidade indivisible e indiferenciada. Das súas obras Quaternuli e De Tomis só se conservan as citas de Alberte o Magno e san Tomé de Aquino.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escultor. Coñecido como Remigio, iniciou a súa formación artística en 1964. Foi profesor de debuxo e pintura e auxiliar de modelado e talla en pedra na Escola de Artes e Oficios de Vigo (1975-1977). Empregou, entre outros materiais, a pedra, o bronce, o ferro, o cobre, o aceiro inoxidable, as resinas de poliéster e as mallas de aceiro refractario; e empregou pátinas, oxidacións, texturas e pulidos na busca dunha valoración da materia sobre a forma. Traballou con formas obxectuais máis ou menos figurativas, nas que prevaleceu máis o escultórico ca o obxecto. Realizou series temáticas que parten de materiais industriais. Entre outras destacan Moda Gallega, Complementos, Eros, Mitologías, Herramientas, Las formas del sonido e Reconversión industrial. Realizou, entre outras obras, o monumento ao músico Andrés Gaos en Vigo (1994). En 1999 coordinou o I Simposium Internacional de Escultura Monte Alba (Vigo). Participou, entre...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Reformador hindú. No 1875 fundou a Ārya Samāj, organización socio-relixiosa monoteísta que, dous anos máis tarde, se escindiu por un cisma.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Que decepciona.
-
-
Que declina ou decae.
-
Aplícase ao plano ou á parede que presenta unha declinación.
-
-
PERSOEIRO
Pintor francés. Membro dunha familia de debuxantes e artesáns, parece que foi fillo natural de Talleyrand. En 1815 ingresou na École des Beuax-Arts, onde foi alumno de Pierre-Narcisse Guérin e compañeiro de Théodore Géricault. Ao mesmo tempo, acudía ao Musée du Louvre onde copiaba as obras dos grandes mestres. Foi o abandeirado do romanticismo pictórico francés e un fervente defensor da liberdade do artista fronte aos canons clasicistas: opúxose ao emprego do modelo, feito que contribuíu a que a súa obra, vigorosa e dinámica, fose a miúdo imperfecta. Estudiou a Il Veronese, buscou un equilibrio cromático baseado na complementariedade das cores e abriu o camiño a posteriores experiencias impresionistas e divisionistas. Baixo a influencia de Géricault cultivou a pintura de historia e pintou nun estilo similiar ao da súa obra Dante e Virgile (Dante e Virxilio, 1822), coñecida tamén como a Barca de Dante e que presentou no Salon dese ano. Realizou obras de temas de historia...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar francés. No ano 1940, como gobernador militar de París, entregoulles a cidade aos alemáns. Nomeado alto comisario francés en Siria, opúxose aos anglo-gaullistas. No ano 1945 foi xulgado e condenado a morte, pena que se lle conmutou pola de traballos forzados. Morreu en prisión.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Que deshidroxena.
-
Substancia que serve para deshidroxenar.
-
-
PERSOEIRO
Escultor italiano. Foi autor do monumento a Carlo Marsuppini en Santa Croce (1453?), do altar de mármore da igrexa de San Lourenzo (1461) e dalgúns motivos ornamentais da capela Pazzi. Realizou bustos femininos e de nenos entre os que destacan os da Madonna Panciatichi (Virxe Panciatichi) e de San Xoán e Xesús, nenos.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Que desosixena.
-
Substancia redutora que se combina co osíxeno libre. Emprégase para eliminar o osíxeno non combinado quimicamente.
-
-
PERSOEIRO
Escritor francés. Coñecido como Céline Louis-Ferdinand, licenciouse en Medicina en 1924 e principiou a súa andaina como novelista con Voyage au bout de la nuit (Viaxe ao final da noite, 1932). Despois de Mort à crédit (Morte a crédito, 1936), redactou algúns panfletos antisemitas, e en 1940 uniuse ao goberno de Vichy. Exiliouse e, á súa volta, comezou de novo a súa actividade literaria, coa que conseguiu o respecto da crítica esquerdista. As obras D’un château l’autre (Dun castelo ao outro, 1957), Nord (Norte, 1960) e Rigodon (1968) son, quizais, a manifestación máis patética e elocuente do seu nihilismo corrosivo.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Que determina ou que fai que algo ou alguén sexa dunha maneira concreta.
