"atü" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 368.

  • Título outorgado por Carlos II en 1688, co vizcondado previo de Cerdido, a Pedro Álvarez de Reinoso e Andrade, Gayoso e Feijoo , alguacil maior e rexedor perpetuo de Ourense e señor de San Sadurniño, Cerdido e Somozas. Sucedeuno a súa filla, María Rosa Álvarez Reinoso de Argiz Pardo de Andrade e Figueroa , II marquesa de San Saturnino, sucedida polo seu fillo Xosé Xacinto de Quindós Andrade e Figueroa , III marqués de San Saturnino. Os seus sucesores foron Xosé Xavier de Quindós e Pardo de Andrade , IV marqués de San Saturnino, Xosé María de Quindós Quiroga Pardo e Freire de Andrade , V marqués de San Saturnino, Xosé Mariano de Quindós Tejada , VI marqués de San Saturnino, e María de la Natividad Quindós Villarroel (?-1953), VII marquesa de San Saturnino, que morreu sen fillos. O título rehabilitouse en 1955 con Alfredo Moreno Uribe (?-1981), VIII...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parque Natural situado no NO da provincia de Zamora, moi cerca do límite coa provincia de Ourense. Trátase dunha área de montaña con abundantes vales e lagoas de orixe glaciaria. Conta cunha extensión de 5.027 ha, das que 368 corresponden ao lago de Sanabria, o maior de orixe glaciaria de España. A depresión que se asenta sobre materias precámbricos pechouse debido á formación dunha morena. Está percorrido polo río Tera, que nace na vertente S de Pena Trevinca, a 2.127 m de altitude nun antigo glaciar. Predominan os prados alpinos, os bosques de ribeira e de carballos cerquiños, acivros e teixos, e a matogueira de queiroas que configuran un conxunto no que hai unhas 1.500 especies vexetais. Da fauna destacan o corzo, o lobo, o xabaril, a londra, a aguia real, o falcón, a lagarta galega, a víbora de Seoane, a troita e o barbo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do judeţ de Satu Mare, Romanía, situada na ribeira do Someş, próximo ás fronteiras de Ucraína e Hungría (130.072 h [estim 1999]). Ten industrias de fabricación de mobles, aparatos eléctricos e alimentarias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Judeţ de Romanía (4.418 km2; 367.281 h [2002]). A súa capital é Satu Mare.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Changwat de Tailandia (2.479 km2; 230.563 h [estim 1992]). A capital é Satun (20.296 h [estim 1992]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero dramático romano relacionado, segundo Livio, coas formas de danza con acompañamento de frautas de óso, creadas en Etruria para a celebración dos xogos romanos de 364 a C.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de saturable.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que pode ser saturado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de saturar ou saturarse.

    2. Situación dos mercados cun forte exceso de oferta, normalmente temporal, dunha mercadoría e que indica sobreprodución.

    3. Estado de condución, nun dispositivo electrónico (tubo, transistor), que se caracteriza pola caída de tensión pequena e case constante, independentemente da corrente, que debe ser limitada por un circuíto exterior.

    4. Estado ou situación, nun amplificador, en que o sinal de saída é inferior ao que lle correspondería de acordo co de entrada, polo feito de ser este moi superior ao previsto como normal polo aparato. Produce sempre distorsión na saída.

    5. Situación que se presenta cando un recipiente contén un vapor en equilibrio coa fase líquida da mesma substancia.

    6. Estado dun conxunto de axiomas ao que non se lle pode engadir ningún axioma máis sen chegar a unha contradición.

    7. Índice que permite clasificar as rochas magmáticas en función da súa proporción relativa de sílice.

    8. Estado en que se atopa unha substancia ferromagnética situada nun campo magnético elevado, caracterizado polo feito de que a indución magnética toma un valor máximo que é aproximadamente constante independentemente da intensidade do campo magnético.

    9. Zona, nos terreos permeables, onde todos os intersticios e todas as cavidades se enchen de auga e que, polo tanto, contén a capa freática.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de saturar ou saturarse.

    2. Que presenta saturación.

    3. Aplícase á solución en que, a unha temperatura dada, o soluto se atopa en equilibrio coa substancia non disolta.

    4. Aplícase aos compostos que conteñen a máxima cantidade de hidróxeno ou elementos equivalentes nas súas estruturas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que satura.

    2. Aparato que se emprega para disolver un gas nun líquido na máxima proporción posible.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Encher algo por completo.

    2. Esgotar a capacidade de absorción dun corpo ou substancia ao impregnala doutra na máxima proporción posible.

    3. Facer funcionar algo ata o límite da súa capacidade.

    4. Encherse algo por completo.

    5. Esgotarse a capacidade de absorción de algo ao impregnarse doutra cousa.

    6. Realizar algunha actividade ata non poder máis ou fartarse de algo. OBS: Emprégase seguido da preposición de.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de plantas herbáceas anuais ou perennes, da familia das lamiáceas, con talos subleñosos, follas coriáceas, lineais e estreitamente lanceoladas, marxes ciliadas, e flores brancas, rosadas ou purpúreas dispostas en verticilastros. Son propias das rexións áridas e mediterráneas de Europa Meridional.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao deus Saturno.

      1. Festividades relixiosas (saturnalia) da Roma antiga, de carácter popular, que se celebraban anualmente no templo de Augusto na honra de Saturno, a partir do 17 de decembro. Adoitaban durar tres días, marcados polo entusiasmo e desenfreo dos participantes.

      2. Festa ou orxía onde se liberan as paixóns.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao planeta Saturno.

    2. Persoa nacida baixo a influencia do planeta Saturno.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos satúrnidos.

    2. Insecto da familia dos satúrnidos.

    3. Familia de insectos, da orde dos lepidópteros, que inclúe bolboretas de gran tamaño (envergadura alar de ata 25 cm), de corpo peludo con espiritrompa reducida ou sen ela, ocelos moi visibles sobre as ás amplas e antenas bipectinadas. Algúns tecen casulos de seda. Son de costumes nocturnos e a maioría viven nos países tropicais, malia que son cosmopolitas. Os xéneros máis coñecidos son Saturnia, Attacus e Graellsia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao chumbo.

    2. Aplícase ás intoxicacións producidas por chumbo.

    3. Que é melancólico e taciturno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Intoxicación aguda ou crónica producida polo chumbo ou polos seus compostos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Nome dado polos alquimistas ao chumbo.

    2. acetato de chumbo.

    VER O DETALLE DO TERMO