"Rus" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 386.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de plantas arbustivas, da familia das liliáceas, ao que pertence a xibarda.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Averroes.
-
CAPITAIS
Capital da provincia de Ruse, Bulgaria, situada á dereita do Danubio (162.128 h [2001]). É o porto fluvial máis importante do país e nó de comunicacións con Romanía.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia de Bulgaria (10.843 km2; 702.292 h [2001]). A súa capital é Ruse.
-
PERSOEIRO
Actor australiano. Formado en Londres e París, interpretou e dirixiu as súas propias montaxes. No cine, onde destacou, interpretou filmes como Starstruck (1981), Twelfth Night (1985), Shine (1995), pola que obtivo o Oscar ao mellor actor en 1997; Shakespeare in love (1998), Quills (2000), Pirates of the Caribbean (2003), The life and death of Peter Sellers (2004) e Candy (2005).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escultor. Traballou a madeira e realizou mascaróns de proa, ata que se especializou en retratos de busto e esculturas decorativas para a arquitectura. Destaca o George Washington da Independence Hall de Philadelphia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Formado na University of Cambridge, a súa primeira novela foi Grimus (1975). Con Midnight’s Children (1981, Premio Booker) conseguiu numerosos premios e recoñecementos. En 1983 publicou a novela Shame e unha compilación de impresións sobre a súa estadía en Nicaragua. En 1989, a súa novela The Satanic Verses desencadeou a protesta dos fundamentalistas musulmáns, e foi condenado a morte polo aiatolá Khomeynī, de Irán. A partir dese momento viviu agochado e publicou as novelas Haroum and the Sea of Stories (1990), unha obra aparentemente para mozos, chea de fantasía e dobre intención; e The Moor’s Last Sigh (1995); e os artigos políticos e ensaios literarios de Imaginary Homelands (1991). En 1998 o goberno iraniano derrogou o decreto oficial de persecución contra o escritor. Posteriormente publicou Fury (2001).
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado na parroquia de Abades (Baltar). O seu cumio acada os 1.104 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
ENTRADA LARGA
Estado que ocupa a maior parte de Europa Oriental, gran parte de Asia Central e a totalidade de Asia Setentrional (17.075.400 km2; 144.664.000 h [estim 2001]). Limita ao N co Océano Ártico, ao O, con Noruega, Finlandia, o Mar Báltico, Estonia, Letonia, Lituania, Bielorrusia, Ucraína e o Mar Negro, ao S, con Xeorxia, Acerbaixán, o Mar Caspio, Kazakhstán, Mongolia e China e ao L co Océano Pacífico. Forman parte dela o enclave de Kaliningrad, e tamén o arquipélago das illas Kuriles e a illa de Sakhalin, no Océano Pacífico e, no Océano Ártico, a illa de Nova Terra, os arquipélagos de Terra do Norte e de Nova Siberia. A súa capital é Moscova.
Xeografía físicaRelevo e xeoloxía
VER O DETALLE DO TERMO
No relevo de Rusia distínguense dúas zonas: as terras baixas e medias e as terras baixas afectadas polos pregamentos alpinos. As primeiras comprenden a metade oriental da gran chaira europea e a chaira siberiana. A chaira europea... -
VER O DETALLE DO TERMO
Bielorrusia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de rusificar ou de rusificarse.
-
-
Dar carácter ruso a algo ou a alguén.
-
Adquirir carácter ruso algo ou alguén.
