"CIA" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3047.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calidade ou estado de vixente.
-
-
Acción de vixiar.
-
Servizo que se establece para vixiar.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo empresarial de comunicación presidido por Santiago Rey Fernández-Latorre desde 1996. Agrupa seis empresas encabezadas polo xornal La Voz de Galicia, ademais de Radio Voz (1985), con oito emisoras de información xeral; a produtora Voz Audiovisual (1985); Canal Voz (1999), especializada en contidos para Internet; Sondaxe (1991), consultoría que elabora estudos de mercado en Galicia, España e Portugal; e Diario de León, cabeceira líder na súa provincia. Tamén vinculada á corporación figura a Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre (1997), encargada da conservación do Museo de La Voz e da promoción do programa de educación ambiental Voz Natura e do premio xornalístico Fernández Latorre.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xornal publicado na Coruña a partir do 4 de xaneiro de 1882. Subtitulado “Diario político y comercial”, os seus fundadores e propietarios foron Xoán Fernández Latorre, Antonio Prieto Puga e Xosé M. Martínez, creadores dunha publicación de ideario progresista, republicano, democrático, librepensador e anticlerical, dirixida inicialmente por X. Fernández Latorre. O 29 de outubro de 1885 disolveuse a sociedade e a propiedade do xornal quedou unicamente en mans de X. Fernández Latorre, quen ese mesmo ano fundou a Biblioteca Gallega, en sociedade con Andrés Martínez Salazar. Nesta colección publicáronse algunhas obras dos máis destacados autores galegos da época. En 1887 asumiu a dirección Xosé Lombardero e cambiouse o subtítulo “Diario ilustrado, político y mercantil” polo de “político e mercantil”. En 1906 comezou a tirarse en linotipia, a primeira de Galicia, e foi perdendo o radicalismo dalgúns dos artigos da primeira época. Tras a morte do fundador, o 14 de marzo de 1912, comezou...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Reunións internacionais que se celebraron en Washington en 1921 e 1922 para tratar os problemas do Extremo Oriente e do Pacífico. O Tratado de Washington, entre EE UU, Reino Unido, Francia, Italia e Xapón, acordou limitar o armamento naval no Pacífico. Polo Pacto das Catro Potencias, EE UU, Reino Unido, Francia e Xapón comprometíanse a celebrar consultas mutuas sobre calquera cuestión que xurdise naquela zona.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ser mitolóxico de figura humana que habita nas profundidades dos pozos dos ríos.
-
-
Acción de xactarse.
-
Actitude ou calidade do que se xacta.
-
-
PERSOEIRO
Rei de Escocia (1424-1437), fillo de Roberto III. Foi capturado polos ingleses en 1406. En 1424 fíxose coroar rei e loitou contra a nobreza para impoñer a súa autoridade. Foi asasinado por unha conspiración aristocrática.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Escocia (1437-1460), fillo de Xaime I. A súa minoría de idade foi perturbada polas loitas entre Alexandre Livingstone e William Crochton, ata que impuxo en 1449 o seu goberno persoal. Na Guerra das Dúas Rosas apoiou os Lancaster.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Escocia (1460-1488), fillo de Xaime II. As tendencias pacifistas da súa política desamigárono cunha parte da nobreza, da que foi abandeirado o seu fillo Xaime IV. Vencido en Sauchieburn, foi asasinado.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Escocia (1488-1513), fillo de Xaime III. Aínda que dirixira a rebelión dos nobres contra o seu pai, ao converterse en rei continuou a tradicional política real de oposición á nobreza. Casado con Margarida, filla de Enrique VII de Inglaterra, a súa pretensión ao trono inglés provocou a tensión entre ambos os dous reinos. Intentou invadir Inglaterra e morreu na Batalla de Flodden.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Escocia (1513-1542), fillo de Xaime IV. Asumiu o goberno en 1528 e eliminou o partido pro-inglés do rexente Albany. Do seu segundo matrimonio, con María de Lorena, naceu María I.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xaime I de Inglaterra
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xaime II de Inglaterra.
-
VER O DETALLE DO TERMO
xanzá.
-
-
Relativo ou pertencente ás xencianáceas.
-
Planta da familia das xencianáceas.
-
Familia de plantas dicotiledóneas, composta por arbustos, árbores, lianas e herbáceas, anuais ou perennes, e desprovistas de clorofila. Presentan follas opostas e enteiras, as flores son actinomorfas con estames soldados á corola e froito en cápsula. Habitan en zonas de clima temperado, en gran variedade de medios.
-
-
-
Relativo ou pertencente ás xencianáceas.
-
Planta da orde das xencianáceas.
-
Orde de plantas dicotiledóneas, formada por árbores, arbustos, lianas e herbáceas, con follas opostas ou verticiladas e flores con corola simpétala e estames alternipétalos. Está composta por familias como as xencianáceas, as apocináceas ou as asclepiadáceas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Composto que se atopa na raíz da xanzá nun 0,1%, do que se obtén por pulverización, maceración con auga e extracción con alcohol. Emprégase como colorante.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Reunión internacional realizada en Xenebra do 26 de abril ao 21 de xullo de 1954 para tratar os problemas de Extremo Oriente. Non se tomou ningunha resolución respecto á unificación de Corea e, en canto a Vietnam decidiuse a división provisional en dúas zonas e a celebración de eleccións ao cabo de dous anos co obxectivo de reunificar o país.
-
-
Que indica o lugar de orixe dunha persoa.
-
Palabra que designa o lugar de orixe ou nacemento dunha persoa.
-