-
Elemento que ten como principal función co-ocorrer con substantivos para expresar unha ampla gama de contrastes semánticos, como cantidade ou número. En sentido amplo, refírese aos elementos constituíntes do sintagma nominal que dependen do substantivo, director ou constituínte principal daquel. Esta función pode estar desempeñada por artigos, adxectivos ou complementos do nome, que actualizan o substantivo (determinado ou nominal) e que lle ofrecen as súas determinacións. Nun sentido máis restrinxido e frecuente, refírese aos elementos gramaticais que concordan en xénero e número cun substantivo, ao que especifican e matizan no seu significado. Poden estar representados por artigos (o neno, un libro), posesivos (meu pai), demostrativos (esta casa), cuantificadores (moitos homes, cinco anos) ou identificadores (calquera noite), entre outros. Na gramática xenerativa, o determinante...
-
Dada unha matriz cadrada da orde n, A=(a ij ) suma dos n! termos (-1)’ a 1k1 a 2k2 ...a nkn . O determinante de A acostuma representarse pechando a matriz con dúas barras verticais. O número n é a orde do determinante. Un determinante pode estar representado en termos dos elementos e cofactores de calquera fila ou columna da matriz.
-
Aplícase á parte do antíxeno que recoñece o lugar activo do anticorpo e condiciona a especificidade da reacción entre ambos.
-
-
-
Que ten a propiedade de detonar.
-
Substancia capaz de producir unha detonación ou explosión.
-
Factor que provoca a orixe de algo.
-
Mestura de dous gases que poden estoupar ao combinárense.
-
-
PERSOEIRO
Crítico literario e xornalista. Coñecido co pseudónimo de Alone, estudiou no seminario de Santiago e posteriormente no Instituto Comercial de Santiago e na Escuela Dental. Colaborador en numerosas revistas e xornais da época (La Unión, El Mercurio, Selecta, Corre-Vuela, El Diario Ilustrado e Zig-Zag), fixo unha grande achega á historia da literatura chilena cos seus estudios. Publicou, entre outras obras, La sombra inquieta (1916) e Memorialistas chilenos (1960). Foi membro da Academia Chilena de la Lengua, da Academia Chilena de la Historia e doutor honoris causa pola Universidad de Chile. Recibiu o Premio Nacional de Literatura en 1959.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Psicobiólogo. Doutorouse en Medicina coa tese Epidemiología de la deficiencia mental. Situación en Galicia (1985). Profesor de psicobioloxía na Universidade de Santiago de Compostela, centra o seu traballo na avaliación psicofisiolóxica de poboacións normais e clínicas (envellecemento normal e situacións senís ou atraso mental, e do proceso de envellecemento e demencias senís, atraso mental, trastornos da linguaxe). É autor de dous libros, en colaboración, e de artigos especializados publicados en revistas científicas, como International Journal of Psychophysiology, American Journal on Mental Retardation, Biological Psychiatry, Clinical Neurophysiology e Neuroreport. Membro de varias sociedades científicas españolas e internacionais e membro fundador e presidente electo dende o 2001 da Sociedad Española de Psicofisiología (SEPF, 1994). Recibiu o Premio de Investigación da Fundación PAIDEA (1994), Premio á Investigación 1995 en Ciencias e Tecnoloxía (1996), outorgado...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Militar e mariño. Marchou a Montevideo e, logo da sublevación, sumouse á causa independentista e integrouse no exército como subtenente (5.12.1812). Formou parte das forzas que sitiaron Montevideo e dirixiu as fortificacións e a instalación das baterías. Ascendeu a tenente de artillería durante o sitio (29.9.1813) e integrouse como capitán de artillería (31.3.1815) nas forzas do xeneral San Martín en Mendoza. Participou co exército dos Andes na Batalla de Chacabuco (12.2.1817) e no combate de Curapaligüe (4.4.1817). Desde o 31 de maio de 1817 dirixiu a primeira compañía do Terceiro Batallón de Artillería e á súa fronte tomou parte na Batalla de Maipú (5.4.1818). Pouco despois integrouse como capitán da corveta Chacabuco, na escuadra que creou o goberno chileno, e capturou as fragatas españolas Rosalía e Carlota, coas que chegou ao porto de Valparaíso o 22 de novembro de 1818. Pasou ao exército de Chile, por razóns de saúde, a finais de 1820.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor. Estudiou maxisterio na Escola Normal de Santiago e traballou no xulgado de Porto do Son ata xullo de 1936. Por mor da Guerra Civil pasou dous anos encarcerado na Coruña e ao saír fíxose procurador de tribunais, aínda que non exerceu debido ao seu pasado como militante de Esquerda Republicana. En 1951 emigrou e instalouse en Montevideo. Publicou crónicas e memorias autobiográficas nas que relata as súas experiencias na guerra, como Os que non morreron (1982), A crueldade inútil (1985) e Desde la diáspora (1991), así como os volumes de relatos Contos (1985) e Nebra. Historia dunha infamia (1985).
VER O DETALLE DO TERMO