-
-
PERSOEIRO
Escritor, pintor e coleccionista. Entre 1892 e 1899 celebrou as Festas Modernistas de Sitges. Publicou os seus primeiros libros de narracións en 1896, co título Anant pel món. A súa obra, de carácter costumista, trata o aburguesamento da sociedade catalá, que reflectiu na novela L’auca del senyor Esteve (1907), da que fixo unha adaptación teatral (1917). Como pintor foi discípulo de Tomás Moragas, e expuxo desde 1874. Nunha primeira etapa sentiuse atraído polo naturalismo. En 1891 estableceuse en Montmartre, onde ampliou os seus horizontes artísticos e recibiu multitude de influencias, sobre todo do simbolismo (La cuina del Moulin de la Galette, Lectura romàntica, Una Romança). En 1893 fixou o seu domicilio no Quai Bourbon de París e comezou a traballar de correspondente de La Vanguardia, crónicas que foron recollidas en Desde el Molino (1894) e Impresiones de arte (1897). A raíz da súa viaxe a Granada (1895) centrou...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Físico alemán. Estudou nas universidades de Múnic e de Berlín. Construíu o primeiro microscopio electrónico de laboratorio (1932), que foi comercializado a partir de 1939. Recibiu o Premio Nobel de Física (1986), compartido con G. Binnig e H. Roherer, polo desenvolvemento do microscopio de efecto túnel.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor e sociólogo. Educado nun ambiente puritano e autor dunha ampla obra escrita, levou a cabo unha intensa actividade política como reformador social e moralista, especialmente no estudo dos problemas sociais da civilización moderna. Destacou na teoría e na crítica da arte, e advertiu dos perigos da industrialización nunha clara aproximación ao socialismo. Da súa produción, de carácter impresionista, sobresae Modern Painters (1843), en que defende o paisaxismo de W. Turner; The Seven Lamps of the Architecture (1849) e The Stones of Venice (1851).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
Relativo ou pertencente a Rusia, aos seus habitantes ou á súa lingua.
-
Natural ou habitante de Rusia.
-
-
-
Relativo ou pertencente ao pobo ruso.
-
Individuo do pobo ruso.
-
Pobo normando de orixe escandinava, varegos, os cales, unha vez fusionados cos eslavos das terras do Volga, o Don e o Dniéper (s IX), organizaron os primeiros principados rusos de Kiev e de Novgorod. A designación ruso mantívose ata o s XVII, momento a partir do cal se comezou a falar dos grandes rusos (por oposición aos bielorrusos, chamados rusos brancos e aos pequenos rusos de Ucraína) para indicar os poboadores do N da Península Eurasiática. Os rusos constitúen a gran maioría dentro da Federación Rusa. En Siberia representan o 90% da poboación actual. Cara ao sur, atópanse rusos ata os Urais do sur e o delta do Volga. A súa ocupación principal foi, desde os seus principios, a agricultura. A casa labrega, normalmente de madeira, era construída no nivel da terra, sobre todo na estepa, a altura era baixa e o teito redondo. A arte popular antiga (cerámica, prata, bordados, traballos de madeira) aínda está viva, e consérvanse moitos dos costumes populares tradicionais, sobre todo a danza...
-
-
Lingua eslava do phylum indoeuropeo. Na evolución do ruso distínguense tres períodos (antigo, medio e moderno). O ruso antigo (ss XI-XV) é unha etapa común a todos os eslavos do L -ruso, bielorruso ou ucraíno-. A orixe do ruso literario identifícase coa creación da lingua eclesiástica (antigo eslavo ou eslavón). O feito de que a lingua eclesiástica fose comprendida polos fieis permitiu, por unha banda, a influencia da literatura oral e da lingua falada na Igrexa -coa formación conseguinte da versión rusa do antigo eslavo ou eslavo eclesiástico- e, por outra, o enriquecemento da lingua escrita civil “práctica”. O ruso medio (ss XVI-XVII) é un período de grandes mesturas de estilos. Comezou a formarse a variante moscovita da lingua literaria oficial, que se converteu, co tempo, na norma xeral rusa. O ruso moderno comezou no s XVIII. Desde a primeira metade do s XIX, grazas, especialmente, a A. S. Puškin, M. J. Lermontov e N. V. Gogol’, realizouse a asimilación...
-
Arte propia do pobo ruso. A arte propiamente rusa comeza tras a adopción do cristianismo pola Rusia de Kiev (988), arte que aínda hai que considerar unha modalidade da arte bizantina. En Kiev destacan a catedral de Santa Sofía (1017-1037), e en Novgorod, as igrexas de Santa Sofía (1045-1052) e de San Nicolao (1113). As igrexas do principado de Suzdal caracterízanse por unha rica ornamentación escultórica, contraria ao espíritu bizantino. En pintura cómpre mencionar as primitivas iconas de Vladimir e de Suzdal e a decoración de manuscritos. As invasións tártaras (s XIII) paralizaron a evolución artística ata a formación do estado ruso centrado en Moscova (ss XV-XVI), momento en que se edificaron monumentos relixiosos e civís nas principais cidades (Pskov, Novgorod e Moscova) e xurdiron escolas iconográficas. Iván III fixo vir arquitectos renacentistas italianos, mentres que se ergueron as primeiras construcións ruso-bizantinas. Destacan, no Kremlin de Moscova, a catedral da Dormición (1475),...
