"Rei" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1485.

  • Romaría que se celebra o 23 de abril na parroquia de Cereixo, no concello da Estrada. A sona de milagreiro de san Xurxo converteuno en protector do gando e propiciou a venda de varas benditas, empregadas tradicionalmente para intentar sandar os animais domésticos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa románica situada en Vimianzo, construída na segunda metade do s XII. Consta dunha soa nave e ábsida rectangular cuberta con bóveda de canón. O arco triunfal, decorado con distintas molduras, descansa sobre dous pares de columnas con capiteis vexetais de clara vinculación co foco románico compostelán. No exterior da nave e da ábsida consérvanse un gran número de canzorros con figuras humanas e de animais. No tímpano da porta sur hai un relevo no que se representa a translatio do corpo do apóstolo Santiago a Galicia. É unha imaxe pouco frecuente no románico galego, xa que só se repite nunha moeda da época de Fernando II atopada no Grove.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Persoa que se dedica á actividade da cetrería.

    2. Persoa que cría e adestra as aves de presa para empregalas na cetrería.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REINOS

    Imperio situado en Ammán meridional entre os ss II e XIV, habitado polo pobo cham. Dende o s V foi vasalo de China. Baixo a ameaza dos vietnamitas do norte, que saquearon diversas veces Viraya, os chams retiráronse cara ás provincias meridionais e tiveron que combater esta vez contra os piratas xavaneses do Imperio Srivijaya (s IX). No s XII tentaron expandirse cara ao S, pero, malia ocupar Angkor durante certo tempo (1117), o rei khmer Jayavarman VII someteu o Reino de Champa (1203-1230). Os chams loitaron cos vietnamitas contra a invasión mongola (s XIII), pero a división entre eles determinou que a finais do s XIV o reino fora sometido polos vietnamitas e que permanecera como satélite dos vencedores. En 1471 foron ocupadas as últimas provincias, non obstante no s XVII aínda apareceu un rei cham, sen poder efectivo. Da súa arquitectura, destaca o mosteiro budista de Dông-düöng (finais do s IX).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte que serve de límite ás parroquias de Arbo e Cabeiras (concello de Arbo), Cerdeira (concello das Neves) e Luneda (concello da Cañiza). O seu cumio acada os 956 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que recolle chatarra ou comercia con ela. Ex: O chatarreiro queríanos levar o arado de ferro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor portugués. Formouse na Academia de Belas Artes de Lisboa xunto a António Manuel da Fonseca e Lúpi, ao que sucedeu como profesor de pintura histórica. Na súa obra, de tendencia romántica, domina a temática das naturezas mortas, sobre todo no que respecta á pintura de flores (Flores e froitos) e o retrato, onde a sobriedade e a expresividade son as constantes dunha obra que evolucionou cara ao realismo (Retrato de José Estevão, Retrato da Menina Amália de Sá). Foi vicepresidente da Academia das Artes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que fai ou vende churros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Antas de Ulla baixo a advocación de san Miguel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe que leva como armas, en campo de ouro, tres bodes de goles.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritora. Da súa produción destaca El cinturón traidor de Cuba y otros cuentos de invierno (1985), O vasalo da armadura de prata (1987), Arte de acecho (1990) e Feitura de lume (1994).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Árbore de 3 a 5 m de altura con follas elípticas, agudas e máis ou menos festonadas, de flores externamente rosadas ou purpúreas, en acios, e froitos moi grandes e oblongos en hesperidio coa pel endurecida, amarela, rugosa e aromática, e de polpa amarga. Orixinaria da India, o seu cultivo é moi antigo.

    2. abelleiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pequena caixa ou estoxo para gardar cigarros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que fai puros ou que os vende. Ex: Os cigarreiros están en folga e non acudiron á fábrica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lugar poboado de cimbros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cova do Rei Cintolo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos cipreidos.

    2. Gasterópodo mariño da familia dos cipreidos.

    3. Familia de moluscos gasterópodos mariños da subclase dos prosobranquios, que se caracterizan por ter a cuncha oviforme, coas voltas invisibles, e a abertura moi estreita, case como unha fenda, e carente de opérculo. Viven nos mares tropicais, acadan dimensións considerables e coñécense co nome de porcelanas. A esta familia pertence o caurí.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e funcionario público. Foi pintor de cámara de Isabel II. Destinado a Cuba, exerceu como contador de aduanas en Cárdenas e Sagua la Grande, como administrador en La Habana e como director do Banco de España. Reuniu unha importante colección de cunchas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Espacio dun bosque desprovisto de árbores.

    2. Espacio dun terreo sementado no que rarea ese cultivo. Ex: As patacas non naceron naquel clareiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Apelido de orixe toponímica. Os topónimos homónimos teñen significado abundancial xa que na súa orixe nomeaban lugares caracterizados por presentaren abundancia de cobras. Este apelido adoita aparecer castelanizado como Cobrero. A mesma orixe presenta a forma plural Cobreiros.

    VER O DETALLE DO TERMO