electrocardiografía

electrocardiografía

(

s f [MED]

Estudio das correntes de acción do músculo cardíaco e o método de obtención do rexistro gráfico. A electroxénese cardíaca vai ligada ás modificacións físicoquímicas que ocorren no tecido miocardíaco pola propagación da onda de excitación, que vai seguida dun proceso inverso que restablece as condicións de repouso. A electrocardiografía permite facer un exame da función do corazón, proporciona información sobre a posible existencia de patoloxías cardíacas, e é útil no diagnóstico e control das arritmias, do infarto de miocardio ou da anxina de peito.