"bat" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 561.

  • PERSOEIRO

    Pintor e decorador. Traballou como pintor en Roma ata que en 1756 se instalou en Londres, onde realizou a decoración de numerosos edificios. Foi profesor e un dos fundadores da Royal Academy.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Economista norteamericano. Participou na fundación da American Economic Association en 1885 e foi o seu presidente entre 1893 e 1895. Destacou pola elaboración da súa teoría do marxinalismo, por medio da que tentou resolver a distribución da renda partindo da base (os donos dos medios de produción, o traballo, o capital e a terra). Separou a teoría económica en estática e dinámica e refutou as teorías marxistas, xa que coa súa nova formulación cría resoltos os problemas da distribución presentados polos clásicos. Foi editor da publicación trimestral Political Science (1895-1911). Na súa obra Philosophy of Wealth (Filosofía da riqueza, 1886) afirmou que o home estaba máis motivado pola sociedade ca polos seus intereses persoais. Publicou, ademais, The Distribution of Wealth (Distribución da riqueza, 1899) e A Tender of Peace (Unha proposición de paz, 1935).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Combate lendario de Ramiro I de Asturias contra ‘Abd al-Ra ḥ mān III celebrado no ano 859 en La Rioja. A lenda narra o enfrontamento que xurdiu pola reclamación de ‘Abd al-Ra ḥ mān a Ramiro I do pagamento das 100 doncelas prometido por Mauregato. Ramiro negouse e, deste xeito, iniciouse a guerra. Derrotados os cristiáns no primeiro enfrontamento, esa noite Ramiro soñou que o Apóstolo Santiago o incitaba a que presentase batalla ao día seguinte e afirmou que se presentaría nun cabalo branco e cunha bandeira da mesma cor para axudalo. O éxito da campaña fixo que, dende aquela, os exércitos cristiáns entrasen en combate berrando “Santiago y cierra España”. A lenda naceu confundindo esta suposta batalla coa de Albelda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción de planta cuadrangular, situada en Sobrado (A Pobra de Trives). Unha solaina percorre o lado sur do edificio que acolle, no seu interior, un oratorio visible no exterior por medio dunha espadana. Na capela, aparece unha inscrición nun lintel que recolle a data e o nome do fundador da mesma: Suárez de Puga, cabaleiro da Real Orde de Carlos III en 1847. Cómpre destacar a decoración dos muros con motivos, como columnas, arcos e outros elementos decorativos. Conserva un pombal de planta rectangular.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de Tamil Nadu, India (816.321 h [1991]). É un importante núcleo industrial, especialmente téxtil (algodón) e alimentario. Ata o s IX foi un territorio autónomo. Pola súa situación, na entrada do país do Palghat, foi ocupada tres veces polos británicos (1768, 1783 e 1790) ata que lla cederon en 1799.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Acción de combater.

      2. Acción de guerra na que un exército ou un grupo de soldados se enfronta con armas a outro inimigo para vencelo. Desenvólvese en fases sucesivas e a decisiva é o asalto. Unha batalla componse dun conxunto de combates particulares.

      3. Enfrontamento corpo a corpo entre dúas persoas, especialmente nun deporte.

    1. Conflito no que se opoñen forzas ou persoas de forma non violenta.

    2. Loita do ánimo ou do pensamento dunha persoa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Periódico de ideoloxía republicana aparecido en abril de 1899 en Pontevedra e que cesou a súa edición en 1900. Tiña periodicidade bisemanal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SEMANARIOS

    Semanario republicano en castelán editado na Coruña entre 1901 e 1903. Abranguía un total de catro páxinas, a última con publicidade. Á parte dos artigos asinados por coñecidos políticos republicanos como Joaquín Costa, Pi y Margall, A. Lerroux ou Castelar, incluía outros artigos de escritores como Antón Villar Ponte, Vicente Blasco Ibáñez ou Émile Zola. Colaboraron tamén Fernando Halcón, Alfredo Calderón, Emilio Menéndez Pallarés, Rodríguez de la Hermida, Manuel Sánchez Roel ou Víctor Oscáriz. Era unha publicación de marcado carácter político e na maior parte dos seus números trataba acontecementos da vida política galega e nacional.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación que se editou na vila de Caldas de Reis no ano 1910.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SEMANARIOS

    Semanario de carácter obreirista, editado en Vigo na segunda metade do ano 1919. Dirixiuno o propagandista libertario David Díaz, expulsado de EE UU e Cuba.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación de periodicidade semanal fundada e dirixida en Monforte de Lemos por Jesús Ramos Rodríguez. De curta vida, apareceu e desapareceu a finais de 1934. Á parte das colaboracións de Leandro Carré, só aparecen dous apuntamentos en galego: un poema de Xermán Vázquez dedicado a Castelao e Bóveda, e outro, tamén en galego e de corte intimista, de Anuncia Lorenzo Abella.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen combate.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ou quen combate, referido especialmente a un soldado, individuo civil, comunidade ou país.

    2. Ave limícola que acada unha lonxitude no caso dos machos de 28 cm e no das femias de 23 cm. Son animais grosos, de cabeza angulosa, peteiro recto e postura ergueita, coas partes superiores cun deseño no que as plumas semellan escamas. En época nupcial os machos presentan unhas plumas grandes e vistosas na cabeza, no pescozo e no peito. É unha especie de distribución paleártica que aniña na tundra euroasiática e aparece en Galicia no inverno e na época de paso, na súa viaxe cara a África, en zonas húmidas do interior e da costa.

    3. Aplícase a cada un dos dous animais rampantes e enfrontados.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Manter unha loita con alguén. OBS: Constrúese xeralmente coas preposicións con, contra e por.

    2. Loitar contra alguén, especialmente un grupo ou un exército.

    3. Facer que algo que se considera prexudicial ou daniño diminúa a súa intensidade ou efecto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que se pode combater.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Predisposición para a loita.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao combate.

    2. Disposto a loitar pola defensa das súas ideas e dos seus intereses e atacar os contrarios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Enxeñeiro. Estudiou Enxeñería de Camiños en Madrid, e ocupou, en 1866, a praza de enxeñeiro auxiliar no estaleiro da Mariña en Ferrol e de profesor de Física e Xeometría na Maestranza. Na cidade departamental desenvolveu unha notable actividade social e cultural. Como enxeñeiro destaca pola proxección e dirección da construción do dique da Campá do Arsenal ferrolano, rematado en 1879, a obra de enxeñería máis importante do século XIX en Galicia. Nomeado xefe do estaleiro, realizou as primeiras experiencias telefónicas coa instalación das liñas para comunicar o arsenal e a capitanía. Participou en congresos científicos internacionais e publicou, entre outras obras, Curso práctico de construción naval (1868), texto que obtivo unha medalla na Exposición maritíma de Barcelona, e Los castillos feudales de Moeche, Narahío y Andrade (1903).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que comproba ou serve para comprobar.

    2. Conxunto de aparatos (tacómetro, voltímetro, manómetro, oscilógrafo, etc) dispostos nunha mesma instalación, que permiten comprobar as diferentes partes do motor sen ter que desmontar cada elemento. Pódese comprobar o número de revolucións por minuto, a presión da bomba de carburante, a compresión nos cilindros, os diferentes elementos da instalación eléctrica, o avance do acendido, o contido do CO nos gases de escape, etc.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción realizada pola artillería propia que consiste en facer fogo contra a inimiga para conseguir anulala ou diminuírlle a súa capacidade de actuación.

    VER O DETALLE DO TERMO