"To" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 13838.
-
VER O DETALLE DO TERMO
(s III-IV) Na tradición cristiá, foi un oficial romano que recibiu orde do Emperador Maximiano de presidir en Nicomedia (Turquía) os martirios dos cristiáns. Impresionado da carraxe desta xente ante os tormentos sufridos, converteuse á fe cristiá e fíxose bautizar. Prendérono e levárono á cadea, onde sufriu moitas torturas ata morrer decapitado. Na mitoloxía galega, Adrián predicaba polas comarcas marítimas occidentais, daquela atestadas de serpes. Nunha destas, deu un forte golpe co pé no chan e abriu un burato polo que desapareceron todas as cobras, quedando encantadas baixo unha laxa (a Pedra da Serpe de Gondomil-Corme, tamén chamada Altar de Gondomil) na que apareceu esculpido un daqueles grandes ofidios. Outra lenda comarcal di que librou os habitantes dun tributo de nenos que a gran serpe esixía anualmente. Adrián, patrón de canteiros, mariñeiros e soldados, é dos santos máis antigos no culto hispánico (s VII). En Malpica ten unha ermida fronte ás Illas Sisargas...
-
VER O DETALLE DO TERMO
de adscribir.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Lingua que determina unha influencia parcial sobre outra lingua veciña ou sobre un dialecto, feito que se explica por un período de convivencia das dúas linguas nun mesmo territorio.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á adulación, que serve para adular.
-
-
Despois da adolescencia.
-
Dise do organismo totalmente desenvolvido e que pode reproducirse.
-
Aquela cousa que chegou á súa madurez ou perfección.
-
-
-
Queimado con lume ou abrasado.
-
De xenio seco, pouco dado a rir.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Dise da asociación ilimitada de dúas moléculas na que unha molécula dun compoñente é enteiramente ou parcialmente incluída dentro dunha rede cristalina da outra. Os máis coñecidos son os chamados clatratos.
-
-
Que produce adución.
-
Dise dos músculos que nos moluscos bivalvos aseguran o peche das valvas.
-
-
-
Chegada dun acontecemento ou época, especialmente se se trata da ascensión ao trono dun Rei ou dun Papa.
-
Tempo litúrxico que precede ao Nadal. A primeira referencia a este período no Cristianismo occidental é do s VI. O advento ten unha duración variable: nas Igrexas Católica e Anglicana comeza catro domingos antes; na antiga liturxia visigótica tiña seis semanas. En Oriente non hai propiamente un advento, pero si uns domingos que preceden ao Nadal. O primeiro domingo de advento é tamén o día en que comeza o ano eclesiástico. O advento ten un ton penitencial semellante ao da Coresma, pero menos severo. Este período obsérvase como preparación do Nadal e para preparar o sentido litúrxico da segunda vinda de Xesucristo.
-
Coroa feita de pólas de abeto con catro velas que se colgan ou se colocan sobre unha táboa durante o período de advento. É un costume alemán que se popularizou noutros países da Europa occidental e nórdica despois da Primeira Guerra Mundial.
-
-
-
Que vai ou está unido a algunha cousa.
-
Que ou quen comparte como auxiliar doutro unha tarefa, unha función, un servizo ou cousa semellante.
-
Dise da palabra ou das palabras que van con elementos esenciais da proposición.
-
Documento envíado cos correos electrónicos e que é independente do contido dos mesmos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Propliopithecus.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome dado á colonia romana de Xerusalén en honor de Publio Elio Adriano no 130 d C. Logo da revolta de Bar Kokhba (132-135), aos xudeus quedoulles prohibido volver entrar alí.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Deformación ou torsión pasaxeira das ás e outras partes do avión cando voa a grandes velocidades.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conduto respiratorio de determinados animais acuáticos, por onde circula o aire que captan da auga.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fotografía tomada dende un avión ou outro vehículo aéreo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Meteorito de carácter pétreo, orixinado pola fragmentación dun bólido ao penetrar na atmosfera. Distínguese dos sideritos e dos siderólitos pola pouca cantidade de ferro e de níquel que contén.
-
-
Motor destinado a propulsar aeronaves.
-
Motor que transforma a enerxía cinética do vento en enerxía mecánica utilizable. Están constituídos por un rotor que xira impulsado polo vento, sobre un eixe horizontal ou vertical. Empréganse para a elevación de auga, no muíño de vento, ou para a produción de electricidade, no aeroxenerador.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome dun avión civil ou de guerra (Concorde, Antonov), aeroplano, portaavións (Príncipe de Asturias), globo e similares.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de microorganismos ou elementos orgánicos (como esporas, pole, formas de resistencia de bacterias, etc) que flotan no aire e son transportados polo vento.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aeródromo provisto de instalacións e servicios permanentes que asisten con regularidade o tránsito aéreo e que permiten o aparcamento, o mantemento e a reparación das aeronaves, como tamén o embarque e o desembarque de pasaxeiros e de carga. A transformación do aeródromo en aeroporto prodúcese coa instauración das liñas aéreas regulares, pouco tempo despois da Primeira Guerra Mundial. O tipo de tránsito que debe ser atendido por un aeroporto é o que determina as características. Así as liñas aéreas de categoría local (300-800 Km) empregan avións que requiren pistas duns 1.100-1.500 m de lonxitude e de 10-15 t de resistencia máxima por roda, mentres que as grandes liñas intercontinentais empregan aparatos que requiren pistas duns 2.200-4.000 m de lonxitude e de 45 t de resistencia. Por outro lado, a diferenza cualitativa entre un aeroporto local e un internacional está non soamente nas pistas, senón nos servicios de navegación aérea, de mantemento e de reparación das aeronaves e na infraestrutura...