"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • Núcleo de altas presións rodeado por un sistema de isobaras pechadas dun radio de entre 350 e 2.000 km. O aire descende paseniño e, na superficie, o vento segue a dirección das isobaras, de xeito que polo efecto de Coriolis, ten o sentido do movemento das agullas do reloxo no hemisferio norte e o sentido contrario ás agullas do reloxo no hemisferio sur. A presión na parte central do anticiclón adoita variar entre 1.020 e 1.030 milibares ao nivel do mar, pero en certos casos (como a radiación nocturna invernal nas rexións polares) pode chegar a 1.050-1.080 milibares. Nos océanos, onde a fricción é nula, o vento segue exactamente as isobaras: isto explica a estabilidade de anticiclóns como o dos Açores. Un anticiclón pode ser provocado ben por unha anomalía térmica negativa prolongada (anticiclón térmico), como por exemplo, o que se forma no inverno sobre Siberia, ben como resultado de mecanismos xeneralizados de descenso (anticiclón dinámico), como ocorre nos trópicos,...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao anticiclón.

    2. Que ten o sentido de rotación dun anticiclón, é dicir, sentido das agullas do reloxo no hemisferio norte e sentido inverso no sur.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de anticipar ou anticiparse.

    2. Segundo os epicúreos a prolepse (nome grego con que denominan á anticipación) é unha imaxe ou pensamento do xeral que se dá espontaneamente coa percepción do particular, serve para detallar despois o seu coñecemento. Entre os estoicos designaba as ideas xerais e precisas, sobre todo aplicándoo ao coñecemento natural do absoluto, que se anticipa a calquera outro. Francis Bacon dálle o nome de anticipacións da natureza ás xeneralizacións realizadas sobre a base dun número pequeno de feitos que se consideraban verdadeiros. Kant chamou anticipacións da percepción a certas aplicacións xerais das categorías do entendemento aos datos da sensación. Os lóxicos denominan anticipación da experiencia á hipótese.

    3. Figura retórica argumentativa mediante a que unha persoa que fala refuta de antemán as obxeccións que se lle poidan facer, deixando deste modo sen argumentos ao adversario.

    4. Nota que soa antes do acorde ao que pertence.

    5. Fenómeno psíquico en virtude do cal o suxeito vive imaxinativamente o futuro.

    6. Nun proceso de mecanización con mando numérico, procedemento que permite eliminar o exceso de percorrido do órgano móbil (por exemplo, a táboa dunha máquina de traballo) por mor da inercia.

    7. Tendencia dos órganos de fonación a adoptar, durante a emisión dun fonema, as condicións favorables de emisión, tensión e movemento do fonema seguinte en todos os tipos de secuencia fónica.

    8. Delito consistente no exercicio dun cargo ou función pública sen ter dado fianza ou sen ter feito o xuramento ou promesa establecido legalmente; tamén incorre neste delito o funcionario público que admite no exercicio do cargo a quen non cumpriu as formalidades indicadas.

    9. Fenómeno que se produce cando un elemento que pertence a unha unidade sintáctica se sitúa nunha anterior, non podendo, daquela, aparecer un substituto (pronome ou adverbio).

    10. ciencia fición.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer, executar algunha cousa antes do tempo estipulado ou normal.

    2. Entregar unha cantidade a alguén antes do tempo regulamentado ou pactado.

    3. Adiantarse unha persoa a outra na execución dunha cousa ou adiantarse aos acontecementos.

    4. Decatarse de algo, un de-sexo, dunha orde, etc, antes ca os demais e espelirse para satisfacelo antes de que sexa manifestado.

    5. Acontecer ou adiantarse unha cousa antes de tempo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de anticiparse.

    2. Cartos adiantados ou anticipados.

    3. Empréstimo reembolsable nun prazo fixado, cun tanto por cento de xuro convido e cunha garantía establecida principalmente sobre títulos.

    4. Cantidade pagada aos socios cooperativos traballadores, a conta de futuros resultados e que, como mínimo ten que representar mensualmente unha cantidade igual á que lle correspondería por convenio.

    5. Empréstimo, de carácter xeralmente permanente sen xuros, que fai o banco central emisor ao tesouro co garante duns bonos do tesouro. É unha contrapartida ao privilexio de emisión do banco.

