"car" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3676.
-
GALICIA
Filólogo. Director do Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela desde 1998 e membro do Comité directivo de Realiter (Rede Panlatina de Terminoloxía), coordina o Comité Técnico de Linguaxes de Especialidade do Consello da Cultura Galega. Foi coautor de Vocabulario do medio físico (1988), O galego e a información (1996) e O idioma na Universidade de Santiago de Compostela (1998). Escribiu tamén a obra de teatro O achado do castro (1991) e a novela Mar de fondo (1997). Recibiu o Pemio Xiria de creación teatral (1987).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritora estadounidense. A súa obra ten como tema central a emancipación da muller, e defende que as traxedias e a violencia corrompen o espírito humano, sobre todo o feminino. Das súas obras destacan as novelas With Shuddering Fall (1964), A Garden of Earthly Delights (1967), Wonderland (1971), A Bloodsmoor Romance (1982), Because It Is a Bitter, and Because It Is My Heart (1990), We Were The Mulvaneys (1996), Blonde (2000) e The Falls (2004).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Facer que alguén perda o xuízo ou a capacidade de razoamento.
-
Perder alguén o xuízo debido a un estado de ofuscación mental ou dun estado de ánimo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Instrumento aerófono, xeralmente de terra cocida en forma oval irregular, que posúe un número variable de buratos. Produce un son afrautado que se obtén soprando por unha embocadura en forma de bico. Emprégase habitualmente na música folclórica de distintos países, especialmente americanos. En Galicia tamén a utilizan distintos grupos de música folk para acompañar partes das súas pezas. O tamaño é variado. As máis pequenas, chamadas coloquialmente asubíos, posúen entre cinco e seis furados, e as máis grandes entre oito e dez. Este instrumento permite tamén distintas afinacións, aínda que a máis empregada é a de do.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa que toca a ocarina.
-
PERSOEIRO
Debuxante. Foi discípulo de Carlos Maside e traballou en Cerámica Celta en Pontecesures, onde desenvolveu as súas aptitudes para o debuxo. Residiu posteriormente en Madrid, lugar en que estivo moi ligado á vida política do país. Despois marchou a Ourense, onde estudou maxisterio, e finalmente trasladouse a Francia e traballou como periodista.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Multiplicar por oito algunha cousa.
-
Pasar unha cousa a ser oito veces maior.
-
-
-
Impedir o brillo ou o exceso de luz que alguén vexa ben.
-
Alterar algo a razón ou o xuízo a alguén.
-
Perder a capacidade de xulgar debidamente.
-
-
PERSOEIRO
Escritor. Xesuíta, traduciu ao éuscaro Loyola-tar eneko deunaren gogo Iñarkunak (Exercicios espirituais de santo Ignacio de Loiola, 1914) e Itun zar eta berria (Antigo e Novo Testamento, 1958). Foi académico da Euskaltzaindia (1919).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ao vexetal heterótrofo que só necesita dispor de pequenas cantidades de produtos orgánicos de carbono do substrato en que crece.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Substancia formada por unhas poucas (10 como máximo) unidades de monosacáridos, unidos mediante enlaces de glucosídicos. Poden ser identificados e analizados por procedementos cromatográficos automáticos.
-
PERSOEIRO
Escritor. Influído pola narrativa social brasileira, defendeu a idea do novo humanismo nas súas colaboracións coas revistas Seara Nova e Vértice. Destacan as súas obras Turismo (1942), Casa na duna (1943), Pequenos burgueses (1948), Uma abelha na chuva (1953) e Finisterra (1978, Prémio Cidade de Lisboa, 1979). A súa obra lírica foi recollida en Trabalho poético (1976).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Autor existencial, na súa obra, caracterizada por un realismo descritivo, acompañado dunha visión obxectivista e dun certo fatalismo, abundan os personaxes solitarios de vida turbulenta. Perseguido e encarcerado no seu país por cuestións políticas (1974), houbo de exiliarse en España. Publicou as novelas El pozo (1939), unha obra clave para entender a súa produción posterior; Tierra de nadie (1941), La vida breve (1950), El astillero (1961), Juntacadáveres (1964), Los adioses (1967), Para esta noche (1967), Tiempo de abrazar (1974), Dejemos hablar al viento (1979, Premio de la Crítica española 1980), Cuando entón (1987), Cuando ya no importe (1993), e os contos Cuentos completos (1975) e Presencia y otros relatos (1986). Recibiu o Premio Cervantes de Literatura polo conxunto da súa obra en prosa (1980) e o Premio Nacional de Literatura de Uruguay (1985).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor alemán. Estudou na academia de música de Múnic, onde se interesou pola música barroca e pola súa influencia no movemento artístico. Posteriormente (1924), formouse con Kaminski. Fundador da Günter Schule, xunto a Dorothee Günther, desenvolveu novos métodos de ensino musical, e creou o método de ensino da música Orff Schulwerk (1930), cunha forte implantación no ensino primario. Influído por Stravinsky, as súas composicións principais están destinadas á escena, e caracterízanse polo uso de ritmos repetitivos, poderosas partes vocais e harmonías sen artificios, afastadas de construcións complexas de tipo harmónico ou contrapuntístico. Da súa obra destacan seis óperas, varias composicións sinfónicas, pezas para televisión, como Christi Resurrectione (1957) e as cantatas escénicas Carmina Burana (1937), Catulli Carmina (1943) e Trionfo di Afrodite (1953).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritora. Coñecida como Maruxa Orxales, foi colaboradora de publicacións como La Estafeta Literaria ou Galicia en Madrid. Introducida no mundo literario por R. Otero Pedrayo, deu recitais poéticos por diversos lugares de España, algúns deles acompañada por Celso E. Ferreiro. A súa obra poética, marcada pola fantasía, a sinxeleza e, sobre todo, a sinceridade, está adornada de ricas metáforas. Da súa produción destacan Te he perdido. Para tí mis palabras (1971), Viviendo en amor (1974), Caminos (1975), Elesmiel (1989), Se apagará esta luz? (1992), Hombres para el milagro (1999) e Vientos de amor (2004). Tamén son importantes os libros de sonetos Iris de paz en mi brumoso cielo e A fonte secreta. Recibiu a Vieira de Ouro (2000) e o Premio de Poesía Rincón Azul.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Poeta. Formouse culturalmente grazas ás súas viaxes por Europa, ata que se instalou sucesivamente en Ibiza, Madrid e Vigo. Foi colaborador das revistas Bonaval e Coordenadas, onde publicou algúns dos seus poemas, como “Golosá” ou “Alicia”. Estableceu relacións co movemento beat e participou na revista desta tendencia, Poetry. A súa poesía caracterízase polo rexeitamento das formas tradicionais e un achegamento á expresión automática, onde abundan as imaxes case imposibles e místicas. Da súa produción destacan os libros poéticos Elenkar (1976), Cabalum (1980), Poesía (1994), Cuando se habla de ti (1998) e En el norte hay un mar que es más alto que el cielo (2000).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Calquera éster do ácido ortocarbónico, de fórmula xeral C(OR)4.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ácido hipotético do que derivan formalmente os ortocarbonatos de alquilo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo masculino que ten a súa orixe nun nome xermánico, composto de ansa ‘Deus’ e gaira ‘lanza’, polo que significa ‘lanza de Deus’, latinizado como Anscarius ou Ascarius. A forma galega leva o acento na última sílaba, como corresponde á etimoloxía e como acontece en Brasil e en Francia. Presenta a variante Óscar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ariante gráfica do antropónimo Oscar.