electrocardiograma
electrocardiograma
(
s
m
[MED]
Rexistro gráfico que representa a actividade do músculo cardíaco. Obtense por medio do electrocardiógrafo, mediante electrodos situados sobre determinadas zonas da superficie corporal do paciente, principalmente nos brazos, nas pernas e no tórax. Consta dunha serie de ondas que se designan, de xeito sucesivo, coas letras P, Q, R, S, T e U, que representan cambios na polaridade das células das cavidades do corazón, aurículas e ventrículos. O electrocardiograma permite analizar e estudar a orixe dos latidos cardíacos, a frecuencia e o ritmo dos mesmos. Os cambios que se producen no patrón normal poden indicar irregularidades ou patoloxías. O primeiro electrocardiograma humano realizouse no ano 1887.