-
Cine producido en Rusia. En 1896 un operador francés filmou a coroación do Tsar Nicolao II, e xa o mesmo ano se rodaron diversas curtametraxes. A guerra ruso-xaponesa deu pé á filmación de notables escenas bélicas, pero a produción nacional non comezou seriamente ata que o fotógrafo A. Drankov creou os primeiros estudios e filmou fragmentos de Boris Godunov, de Puškin. Non obstante, o primeiro filme destacado foi Stenka Razin (1908), de V. Romaškov. A temática inspirouse, en xeral, en narracións clásicas e na historia nacional. Máis adiante recibiu as influencias da literatura contemporánea, con predominio do drama psicolóxico, fortemente sensual. A Primeira Guerra Mundial forneceu o cine dunha temática bélica e patriótica abundantísima, pero de escasa calidade. Só dous nomes destacan deste período: J. Protazanov e E. Bauer, cunha notable influencia posterior. A revolución bolxevique cambiou a orientación da produción cinematográfica, que foi nacionalizada en 1919, e a...
-
...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conflitos armados que tiveron lugar ao longo dos ss XVII-XIX, que reflectiron a decadencia do Imperio Otomán e unha extensión progresiva das fronteiras rusas. A máis importante foi a iniciada en 1877, cando os turcos romperon o armisticio imposto polo Tsar Alexandre II ao final da Guerra Serboturca de 1876. Mentres os exércitos rusos emprendían a conquista de Armenia, un grande exército aliado composto por 250.000 soldados rusos e 60.000 romaneses envolveu as forzas turcas ás ordes de Abdülkerim. Detidos no seu avance pola resistencia dos turcos en Pleven, os rusos, comandados por Gurko, derrotaron os turcos e chegaron ás portas de Constantinopla. O Tratado de San Stefano (1878) consagrou o proxecto ruso de crear un grande estado búlgaro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conflito armado que se desenvolveu en Manchuria (1904-1905), provocado pola oposición dos intereses rusos e xaponeses en Asia oriental. O imperio xaponés decidiu intervir contra Rusia cando esta se instalou en Liaodong. A escuadra xaponesa atacou Port Arthur (1904) e asegurou o dominio marítimo da zona. As forzas xaponesas desembarcaron en Corea e ocuparon Seúl, atravesaron o Yalu e apoderáronse do porto de Dalian. En 1905 produciuse a Batalla de Shenyang e a destrución da armada rusa do Báltico en Tsushima. A guerra rematou coa vitoria de Xapón e coa sinatura do Tratado de Portsmouth (1905).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen simpatiza con Rusia e cos rusos.
-
PERSOEIRO
Filósofo, lóxico e pacifista británico. A súa primeira obra destacada, Principia Mathematica (1910-1913), teoría do tipo, deu resposta á grave crise de fundamentos que afectaba á teoría de conxuntos. O seu pensamento é coñecido co nome de atomismo lóxico. En filosofía moral e social tratou as contradicións entre o individuo e o socialismo, liberdade e orde, progresismo e pesimismo, mantendo actitudes próximas ao emotivismo en ética e socializantes en materia política. Oposto á carreira de armamento nuclear e á violencia, foi presidente do tribunal que xulgou os crimes de guerra de Vietnam. Da súa produción destacan The Analysis of Mind (1921), The Analysis of Matter (1927), Education and the Social Order (1932), Freedon versus Organization: 1814-1914 (1934), Inquiry into Meaning and Truth (1940), Physics and Experience (1945), Human Knowledge (1948), Logic and Knowledge (1956) e My Philosophical Development...
VER O DETALLE DO TERMO