Ceratocapnos
Ceratocapnos
[PLANTA]
Xénero de herbáceas gabeadoras anuais, da familia das papaveráceas, de talos de ata 1 m de lonxitude, látex acuoso e follas bipinnatisectas rematadas en gabián. As flores, dispostas en acios, son brancas, tubulares e bilabiadas, con dous sépalos diminutos, dous pétalos externos con espora, dous pétalos internos estreitos e dous estames trilobulados. Os froitos son cápsulas oblongas de ata catro sementes. En Galicia é común a especie C. claviculata en valados e bosques húmidos.