"PRI" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 409.
-
PERSOEIRO
Dermatólogo escocés. Estudou en París, Viena e Berlín. Describiu en 1890 o adenoma sebáceo (adenoma de Pringle), a linfaxite tubercular e a actinomicose (1895), o lupus eritematoso (1900) e o pénfigo (1915).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Enfermidade hereditaria que se transmite con carácter dominante e está caracterizada por manifestacións cutáneas (pápulas tumorais na cara, nevos conxuntivos no tronco ou fibromas ceratósicos periungueais), neuropsíquicas (crises comiciais ou atraso mental) e viscerais (tumores oculares, renais ou cardíacos).
-
PERSOEIRO
Físico alemán. Investigou os espectros de emisión e, xunto con Lummer, a radiación do corpo negro (1897) de acordo coas novas teorías de Max Planck.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Biólogo alemán. Foi profesor de botánica nas universidades de Jena e Berlín. Descubriu a fertilización das plantas e estudou os fungos e a alternancia de xeracións dos musgos e das talófitas.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de mamíferos xenartros, da familia dos dasipódidos, ao que pertence o tatú.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Partícula infecciosa descuberta por Stanley Prusiner (1982), considerada por algúns autores como unha forma subvírica de natureza proteica, que non semella ter ningún tipo de ácido nucleico. Provoca a enfermidade de Creutzfeld-Jakob no ser humano.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do barallete ou xerga dos afiadores que corresponde ás voces ‘burro e torpe’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de peixes cartilaxinosos, da familia dos carcarrínidos, ao que pertence a quenlla.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de mamíferos carnívoros, da famillia dos félidos, de pequeno tamaño, co corpo de 50 cm e a cola de 15 cm, que se alimenta de pequenos mamíferos, aves, anfibios e peixes. Son naturais de Asia e viven en selvas tropicais.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de insectos coleópteros, da familia dos cerambícidos, co corpo de 3 a 4 cm de lonxitude, cor vermella, parda ou negra e antenas con forma de serra. Viven sobre codias vellas de árbores.
-
-
Superior ou prelado ordinario dunha comunidade relixiosa, na que non hai título abacial.
-
Segundo prelado, despois do abade, dunha comunidade relixiosa.
-
Superior de calquera convento dos cóengos regulares e das ordes militares.
-
Dignidade que hai nalgunhas igrexas catedrais
-
Párroco ou cura dalgunha parroquia.
-
Dignidade superior ás demais de cada lingua na orde de San Xoán de Xerusalén ou do Hospital.
-
Relixioso elixido polos membros da súa comunidade para gobernar, en nome do abade ausente, unha abadía en encomenda.
-
Beneficiario que goza das rendas dun priorado sen ter autoridade sobre os relixiosos que a integran.
-
Superior dunha pequena comunidade separada dunha abadía.
-
Prior que posúe unha autoridade efectiva sobre os seus relixiosos.
-
-
CABOS
Cabo do litoral atlántico situado na parroquia de Covas (Ferrol), constitúe un cantil de 200 m sobre o nivel do mar.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor inglés. Deuse a coñecer con The Hind and the Panther Transvers’d to the Story of the Country Mouse and the Town Mouse (1696). Da súa lírica cómpre destacar os poemas longos Henry and Emma, Alma or the Progress of the Mind e Solomon on the Vanity of the World.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Oficio ou dignidade de prior ou prioresa.
-
Territorio en que tiña xurisdición un prior ou unha prioresa.
-
Mosteiro ou casa relixiosa rexida ou habitada por un prior ou prioresa. Entre os beneditinos, así como nos premonstratenses e as ordes militares, existía o priorado simple, unido a unha abadía, e o priorado conventual ou casa autónoma, non elevado á categoría de abadía.
-
Convento dos dominicanos, cartuxos, carmelitas, servitas, mercedarios e ermitáns de Santo Agostiño.
-
-
-
Relativo ou pertencente ao prior ou á prioresa.
-
Relativo ou pertencente ao priorado.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
iño de alta graduación rico en taninos, fino e relativamente baixo de extracto seco, producido no Priorat (Catalunya) e municipios limítrofes, e elaborado con uvas de cariñena e garnacha tinta (o tinto), e garnacha branca e macabeo (o branco). A súa denominación de orixe está protexida desde 1954.
-
-
Superiora dunha comunidade relixiosa.
-
abadesa.
-
-
-
Preferencia de algo no tempo ou na orde con respecto a outra cousa.
-
Maior importancia ou superioridade que ten unha cousa sobre outra.
-
Principio empregado en nomenclatura botánica, segundo o que todo taxon da categoría inferior ou igual ao da familia só pode ter un único nome correcto, exceptuando algunhas familias de fanerógamas, certos fungos e certas plantas fósiles, que adoita ser o máis antigo publicado lexítima e validamente.
-
-
CABOS
Cabo do litoral atlántico situado na parroquia de Brión (Ferrol). A punta S recibe o nome de Prioriño Chico e a N o de Prioriño Grande.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Que ten prioridade respecto de algo.