    6. Dereito do traballador a recibir, previa xustificación unha cantidade por anticipado a conta do seu traballo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Referido ao astro que, situado no casquete esférico da esfera celeste invisible para un observador dado, non é nunca visible para este observador.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen é partidario do anticlericalismo, inimigo do clero ou oposto á súa intervención nos asuntos temporais e no acontecer político en xeral.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Actitudes ou opinións que demostran animadversión cara ao clero ou son contrarias á inxerencia da Igrexa en asuntos da vida civil. Malia que o anticlericalismo é unha práctica que xorde no ambiente intelectual dos ilustrados decimonónicos, algunhas manifestacións medievais e modernas, como os fabliaux franceses, as sátiras de Boccaccio ou o Libro del buen amor do Arcipreste de Hita, poden ser consideradas tamén baixo esta perspectiva. Un precusor moderno do anticlericalismo é Erasmo de Rotterdam, quen conecta coa antedita tradición medieval, á que lle engade, alén da simple denuncia da corrupción nos costumes dos relixiosos, un afán reformista. Non obstante , foi Voltaire quen deu corpo doutrinal a esta corrente anterior (unificando o indutivismo de Locke, a física de Newton e, sobre todo, a psicoloxía sensorialista de Locke) e a situou no ámbito político. Dende 1740, Voltaire defendeu a tolerancia relixiosa; o seu lema Ecrasez l’infâme! (Destruíde...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Figura que consiste en pasar, nunha frase, dunha gradación ascendente a outra descendente.

    2. Nunha obra dramática, acción descendente que segue á culminación dunha acción tensa na que o autor acumulou un número extenso de efectos expresivos e conceptuais ( climax).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos anticlinais.

    2. Dobramento simple da codia terrestre que ten a parte exterior convexa. Apreciable sobre todo en series sedimentarias, o núcleo está constituído por capas máis antigas ca as das beiras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asociación de dobramentos anticlinais e sinclinais, máis ou menos paralelos, que adoptan unha disposición de estrutura anticlinal complexa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • No branqueamento dos fíos, dos tecidos e da pasta de papel, substancia engadida aos baños de lavado para eliminar os restos de hipoclorito ou de cloro libre. Normalmente, trátase de axentes redutores con tiosulfato, bisulfito ou metabisulfito sódico.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que evita a coagulación.

    2. Axente que inhibe a coagulación do sangue ao interferir algún dos seus mecanismos. No plasma sanguíneo existen diversos anticoagulantes, como a antitromboplastina, a antitrombina, etc. Ademais destes anticoagulantes producidos polos organismos, existen outros de diversa procedencia, empregados en farmacia, como por exemplo, o oxalato e o citrato sódicos, e a heparina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo de tres nucleótidos do ácido ribonucleico de transferencia que recoñece o codón do ácido ribonucleico mensaxeiro a partir do cal se inicia a síntese proteica.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Antagonista da acción do parasimpático ou doutras fibras nerviosas colinérxicas.

    2. Nome xenérico dos axentes que actúan como antagonistas competitivos da acetilcolina a nivel dos receptores muscarínicos. Posúen esta acción os compostos naturais alcaloides da beladona, como a antropina, a escopolamina e compostos de síntese.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á substancia que inhibe a enzima acetilcolinesterasa. Os anticolinesterásicos reducen a degradación enzimática da acetilcolina nas sinapses neuromusculares e, xa que logo, prolongan a súa acción.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Dise do que é contrario ao colonialismo.

    2. Relativo ao anticolonialismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Movemento oposto a calquera tipo de explotación colonial de tipo político, económico, social ou cultural. A expresión clásica do anticolonialismo procede do conxunto de colonias que constituían a periferia dunha metrópole imperial que exercía as funcións de centro. Neste sentido, considéranse movementos anticoloniais aqueles que mobilizaron a amplos sectores da poboación de territorios coloniais, dependentes dalgún dos grandes imperios occidentais que se repartiron o mundo no Congreso de Berlín (1878). Malia a existencia de loitas anticoloniais durante os primeiros anos do s XX, foi a partir da Conferencia de Bandung (1955) cando maior impacto adquiriron os movementos de liberación nacional do Terceiro Mundo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Doutrina e actitude de oposición ao comunismo. As doutrinas socialistas, comunistas ou internacionalistas inquedaran dende o momento mesmo do seu enunciado no segundo terzo do s XIX ás clases que detentaban o poder e resultaban beneficiadas do sistema económico capitalista (ou mesmo, nalgúns países, feudal), sendo sempre os seus partidarios vixiados e reprimidos polos servicios de información e policía dos estados. Tralo triunfo da Revolución Bolxevique en Rusia (1917) e o establecemento dunha nova orde segundo as teorías marxistas nese país, no seo do movemento socialista produciuse unha nova secesión que deu orixe á Terceira Internacional e á aparición dos comunistas como tales, cun proxecto que propugnaba a toma do poder e o establecemento da ditadura do proletariado como vía cara á sociedade sen clases. O exemplo de Rusia espallouse axiña por Europa e América e provocou revoltas en Alemaña, España e outros lugares que provocaron a reacción dos gobernos das potencias capitalistas. A...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao anticomunismo.

    2. Partidario do anticomunismo.

    VER O DETALLE DO TERMO