"RAF" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 981.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Compilador de opinións ou de sentencias doutros autores. OBS: A grafia <x> representa o son [ks].
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cerimonia que celebra a NBA (National Basket Association) para que os seus clubs elixan os xogadores menores de 22 anos que acceden por vez primeira á súa competición. Logo dunha ponderación das virtudes de cada xogador, establécese unha clasificación individual; para tentar garantir a competitividade na liga, os clubs van escollendo en función inversa ao posto acadado ao remate da tempada anterior.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sistema de impresión semellante ao offset, do que se diferenza pola utilización dunha prancha especial que non hai que mollar con auga para manter sen tinta as zonas non impresas.
-
PERSOEIRO
Pintor. Coñecido como Durancamps, foi discípulo de Joaquín Mir. Viaxou a Italia (1923) e instalouse en París (1926-1938), onde coñeceu a Picasso e Utrillo. A súa pintura evolucionou dende o impresionismo ao realismo. Cun debuxo sólido, as súas obras destacan polos contrastes de luces e sombras. Cultivou o bodegón, onde se achegou ao hiperrealismo, as paisaxes ao óleo e o tema taurino. Participou en diversas exposicións, entre outros lugares, en Barcelona, Madrid, Londres, Philadelphia e Bos Aires. A súa obra está presente, entre outras coleccións, na Galería Pitti de Florencia e na Colección Caixanova. En 1920 gañou a Medalla de Honra no concurso de Marsiera.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Técnica de observación da posición, a constitución e as funcións das cavidades cardíacas e das válvulas, por medio da ecografía. Emprégase principalmente para a diagnose de valvulopatías, tromboses intracardíacas, defectos do tabique, estado funcional do miocardio e patoloxía pericárdica.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Método que se empregaba para o estudo das estruturas intracraniais por medio do radar. Este termo introduciuno Leskell en 1956.
-
-
Técnica que permite a exploración interna dun corpo mediante a emisión de ondas acústicas ou electromagnéticas emitidas por un transdutor, que se propagan polo medio (órgano ou tecido) que se quere estudiar, e a súa recepción unha vez reflectidas polo mesmo. As ondas reflectidas pódense procesar para xerar unha imaxe na pantalla dun monitor. No 98% dos casos pódese diferenciar o compoñente líquido, sólido ou mixto, dunha masa. Desta maneira, se se coñece previamente o patrón ecográfico de cada órgano, pódense distinguir as variacións patolóxicas e obter, por unha banda información anatómica das estruturas que o envolven, e por outra, un rexistro gráfico unha vez que se amplifican e se filtran as ondas ultrasónicas. A ecografía é unha técnica moi empregada en medicina para a detección dos latidos do corazón do feto no útero materno e tamén en oftalmoloxía, aínda que tamén se pode empregar noutros medios que permitan a propagación das ondas. Presenta como vantaxes principais o baixo custo...
-
Imaxe bidimensional que resulta dunha exploración ecográfica.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á ecografía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ao especialista que se dedica a facer ecografías.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aparato que se utiliza para a realización dunha ecografía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Integración de conceptos xeográficos e ecolóxicos para o estudo das paisaxes ou de rexións naturais dende o punto de vista da súa orixinalidade, cando as características edáficas, climáticas, hidrolóxicas, zoolóxicas e botánicas son únicas sobre a superficie terrestre.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Procedemento de reprodución de documentos no que o orixinal, mecanografado cunha tinta especial ou en papel carbón, se comprime sobre unha capa de xelatina que pode servir de forma para certo número de copias.
-
PERSOEIRO
Enxeñeiro aeronáutico e aeroespacial. Iniciouse na técnica aeroespacial coa súa participación no desenvolvemento dos V-2 alemáns. Despois da Segunda Guerra Mundial instalouse nos EE UU, onde traballou no programa de mísiles Atlas e Centaur do exército e, máis tarde, no programa tripulado Apollo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Estudio das correntes de acción do músculo cardíaco e o método de obtención do rexistro gráfico. A electroxénese cardíaca vai ligada ás modificacións físicoquímicas que ocorren no tecido miocardíaco pola propagación da onda de excitación, que vai seguida dun proceso inverso que restablece as condicións de repouso. A electrocardiografía permite facer un exame da función do corazón, proporciona información sobre a posible existencia de patoloxías cardíacas, e é útil no diagnóstico e control das arritmias, do infarto de miocardio ou da anxina de peito.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aparello que se emprega para obter electrocardiogramas. Constitúese, basicamente, por un galvanómetro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Técnica analítica de separación baseada na electroforese que se efectúa nun medio estabilizador. Os medios sólidos que se empregan son o papel, os pos de celulosa, os xeles de amidón ou as resinas de intercambio iónico, entre outros. Segundo as características físicas do sólido, as separacións fanse sobre tiras de papel, en columnas ou en capas delgadas que se sosteñen con vidro ou plástico. É unha técnica moi empregada en análise clínica e en bioquímica. A aplicación máis importante é a separación de proteínas e outras moléculas contidas nos diversos fluídos corporais. Tamén se emprega para separar antibióticos, ácidos nucleicos, vitaminas, pigmentos naturais, esteroides, aminoácidos, ácidos orgánicos e ións inorgánicos. Esta técnica desenvólvese con capilares, co que a resolución aumenta de xeito significativo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Obtención e interpretación dos electroencefalogramas, que permite o estudo dos fenómenos eléctricos recollidos no electroencefalógrafo e que teñen lugar no encéfalo en condicións normais e patolóxicas. Foi introducida en 1924 por H. Berger, quen rexistrou por primeira vez o potencial de acción dun conxunto de neuronas cerebrais. Os electrodos colócanse normalmente en contacto coa pel da cabeza interpoñendo un xel condutor e, en condicións especiais, directamente sobre a codia cerebral (electrocorticograma) ou na profundidade do cerebro (estereoelectroencefalograma). Tendo en conta a colocación dos electrodos, distínguense dúas clases de derivacións: as monopolares e as bipolares, segundo haxa un ou dous electrodos activos, respectivamente.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á electroencefalografía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aparato que se emprega para a obtención do electroencefalograma. Consta dunha caixa de entradas á que se conectan os electrodos, un dispositivo conmutador para seleccionar as diferentes derivacións, un sistema de amplificación diferente para cada canle e un sistema de rexistro sobre banda de papel.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Procedemento de obtención de imaxes por alteración da carga dunha placa fotosensible que se expón á luz. É a base da fotocopiadora, e o procedemento da xerografía máis utilizado.