"Omán" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 328.

  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Cervantes baixo a advocación de san Román, onde se atopa a capital municipal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Cedeira baixo a advocación de san Román.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello do Vicedo baixo a advocación de san Román.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Cervo baixo a advocación de san Román.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello do Incio baixo a advocación de san Román.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Título outorgado en 1692 por Carlos II a Xacinto Sarmiento de Valladares , señor de San Román de Saxamonde (Redondela) , e expedido por Filipe V en 1705. O título herdouno a súa curmá Xosefa de Omaña e Sarmiento de Valladares , II condesa de San Román, a quen sucedeu o seu fillo, Pedro de Miranda Omaña e Osorio , III conde de San Román e II marqués de Santa María del Villar. O IV conde de San Román foi Pedro Manuel Miranda Omaña e Trelles , fillo do anterior, a quen sucedeu o seu fillo Xoaquín Miranda e Gayoso (Pontevedra 1756-Espinosa de los Monteros 1808), V conde de San Román, tenente coronel do Rexemento de Milicias de Pontevedra, que loitou na Batalla de Espinosa de los Monteros, na Guerra da Independencia, onde morreu. A súa filla, María Xoaquina Miranda e San Sebastián foi a VI condesa de San Román, sucedida polo seu fillo Xosé de Losada Miranda...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xurisconsulto e político. Foi senador, deputado, fiscal do Tribunal Supremo e ministro de Estado (1905) no goberno de U. Montero Ríos. Es-cribiu La codificación civil en España (1890) e La inmunidad parlamentaria (1893).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Comando en que o sinal actuante é amplificado antes da súa aplicación.

    2. Mecanismo auxiliar que, accionado por unha forza feble, o amplifica para facer funcionar un aparato ou unha máquina, eventualmente a distancia. Empréganse nos casos en que cómpre substituír a forza muscular do home por un dispositivo hidráulico, pneumático ou eléctrico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Bulimia de orixe psíquica que se manifesta por unha necesidade imperiosa de inxerir alimentos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao período do Imperio Romano comprendido, aproximadamente, entre o s III e o s V, ambos inclusive.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estado de delirio de quen se cre inspirado e posuído pola divindade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aparato para medir temperaturas elevadas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • drogadición.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Atleta. Ademais de conseguir o Campionato de España en diversas ocasións, proclamouse campión do Mundo en pista cuberta en 800 m, en París (1985), e campión de Europa da mesma especialidade en Budapest (1983). Recibiu a medalla de prata da Real Orden del Mérito Deportivo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tribunal ordinario e supremo de apelación da Santa Sé. Ten a súa orixe na Chancelaría Apostólica da que formaban parte o chanceler, os auditores contraditorum e os cappellani. Encomendábaselle ao principio, caso por caso e despois de modo estable, a instrución das causas. Inocencio III concedeulles tamén a potestade de pronunciar sentenza. Con Inocencio IV e o I Concilio de Lyon os capeláns formaron un tribunal estable. O nome de Rota deriva probablemente do recinto circular en que se reunían e sentaban os auditores para xulgar as causas. Sisto IV (1472) fixou en 12 o número dos capeláns auditores. Benedito XIV determinou definitivamente a competencia do tribunal coa constitución Iustitiae et pacis (1747). A elección dos auditores estivo sempre reservada ao papa, pero concedeuse a algúns estados o dereito a nomear algún auditor: España nomeaba 2 e Alemaña e Francia un. Debían ser importantes doutores en dereito, ademais de distinguirse pola súa prudencia e integridade de vida. A partir...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Hábito obsesivo de arrincar os cabelos.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Relativo ou pertencente a Turkmenistán ou aos seus habitantes.

      2. Natural ou habitante de Turkmenistán.

      1. Relativo ou pertencente aos turcománs.

      2. Individuo do pobo turcomán.

      3. Pobo turco de Asia central. Documentados desde o s X, dedicábanse á gandaría nómada e formaban un conglomerado de tribos, das que destacan as hordas denominadas do carneiro negro (Kara Koyünlü) e do carneiro branco (Ak Koyünlü), que chegaron a ter un notable poder político nos ss XIV e XV respectivamente, e a tribo dos selxúcidas. A maioría habitan no Cáucaso, en Uzbekistán e, sobre todo, en Turkmenistán, Irán e Afganistán.

    1. Lingua turca suroccidental do phylum altaico que se fala en Turkmenistán. Do turcomán primitivo derivou, a mediados do s XV, o chagatai. Actualmente escríbese en alfabeto cirílico e a súa literatura ten cada vez máis influencia da literatura rusa, en detrimento da turcoislámica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio situado na provincia de Barcelona, Catalunya, ao L da capital provincial (1.545h [2001]).

    VER O DETALLE DO TERMO