"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

  • Periódico informativo mensual que publicou o Centro Gallego de Toronto dende xaneiro de 1975. O director, Manuel Janeiro, tiña como colaboradores a Xavier Fernández, Estrella Janeiro e Roberto X. Fernández. Aínda que nun principio só recollía información relativa á institución, co tempo foi incorporando novos temas. Así, inseriu nas súas páxinas novas de Galicia, España ou América Latina artigos de economía, cultura, política, sociedade e deporte; seccións de ocio e anécdotas; e fotos de Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo creado na década dos oitenta por Fernández Cid dentro da Universidade de Santiago de Compostela, coa finalidade de formar profesionais de cine e televisión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tipo de ovo no que o vitelo, ou protoplasma nutritivo, forma o núcleo central, envolto de plasma xerminativo. Típico de artrópodos, presenta segmentación parcial e superficial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Consello dos centunviros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e político romano. Nomeado procónsul da Hispania Ulterior no 139 a C, continuou a guerra contra os lusitanos iniciada no 147 a C. Conseguiu subornar os enviados do xefe lusitano Viriato para que acabasen coa súa vida. Realizou, ademais, a primeira expedición contra os galaicos, xa que estes lle ofreceran axuda aos lusitanos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Excipiente para pomada constituído por unha substancia cérea e un aceite vexetal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma prefixada que se emprega na composición de palabras co significado de ‘corno’ ou ‘córneo’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de herbáceas gabeadoras anuais, da familia das papaveráceas, de talos de ata 1 m de lonxitude, látex acuoso e follas bipinnatisectas rematadas en gabián. As flores, dispostas en acios, son brancas, tubulares e bilabiadas, con dous sépalos diminutos, dous pétalos externos con espora, dous pétalos internos estreitos e dous estames trilobulados. Os froitos son cápsulas oblongas de ata catro sementes. En Galicia é común a especie C. claviculata en valados e bosques húmidos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á familia das ceratofiláceas.

    2. Herbácea da familia das ceratofiláceas.

    3. Familia de herbáceas subacuáticas, da orde das ninfeais, á que pertence o xénero Ceratophyllum.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de árbores perennifolias, monoicas ou poligamodioicas, da familia das cesalpináceas. Caracterízanse por presentar follas paripinnadas, de ata 20 cm de lonxitude, con grandes folíolos coriáceos ovados, de ata 7 cm de longo. As súas flores son sinxelas e dispóñense en acios que polinizan moscas e bolboretas nocturnas e dan lugar a froitos alongados de ata 20 cm, que constitúen legumes grosos de cor escura. A especie C. siliqua, que pode acadar os 12 m de altura, é orixinaria de Siria pero está localizada en gran parte do S de Europa, Asia e África. Cultívase dende a Antigüidade polo interese dos seus froitos na alimentación do gando, especialmente dos cabalos. As sementes, chamadas ervellas de Ceratonia, duras e ricas en azucres, serven para a elaboración de licores. Empregáronse como pesos por xoieiros e farmacéuticos e constituían os quilates ou unidade de peso. Na Península Ibérica está presente nas partes máis cálidas da rexión mediterránea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de plantas acuáticas perennes da familia das ceratofiláceas, co talo de ata 150 cm, sen raíces e con follas filiformes, divididas dicotomicamente e dispostas en verticilos. As flores son unisexuais e poden aparecer cos dous sexos no mesmo pé; presentan ata 12 pezas sepaloides: de cor verde nas flores femininas e branca nas masculinas, que presentan ata 20 estames. A polinización ten lugar dentro da auga e dá lugar a un froito en aquenio. A reprodución vexetativa por xemas ou propágulos é frecuente. Viven somerxidas en cursos de auga lentos. En Galicia está presente a especie C. demersum.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de pulgas propio das aves. As larvas desenvólvense entre o material do niño, alimentándose de restos de plumas e excrementos, mentres que os adultos pican as aves. Pasan o inverno no interior dos niños agardando o retorno das aves ao ano seguinte. Se a densidade destes parasitos é moi alta poden afectar á niñada.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos ceratópsidos.

    2. Dinosauro da familia dos ceratópsidos.

    3. Familia de dinosauros cuadrúpedes da suborde dos ceratopsios, relegados ao oeste da actual América do Norte, á que pertencen os xéneros Anchiceratops, Arrhinoceratops, Centrosaurus, Chasmosaurus, Pachyrhinosaurus, Pentaceratops, Styracosaurus, Torosaurus e Triceratops.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos ceratopsios.

    2. Dinosauro da familia dos ceratopsios.

    3. Suborde de dinosauros, de cabeza de gran tamaño, con peteiro agudo, cornos longos no fociño e na fronte, e unha capa córnea que se expande sobre o pescozo e os ombreiros do animal. Vivían en mandas durante o Cretáceo e alimentábanse principalmente dos primeiros arbustos fanerógamos aparecidos. Engloba as familias dos ceratópsidos, dos psitacosáuridos e dos protoceratópsidos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos ceratosáuridos.

    2. Individuo da familia dos ceratosáuridos.

    3. Familia de dinosauros da infraorde dos carnosauros, caracterizada por presentar un pequeno corno sobre o fociño, que viviron no Xurásico nas rexións que corresponden coas actuais América do Norte e África. Pertence a esta familia o xénero Ceratosaurus.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de peixes da familia dos mitófidos ao que pertencen as lanternas madeirenses.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción nobre situada en Santa María de Cullergondo (Abegondo). A súa construción (s XVI) relaciónase con García Sanjurjo Montenegro e María Yáñez de Ramil. Declarouse Ben de Interese Cultural en 1994.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Vicerrei de Nueva España (1680-1686) e conde de Paredes. Durante a súa administración colonial favoreceu a instalación de novos poboadores na vila de Santa Fe de Nuevo México, coa concesión do título de cidade e co patrocinio da expedición a California de Isidro de Atondo. Cando volveu á Península incorporouse ao Consello de Indias e foi mordomo da raíña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político nicaraguano. En 1811 participou no primeiro intento revolucionario contra as autoridades españolas, polo que foi apresado e condenado a morte, pena que foi conmutada pola de cadea perpetua en Ceuta. Tras varios anos de prisión regresou a Nicaragua onde ocupou o cargo de presidente (1825-1826). Trala guerra civil, iniciada coa sublevación de Juan Argüello, foi deposto e fusilado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte da serra de San Mamede, situado no límite entre as parroquias de Rebordechau (concello de Vilar de Barrio) e Castro de Laza (concello de Laza). O seu cumio acada os 1.448 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO