"RG" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2188.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Principado eclesiástico do Sacro Imperio, no círculo de Franconia. Estendíase polo alto val do Maine e polos vales baixo e medio do Regnitz, posesións que foron anexionadas pola sé exenta de Bamberg durante o s XIII. O principado foi secularizado e incorporado a Baviera no ano 1803.
-
PERSOEIRO
Político e economista. Foi deputado liberal no Reichstag (1871-1893) e colaborou con Bismarck no deseño da súa política económica; sen embargo, a partir de 1878 converteuse en crítico da súa política colonial e do seu intervencionismo económico. Escribiu diversos traballos teóricos sobre política monetaria que gozaron de moito prestixio.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Entidade bancaria con sede social en Bilbao nacida da fusión entre o Banco Bilbao Vizcaya e Argentaria (Corporación Bancaria Española), aprobada polos respectivos consellos administrativos o 19 de outubro de 1999.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Entidade gobernamental creada no 1407 e encargada de axuntar, administrar e procurar a amortización da débeda pública da República de Xénova, consolidada dende o s XIII en numerosas compere ou asociacións de acredores. Estas compere foron absorbidas a partir do 1407, nun proceso que durou a primeira metade do s XV, pola Casa de San Giorgio. Esta entidade absorbeu gran parte das rendas do estado, como o monopolio da sal e o dereito de aduanas e do porto, tanto da metrópole como das colonias. Ademais, a Casa exerceu funcións bancarias durante dous períodos: o primeiro entre 1408 e 1444 e o segundo a partir de 1586 ata a súa extinción, que tivo lugar no ano 1815. Mentres tivo actividades financeiras funcionou como unha banca de xiro e depósito, e só outorgaba préstamos aos arrendatarios das imposicións e ao goberno.
-
PERSOEIRO
Historiador e político. É autor dunha History of the United States (Historia dos EE UU, 1837-1874), en dous volumes, e doutras obras históricas. Foi secretario de Mariña (1845-1846) e fundador da escola naval de Anápole. Demócrata antiescravista, apoiou a Lincoln durante a Guerra de Secesión. Foi embaixador en Londres (1864-1849) e en Berlín (1867-1874).
VER O DETALLE DO TERMO -
REXIÓNS
Rexión de Bangladesh, no delta do Ganxes. Trátase dunha chaira formada por terreos aluviais e atravesada por numerosos ríos e canles que reciben as augas do Ganxes. Os principais núcleos urbanos son Barisāl, Patuākhāli e Vhālakāti.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escultor. Iniciouse como pintor no ano 1982; sen embargo, axiña se centrou na escultura. A mediados dos oitenta comezou a realizar intervencións na paisaxe, recollendo diversos obxectos que sacaba do seu contexto. Despois levou a cabo actuacións in situ das que soamente se conservan testemuños fotográficos. A pesar da utilización de materiais de desfeito, que o sitúan na beira da arte povera, a súa obra é fundamentalmente conceptual. A serie Gallegos (1987), malia a escaseza dos materiais utilizados e de ser debuxados polo azar, reflicte unha gran destreza. En 1989 na exposición Expolio (Santiago de Compostela) presentou un conxunto de obras con material descontextualizado que empregou para compoñer imaxes harmónicas e estéticas. En 1993 realiza unha obra marcada polo carácter poético, Little Bang. Nos últimos anos centrouse no estudo da arte e da súa consideración social e comercial, expresadas a partir dunha dose de ironía e de sentido crítico,...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Bailarina inglesa de orixe sudafricana. Comezou a bailar co Royal Ballet no 1965 e dende o 1970 foi a bailarina estrela. É unha intérprete exquisita do repertorio romántico, pero tamén demostrou a súa competencia no repertorio moderno.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político. Foi ministro de Obras Públicas e de Facenda, alcalde de Bogotá e embaixador no Reino Unido e nos EE UU. Líder do Partido Liberal, exerceu a Presidencia do país de 1986 a 1990.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Abarga.
-
Liñaxe natural de Mondoñedo. Relaciónanse tamén con esta caste os apelidos Barja e Abarga. As súas armas levan, en campo de azul, unha casa pequena co teito de palla.
-
-
-
Treito, dunha costa ou dun val, con maior pendente.
-
Arte de pesca que se emprega para a pesca da solla na desembocadura do río Miño.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Andrés García de la Barga.
-
VER O DETALLE DO TERMO
alado feito de vargos ou estacas.
-
PERSOEIRO
Escritor italiano, autor de Dialogo de ‘giuochi che nelle vegghie senesi si usano di fare (Diálogo de xogos que nas veladas sienesas se adoitan facer, 1572), interesante pola súa achega lingüística e etnográfica.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
alado construído con estacas sen labrar.
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Toledo, Castela-A Mancha, drenado polo Guadarrama (6.608 h [1996]). As principais actividades económicas son as agropecuarias, destacando os cultivos de cereais, oliveiras e vides, xunto á gandería ovina. A primeira referencia documental a Bargas remóntase á invasión musulmá (711). Nun texto datado en 1576 explícase como o emprazamento do núcleo se trasladou dende a beira do Guadarrama a un outeiro, por ser un lugar máis salubre.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Familia catalá procedente de Arenys de Mar asentada na ría de Arousa na segunda metade do s XVIII que se adicaba á salgazón do pescado.
-
PERSOEIRO
Compositor. Realizou estudios no conservatorio de Leipzig e, posteriormente, exerceu como profesor no conservatorio de Colonia e na Hochschule für Musik de Berlín. Mestre de capela en Rotterdam, compuxo, entre outras obras, as oberturas de Medea e Prometeo.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor e diplomático. Foi cónsul en Manila e Casablanca. Colaborou nos xornais de Tui La Novedad, Tuy Humorístico e La Opinión. Publicou traballos sobre Ibsen, Hauptman, D´Annunzio ou Suderman, traducións de diversos autores (Tolstoi, Maeterlinck ou Gorki) e a obra Luciérnagas (1900), entre outras.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Chanto para cerrar leiras.