"Uri" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 983.
-
PERSOEIRO
Escritor. Foi correspondente de guerra e ministro de Cultura (1973-1974). Da súa produción destaca Les grandes familles (As grandes familias, Premio Goncourt 1948), Rendez-vous aux enfers (Cita nos infernos, 1951) e Le pouvoir (O poder, 1965). Tamén publicou Rois maudits (Os reis malditos), unha historia novelada dos Valois. Membro da Académie Française dende 1966.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Novelista. É autora de novelas melodramáticas, como Rebeca (1938), adaptada en 1940 ao cine por Hitchcock.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Físico e filósofo. Investigou sobre a historia da ciencia e da cosmoloxía, baseándose sempre nas concepcións filosóficas de tipo positivista. Segundo el, calquera teoría física é un sistema de proposicións matemáticas deducidas a partir dun pequeno número de principios, que teñen por obxectivo representar, da forma máis simple, completa e exacta posible, un conxunto de leis experimentais.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Charles François du Périer.
-
PERSOEIRO
Político e avogado canadense. Foi xefe do Partido Conservador da provincia de Québec (1933-1935) e fundou a Union Nationale, partido co que foi primeiro ministro do goberno da provincia (1936-1939 e 1944-1959). Defendeu unha actitude autonomista fronte ao goberno de Ottawa.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente ao Douro, en Portugal.
-
Natural ou habitante da rexión do Douro, en Portugal.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Formación vexetal durilignosa constituída por arbustos e matogueiras de follas duras, típicas da rexión mediterránea do S de Europa, como o maquis ou a garriga, de África do S, do centro e sur de Australia ou en diversas zonas de América, como California e os Andes de Perú e Bolivia, onde recibe a denominación de chaparral.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Formación vexetal, de carácter continental, na que predominan especies graminoides de follas ríxidas de medra periódica, que se presenta como praderías de estepa típicas da sabana africana, da caatinga brasileira, da pampa arxentina, da pusta húngara ou das praderías de Australia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Formación vexetal, típica de áreas con clima mediterráneo, caracterizada por presentar especies leñosas de follas perennes. Distínguense os subtipos durisilva e durifruticeta.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome popular da moeda española de medio escudo de ouro, cuñada nos ss XVIII e XIX, e que equivalía ao duro de prata.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de árbores tropicais da familia das bombacáceas, que se coñecen co nome de durións.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Árbore tropical do xénero Durio, da familia das bombacáceas. Posúe follas cun tomento dourado no reverso, e flores de cor branca ou amarela. Apréciase tanto polos seus froitos comestibles -de polpa manteigosa, de sabor exquisito, doce e lixeiramente balsámico, pero de cheiro forte e desagradable-, como pola súa madeira. Distribúese por Tailandia, Laos, Vietnam, Camboxa e Indomalaisia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
duriherbosa.
-
PERSOEIRO
Pintor. Decorou vasos de figuras vermellas con motivos moi variados, entre os que se atopan os mitolóxicos e escenas da vida cotiá. Destaca o vaso Eos e Memnon.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Formación vexetal durilignosa constituída por bosques esclerófilos que, en Europa e América pertencen ao xénero Quercus, como as aciñeiras e as sobreiras, e en Australia ao xénero Eucalyptus.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Compoñente mate que se distingue na análise microscópica da hulla.
-
PERSOEIRO
Escultor, ceramista e ourive. Coñecido como Paco Durrio, formouse na Escuela de Artes y Oficios de Bilbao. En 1888 estableceuse en París onde coñeceu, entre outros, a P. Gauguin e P. Picasso. A súa obra, influenciada polo simbolismo e, particularmente, por O. Redon e Gauguin, revelou un protoexpresionismo que serviu de transición entre a escultura de Rodin e a de Maillol. Participou, entre outras mostras, no Salon du Montparnasse (1923). Das súas obras destaca o Monumento a Crisóstomo Arriaga (Bilbao, 1906-1932).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar e político brasileiro. Foi ministro da Guerra (1936-1945). Accedeu á presidencia da República en 1946 e no seu mandato redactouse unha nova constitución, a cuarta, que foi aprobada en setembro de 1946, pero que conservou a estrutura sindical corporativa e reprimiu as forzas obreiras independentes. No verán de 1947 tivo lugar a Conferencia Internacional para o Mantemento da Paz e a Seguridade de Petrópolis. Unha disposición do tratado estipulaba a defensa recíproca dos asinantes no caso dunha agresión armada directa contra calquera das nacións asinantes do tratado. En outubro de 1947, desatada a Guerra Fría, rachou as relacións coa URSS e, poucos meses despois, ilegalizou o Partido Comunista e expulsou os comunistas que ocupaban escanos no Parlamento (1948).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Politicólogo e sociólogo francés. Profesor de socioloxía política na Universidade da París desde 1955. Aplicou o enfoque sociolóxico á análise dos temas constitucionais e está considerado como o introdutor dos conceptos micropolítica e macropolítica no ámbito da ciencia política. Colaborou en Le Monde, Le Point e Le Nouvel Observateur. Escribiu, entre outras obras, Les partis politiques (Os partidos políticos, 1951), Sociologie politique (Socioloxía política, 1966), Institutions politiques et droit constitutionnel (Institucións políticas e dereito constitucional, 1970) e L’Europe dans tous ses états (Europa en todos os seus estados, 1995).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político eslovaco. Licenciado en Economía do Tráfico Ferroviario (1979), traballou no Instituto do Tráfico Ferroviario de Zilina (1979-1990). Foi viceministro económico no ministerio de Tráfico e Comunicacións (1991-1992) e, trala creación de Eslovaquia como Estado independente, foi ministro de Tráfico, Comunicacións e Obras Públicas (1994). Deputado dende 1922 polo Krestansko Demokratické Hnutie (KDH), converteuse no seu vicepresidente en 1994. En 1997 impulsou a creación da coalición Slovesnká Demockratická Koalícia (SDK), da que foi elixido presidente en 1998. Tralas eleccións de setembro de 1998 formou unha coalición contra V. Meciar e acadou o cargo de primeiro ministro. Durante o seu mandato ampliou os dereitos das minorías nacionais, abriu o país aos investimentos estranxeiros, apoiou os bombardeos da OTAN sobre Kosovo e conseguiu que Eslovaquia fose aceptada como unha das candidatas a ingresar na Unión Europea. En setembro de 1999 regresou á súa militancia no KDH, aínda que mantivo...
VER O DETALLE DO TERMO