combate
(< combater)
-
s
m
-
Acción de combater.
Ex: O combate contra a enfermidade durou moito tempo.
-
Acción de guerra na que un exército ou un grupo de soldados se enfronta con armas a outro inimigo para vencelo. Desenvólvese en fases sucesivas e a decisiva é o asalto. Unha batalla componse dun conxunto de combates particulares.
Sinónimos: lide. -
Enfrontamento corpo a corpo entre dúas persoas, especialmente nun deporte.
Ex: Imos asistir a un combate de pesos pesados no pavillón.
Sinónimos: lide.
-
-
s
m
Conflito no que se opoñen forzas ou persoas de forma non violenta.
Ex: O noso partido saíu vencedor do combate parlamentario.
-
s
m
Loita do ánimo ou do pensamento dunha persoa.
Ex: Despois dun duro combate interior rompeu lazos coa comunidade relixiosa.
Frases feitas
-
Fóra de combate. 1 Sen posibilidade de seguir combatendo.
-
2 Sen forzas para facer ningunha tarefa.