"ONG" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 454.
-
PERSOEIRO
Cantante. Coñecido como Camarón de la Isla, foi o maior representante da música flamenca. Mesturou na súa música o flamenco co rock, o jazz e os ritmos orientais, e mantivo unha estreita amizade e colaboración artística con Paco de Lucía, do que son froito Cada vez que nos miramos (1970) e Castillo de arena (1977). Destacan os seus discos La leyenda del tiempo (1979), Viviré (1982), Soy gitano (1989) e Potro de rabia y miel (1991). Recibiu a Medalla de Oro de la Junta de Andalucía e a Medalla de Oro de las Bellas Artes.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xogador de tenis de mesa. Foi campión de Galicia de todas as categorías individuais e campión de España en individual (1956) e en dobres (1959). Presidente da Federación Galega de Tenis de Mesa, foi adestrador e delegado do Círculo Mercantil de Vigo. Recibiu a medalla de bronce da Federación Española como xogador (1968) e a medalla de ouro como directivo (1991).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Matemático francés. Ministro de mariña durante a Revolución Francesa, foi un dos fundadores da École Normale e da École Polytechnique. Creador da xeometría descritiva, neste campo estudou a perspectiva e a polaridade. Traballou tamén no campo da física, especialmente na licuefacción dos gases.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade do estado de Bihār, India, situado á beira do río Ganxes (150.042 h [1991]). Posúe manufacturas de tabaco e artesanía de ébano.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Cuarto gran khan mongol (1251-1259), fillo de Tolui e neto de Xenguis Khan. Comandou (1257) unha campaña contra China. Protexeu os cristiáns e budistas e embeleceu Karakoram, a capital, onde acolleu a Guillermo de Rubruquis (1254).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Siam (1851-1868). Monxe budista, abriu o país ás influencias europeas. Asinou con Reino Unido o tratado de 1855, que definía o comercio exterior siamés. Sucédeno o seu fillo Chulalongtorn (Rama V).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
Relativo ou pertencente a Mongolia, aos seus habitantes ou á súa lingua.
-
Natural ou habitante de Mongolia.
-
-
-
Relativo ou pertencente ao pobo mongol.
-
Individuo do pobo mongol.
-
Pobo dunha rama mongol procedente do Turkestán, que foi islamizado no s XIV e que creou un grande imperio.
-
-
-
Lingua mongol do phylum altaico que se fala en Mongolia.
-
Grupo de linguas do phylum altaico que inclúe entre outras, o oirat, o calmuco, o mogol de Afganistán, o buriato e o khalkha, falados na República de Mongolia. En China Occidental tamén se falan algunhas linguas mongois. Os documentos literarios mongois están escritos seguindo catro sistemas de escritura: a uigur (que procede da siríaca a través da sogdiana), a cadrada ou P’ags-pa (s XIII, obra do gran lama Sa-skya), a mongol (baseada no alfabeto uigur), aínda de uso corrente, e na República Popular de Mongolia desde 1944, a escritura baseada no alfabeto cirílico. Os primeiros textos datan da época de Xenguis Khan. Temén no s XIII apareceu a crónica épica da orixe dos mongois, a Historia secreta dos mongois, redactada cara ao 1240 e conservada no texto orixinal. No século seguinte apareceron xa algunhas traducións budistas, testemuño da conversión dos mongois á nova relixión. Con todo, o mongol clásico conseguiu un relevo moi notable nos ss XVII e XVIII: obras históricas, escritos...
-
-
...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Imperio fundado a principios do s XIII por Xenguis Khan. Indicado coa unificación de todas as tribos da actual Mongolia, estendeuse desde Corea ata o Mar Caspio durante o tempo do seu fundador. Tras a súa morte, en 1227, o imperio dividiuse entre os fillos. Jöči, que morreu no mesmo 1227, recibiu os territorios da confederación kiptxak e Siberia Occidental, que pasaron ao seu fillo Batu, o khanato do cal, coñecido coma a Horda de ouro, se mantivo ata finais de 1335. Txagatai recibiu o khanato de Karakitai e máis o Turkestán oriental. Ögödei recibiu Karakorum e foi elixido gran khan dos mongois (1229-1241), pero o título pasou á rama de Tolui. Este, recibiu a Mongolia propiamente dita a parte do N de China. O gran khan foi a autoridade que mantivo unha relativa unidade entre as catro ramas do imperio ata que Khublai Khan, da última delas, encabezou a dinastía sino-mongólica Yuan, que reinou en China desde 1276 a 1368.
-
ENTRADA LARGA
Estado de Asia central, situado entre Rusia, ao N, e China ao L, ao S e ao O (1.569.600 km2; 2.416.000 h [estim 2001]). A súa capital e Ulan Bator.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía física
Mongolia ocupa o centro dun mar desecado. O N e o O están formados por unha serie de altiplanos esteparios atravesados por cordilleiras montañosas como os montes Altai, Khangaj e Tannu-Ola. É unha rexión con grandes depresións lacustres, onde nacen os ríos Ienisei, Selenge e Orkhon. A meirande parte do S e o L está ocupada polo deserto de Gobi. O clima é continental extremo, cunha ampla oscilación térmica diaria e estacional no N e no O, e desértico e semidesértico no L e no S. O bosque de coníferas aparece só nas altas montañas, o resto son estepas e deserto no S.
Xeografía económica
Dentro da economía socializada e planificada de Mongolia, a gandaría é a principal actividade (carne de gando ovino, bovino, caprino, cabalar, peles, leite e la).... -
VER O DETALLE DO TERMO
Mongolia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Zizhiqu de China situado na rexión de Nordés (1.200.000 km2; 23.760.000 h [2000]). A capital é Hohhot. É unha rexión árida interrompida por desertos de area e pedras (contrafortes do Gobi) e por prados e bosques ao NL (nas ladeiras do Khingan). O centro está atravesado polo gran meandro do curso medio do Huang He. O seu clima é rigoroso. A escasa poboación é predominantemente mongol, e dedícase á gandaría nómade. Os cultivos son limitados: cebada, trigo, millo, remolacha azucreira e soia no regadío e millo miúdo e kaoliang no secaño. Despois de seguir as vicisitudes históricas de Mongolia, pero con máis vinculacións con China, despois de 1930 apareceu un forte movemento autonomista como reacción á explotación e á colonización chinesa. Despois da Segunda Guerra Mundial, a China Popular creou a rexión autónoma da Mongolia Interior e colectivizou as súas terras.
-
-
Relativo ou pertencente ao mongol.
-
-
Relativo ou pertencente aos mongólicos.
-
Individuo que presenta caracteres propios das razas xantodermas.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
síndrome de Down.
-
-
Relativo ou pertencente ao mongolismo ou síndrome de Down.
-
Persoa que sofre mongolismo ou síndrome de Down.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo da verba dos arxinas ou telleiros que corresponde á voz ‘panadeiro’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo da verba dos arxinas ou telleiros que corresponde á voz ‘forno’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de monotongar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Reducir un ditongo a unha soa vogal.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ogal que resulta da monotongación dun ditongo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Primeiro espazo natural declarado Parque Nacional de España. Creouse en 1918 por mandato do Rei Afonso XIII. En 1995, ao agregarse o macizo Oriental, o Central e o Occidental, pasou a denominarse Parque Nacional de los Picos de Europa.