"ROM" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1150.
-
PERSOEIRO
Paisaxista inglés. Coñecido como Old Crome para diferencialo do seu fillo John Bernay Crome (1794-1842), tamén pintor. Autodidacta de formación, recibiu as influencias de Hobbema, Gainsborough e Constable. Realizou unha pintura de fortes contrastes de luces e sombras. Entre as súas obras destacan Slate Quarries (Canteira de lousa, 1805?), Poringland Oak (A aciñeira de Poringland, 1818) e a serie Norfolk Picturesque Scenery (Paisaxes pintorescas de Norfolk, 1834). Fundou a Norwich Society of Artists (1803).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo de aliaxes do cromo empregado para fabricar resistencias eléctricas e material resistente á oxidación, á fatiga térmica e ás temperaturas altas. Destacan o cromel A, constituído por un 20% de cromo e un 80% de níquel, e o cromel C, constituído por un 16% de cromo, un 6% de níquel e un 24% de ferro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fase climática do interglacial Günz-Mindel que marca o inicio do Plistoceno medio.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao Cromeriano.
-
-
Que contén cromo(III), é dicir, cromo en estado de oxidación +3.
-
Ácido diprótico que se obtén segundo a reacción K 2 CrO 4 +H 2 SO 4 ⇋H 2 CrO 4 +K 2 SO 4 . Oxidante enérxico, emprégase moito na anodización do aluminio, na obtención de catalizadores e no cromado electrolítico.
-
Solución case saturada de dicromato de sodio ou de potasio en ácido sulfúrico concentrado. De propiedades oxidantes fortes e limpadoras, emprégase no laboratorio para lavar os obxectos de vidro.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que contén cromo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Información relativa á cor da luz analizada, nos sistemas de televisión en cor. Consta de dous compoñentes, o ton e a saturación, e é completamente independente do valor da luminancia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cromato de ferro(III), de fórmula FeCr2O4. Pertence ao grupo das espinelas e é de cor negra agrisada. Ten dureza 5,5 e densidade 5,1. Localízase como mineral accesorio nas rochas ígneas ultrabásicas. É o único mineral importante do que se extrae o cromo e emprégase como metal de aliaxe para aceiros e como material refractario.
-
-
Anión de fórmula CrO 2- que se pode considerar derivado do ácido cromoso por perda do hidróxeno.
-
Calquera sal do ácido cromoso.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Difusión do cromo na zona superficial dun metal base, que pode ser ferro, aceiro, níquel, cobalto ou molibdeno, para mellorar a súa resistencia á calor e á corrosión.
-
VER O DETALLE DO TERMO
círculo lítico.
-
PERSOEIRO
Dramaturgo belga. Iniciou a súa carreira aos catorce anos no Théâtre des Bouffes-Parisiens e destacou ao pouco tempo como un autor especializado no campo da traxicomedia e da farsa, ademais de realizar diversos traballos como director de escena. Entre as súas obras máis representativas cómpre salientar Nous n’irons plus au bois (1906), Le sculpteur de masques (1908), Le Marchand de regrets (1913), Le cocu magnifique (1921) ou Chaud et froid (1936).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
Elemento de transición metálico, de número atómico 24 e peso atómico 51,996, situado entre os elementos dos bloques s e p da táboa periódica. Normalmente actúa coas valencias +3 e +6, aínda que presenta un número considerable de graos de oxidación. Na codia terrestre localízase nun 0,02%. N. L. Vauquelin descubriuno en 1797, R. W. Bunsen illouno en 1854 e V. M. Goldschmidt obtívoo en estado puro en 1900. É un metal moi duro, de cor branca azulada, que resiste ben a calor e unha gran parte dos axentes químicos. Os seus minerais principais son a cromita (FeO·Cr 2 O 3 ou FeCr 2 O 4 ) e a crocoíta (PbCrO 4 ), menos abundante. A cromita redúcese a miúdo directamente polo carbono no forno eléctrico e obtéñense ferros coados (ferrocromos), moi ricos en cromos (ata un 70%), destinados á fabricación de aceiros especiais. Para obter compostos puros de cromo divídese finamente o mineral e despois quéntase a 900°C con cal mesturado...
-
carbonilo de cromo [Cr(CO) 6 ]
Principal composto do cromo. Obtense por acción do monóxido de carbono sobre unha suspensión de cloruro de cromo(III) no seo dunha solución de bromuro de fenilmagnesio. Emprégase para aumentar o índice de octano da gasolina.
-
cloruro de cromo(III) [CrCl 3 ]
Cristais hexagonais de cor violeta e insolubles en auga, obtidos pola acción do cloro sobre unha mestura de óxido crómico e carbono. Emprégase no cromado e como mordente na industria téxtil.
-
óxido de cromo [Cr 2 O 3 ]
erde de cromo que se obtén por reacción do cromato ou do dicromato de sodio con xofre. Emprégase como pigmento abrasivo, semicondutor e catalizador.
-
sulfato de cromo(III) [Cr 2 (SO 4 ) 3 ]
Sal de cromo que se obtén, en forma hidratada, por disolución do hidróxido crómico co ácido sulfúrico. Emprégase moito como mordente na industria téxtil e no proceso de cromado.
-
-
Adobo a base de sales de cromo, como o bicromato sódico ou potásico ou ben o sulfato ou o cloruro de óxido de cromo. Esta técnica desprazou en moitos campos o adobo vexetal, pola maior rapidez e porque dá peles máis lixeiras e suaves. A elevada resistencia á humidade e á tracción, e a flexibilidade resultante, fai que as peles adobadas por este sistema sexan especialmente aptas para calzado e correas de transmisión, entre outras aplicacións.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Reprodución en cores dunha figura baseada no emprego de varias pranchas litográficas, especialmente a estampa pequena de papel, cun debuxo ou fotografía, destinada a coleccións ou xogos infantís. OBS: Na linguaxe técnica adoita empregarse o termo cromolitografía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
e suf crom(a/ato/o)-.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Agregado formado por heterocromatina pertencente a distintos cromosomas, visible na interfase ao estar intensamente tinguido por colorantes básicos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Teoría cuántica das interaccións fortes, tamén coñecida como cromodinámica cuántica (QCD), na que os quarks cargados con cor intercambian gluóns. Presenta analoxías coa electrodinámica cuántica (QED), na que as partículas cargadas electricamente intercambian fotóns na interacción electromagnética.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ás algas caracterizadas pola presenza de plastos acastañados ou dourados, xa que son ricos en carotenos, e pola carencia de clorofila b.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente a un cromóforo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Agrupación atómica insaturada dunha molécula (cromóxeno) que absorbe radiación visible ou ultravioleta de forma selectiva. Son un exemplo os grupos azo, nitro e nitroso. Nos colorantes a cor vén determinada por unha estrutura cromofórica asociada a unha ou algunhas auxocrómicas, que forman unha combinación que absorbe radiación visible.