"AND" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3994.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo masculino que procede do nome grego Níkandros ‘home vitorioso’, ‘varón vencedor’), de níke ‘vitoria’ e anér, andrós ‘home’. A súa festividade celébrase o 4 de novembro (bispo de Ermeo e mártir) e o 15 de marzo, 17 de xuño ou 7 de novembro (mártir).
-
PERSOEIRO
Poeta grego. O ámbito das súas obras é moi diverso e comprende épica mitolóxica, historia e xeografía. Consérvanse dous poemas didascálicos, Theriaka e Alexipharmaka.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
(s IV) Mártir. Foi perseguido durante o mandato do Emperador Galerio (305-311) e morreu martirizado. A súa festividade celébrase o 4 ou o 7 de novembro.
-
PERSOEIRO
Papa (858-867). Interveu na controversia do patriarcado de Constantinopla e enfrontouse con Lotario I, que esixía o divorcio de Teuberga. A súa festividade celébrase o 13 de novembro.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Relixioso franciscano. Colaborou en El Eco Franciscano cos pseudónimos de Querubín e Amacialbene, e foi premiado nos Juegos Florales de Almería (1912) por un traballo que apareceu no xornal La Independencia. Publicou Vida compendiosa y popular de San Francisco de Asís, que foi premiada en Santiago de Compostela (1909).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político. Militou na Federación Socialista Catalana do PSOE (1913-1919), mais foise aproximando cara ao anarcosindicalismo. Delegado polo Sindicato de Profesionais Liberais da Confederación Rexional de Cataluña no segundo congreso da CNT, defendeu activamente as directrices da revolución rusa e a adhesión da CNT á Terceira Internacional. En Barcelona, militou na Oposición Comunista Española e conduciuno cara á autonomía organizativa, a Esquerda Comunista, que formaría o Partido Obrero de Unificación Marxista (1935), do que foi secretario ao inicio da Guerra Civil Española. Escribiu Les anarchistes et le mouvement syndical (1924), Les ditadures dels nostres dies (1930), El proletariado español ante la revolución (1931) e Els moviments d’emancipació nacional (1935).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta persa. Iniciouse na mística sufí e foi protexido de diversos príncipes. Da súa produción destacan cinco célebres matnawī e o conxunto de narracións novelescas Sete ídolos (1188).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Político e xurista. Formou parte da milicia nacional. A súa andaina política comezou no progresismo, e pasou por diferentes tendencias como o autoritarismo (1868), o carlismo (1870) e o absolutismo. Foi deputado en numerosas ocasións entre 1844 e 1872 e ministro da Gobernación (1856-1857). Defendeu a necesidade dunha lei do funcionariado, o dereito da Igrexa a administrar os seus bens, e redactou a Lei da Imprenta (1857).
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada nas Nogais. Construída no s XIII, conserva restos prerrománicos. Consta de nave de planta rectangular, ábsida realizada en estilo románico de transición cun tramo recto cuberto con bóveda de canón e testeiro redondo cuberto con bóveda de laranxa; capela na parte esquerda da nave, muros de cachotaría de lousa e cuberta a dúas augas. Destaca a portada sur, fachada principal do antigo templo cun arco triunfal peraltado, tripla arquivolta con doelaxe radial e saínte decorada con semicírculos e bólas nas esquinas, mochetas biseladas e outros adornos como estrelas de oito radios.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade do departamento de Seine-Saint-Denis, na rexión de Île-de-France, Francia, situada na beira esquerda do río Marne, ao NL de París (54.032 h [1990]). A súa economía baséase na fabricación de depuradoras de auga.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor estadounidense. Formouse con Jospep Albers e en París e pertenceu á segunda xeración de artistas abstractos, que contrarios ao expresionismo empregaron formas xeométricas de contornos precisos e xogaron preferentemente coa cor. Posteriormente a súa obra incidiu nas transparencias e as texturas.
VER O DETALLE DO TERMO -
ILLAS
Illa do arquipélago Svalbard, no Océano Ártico (14.530 km2). Foi descuberta no s XVI por Willem Barents.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Amt de Dinamarca (6.173 km2; 494.833 h [estim 2001]). A súa capital é Ålborg.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fylke de Noruega (38.327 km2; 237.600 h [2001]). A súa capital é Bodø.
-
DISTRITOS
Distrito de Islandia (22.368 km2; 26.357 h [estim 1999]). A súa capital é Akureyri (15.143 h [estim 1999]).
VER O DETALLE DO TERMO -
DISTRITOS
Distrito de Islandia (13.093 km2; 9.464 h [estim 1999]). A súa capital é Saudárkrókur (2.606 h [1999]).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
REXIÓNS
Rexión histórica e antiga provincia do N de Francia, comprendida entre Picardie ao L, Bretaña ao S, e o canal da Mancha ao N (29.906 km2; 3.202.385 h [1999]). Está subdividida en dúas rexións administrativas e cinco departamentos: Alta Normandía, cos departamentos do Sena Marítimo e Aure (1.780.192 h [1999]), e Baixa Normandía, cos departamentos de Calvados, Orne e Manche (1.422.193 h [1999]). Está constituída por un conxunto de rexións naturais ben diferenciadas. No sector oriental do altiplano da Alta Normandía predominan as cretas brancas, recubertas por unha capa de arxilas. Na Baixa Normandía destaca unha plataforma calcaria. A costa normanda é variada, con sectores abruptos, como os acantilados de creta branca, e outros chairos, como a ampla baía do Mont-Saint-Michel. A industrialización do triángulo Rouen-Le Havre-Caen potenciou un incremento demográfico xa alimentado por unha alta taxa de natalidade. Dentro da economía agropecuaria destacan as producións de carne e leite....
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Ofensiva da Segunda Guerra Mundial (1939-1945), iniciada polos aliados o 6 de xuño de 1944, que lles permitiu ocupar unha parte da costa normanda e preparar o avance que desfixo a fronte occidental alemá. Dirixida polo xeneral estadounidense Dwight D. Eisenhower, no asalto participaron 156.000 homes, entre estadounidenses, ingleses e canadenses.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de liques, da familia das verrucáceas, que presenta talo crustáceo, que está desapegado da maior parte do soporte en que se atopan, e son de cor verde intensa.