"CIO" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4772.

  • santo Ignacio de Loiola.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fundación privada, de carácter cultural e sen ánimo de lucro, constituída en 1998. Naceu como iniciativa dalgúns dos funcionarios do concello de Redondela para contribuír á extensión do uso do galego nos procedementos administrativos en todos os ámbitos de Galicia. Entre os seus obxectivos inclúense rescatar a figura de destacados galeguistas vinculados á administración. Outorgan anualmente os premios Lois Peña Novo, que pretenden recoñecer e apoiar as iniciativas a favor da normalización lingüística nas administracións públicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fronte armada que se articulou dentro da organización Galiza Ceibe e levou a cabo diversas accións terroristas, entre 1978 e 1980, como a queima de camións en Santiago de Compostela, bombas contra a construción da autoestrada Vigo-Santiago e o intento de asalto á polvoreira de Noia. A detención pola policía dos dirixentes do grupo entre setembro e novembro de 1980 provocou o seu esmorecemento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bailarina. Máis coñecida polo seu nome artístico, La Argentinita, interpretou obras de Korsakov, Falla e Granados. Vinculada ao grupo de artistas e escritores da Xeración de 1927, adaptou aos seus espectáculos cancións do s XVIII, letras de Lope de Vega e as cancións populares de García Lorca. Destacan os seus espectáculos Las calles de Cádiz, Sevillanas del siglo XVIII, El café de Chinitas e El rango del escribano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xornalista e avogado. Colaborou no Diario de Toledo, onde se fixeron moi populares os seus artigos de opinión e costumes co pseudónimo de Luaces. Posteriormente, colaborou en ABC, El Alcázar e, co pseudónimo de Acicate, en La Codorniz. A súa achega máis importante á prensa española foi a invención do formato tabloide, aceptado logo da saída de El País, xornal no que foi o seu primeiro director de maquetación. Publicou A prensa plural (1980), La prensa en la ditadura (1986), Manual del periodista activo (1987), Para comprender o pensamento franquista na prensa (1989) e El éxito del formato tabloide (1990).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso dominicano. Foi celeireiro na Coruña ata a exclaustración xeral de 1835. Deixou o convento para levar a cabo un destacado labor apostólico e foi capelán da confraría das Ánimas. Escribiu Colección de Sermones, inédita.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Formulación matemática que, na teoría da relatividade, dá a correspondencia entre as coordenadas x, y, z, t dun sistema de referencia inercial s e as coordenadas x’, y’, z’, t’ doutro sistema S’ que se move cunha velocidade v rectilínea e uniforme respecto ao primeiro e ao longo do eixe x. Se nestas relacións se consideran velocidades v moi inferiores á da luz, obtéñense as fórmulas de transformación de Galileo da mecánica clásica (principio da relatividade de Galileo). Na transformación dun segmento, canto máis grande é a velocidade v do sistema móbil S’ respecto ao s, máis pequeno se ve o segmento no sistema móbil. Este fenómeno denomínase contracción de Lorentz-FitzGerald.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Modalidade da transposición de Hofman en que a descomposición dos acilos derivados (como o benzoilo), con axuda de bases como catalizadores forma os isocianatos, que se descompoñen e dan lugar ás aminas primarias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fundación sen ánimo de lucro constituída en xuño de 1996 co obxectivo de servir de ponte cultural entre os pobos galego e catalán, e outros pobos con semellanzas culturais como Irlanda, Portugal, Bretaña e Escocia. Publican a revista Lúa, como órgano divulgador das bases que recollen os seus estatutos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de lubricar.

    2. Técnica de impregnar cunha substancia, xeralmente oleosa ou graxosa, co obxectivo de reducir o fregamento entre as superficies sólidas que están en contacto mutuo para diminuír os efectos da fretaxe e evitar perdas de enerxía e o desgaste das pezas. Acádase a lubricación perfecta, denominada lubricación fluída, cando as dúas superficies sólidas quedan completamente separadas polo lubricante. No caso das máquinas simples a lubricación efectúase a man ou de maneira semiautomática, por capilaridade ou mediante un contagotas. As máquinas máis complexas van equipadas dun dispositivo de lubricación automático, que funciona segundo diversos procedementos, en que o lubricante é xeralmente reciclado. Nos motores de potencia específica normal, a cantidade de aceite no cárter permite ao lubricante que circula arrefriarse a cada pasada. Nos motores de gran potencia específica faise pasar o aceite a través dun intercambiador de calor do tipo aire-líquido (radiador). Nos motores de motocicleta...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • lubricación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xornalista, fillo de Torcuato Luca de Tena y Álvarez Ossorio. Foi director de ABC (1929) e participou activamente no alzamento do 18 de xullo de 1936. Durante a Guerra Civil Española dirixiu o xornal ABC desde Sevilla. Ao finalizar a contenda foi embaixador en Chile e Grecia. En 1946 foi elixido membro da Real Academia Española.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Peixe teleósteo, da orde dos salmoniformes, duns 30-70 cm de lonxitude que ten o corpo alongado e recuberto de finas escamas, mandíbula armada de fortes dentes, unha soa aleta dorsal, situada moi atrás, as ventrais en posición abdominal e o fociño groso, longo e deprimido. É de cor verdosa con raias pardas. Habita nas augas doces. É orixinario de Europa central e occidental e foi introducido na Península Ibérica cara ao ano 1950.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo derivado do nome latino Lucius, de orixe incerta, seguramente relacionado con lux, lucis ‘luz’, ou co verbo luceo, lucere ‘alumear’. O seu posible significado é ‘nacido ao amencer’. En Roma foi moi frecuente, levárono políticos como Lucio Cornelio Sila e Lucio Serxio Catilina ou escritores como Lucio Anneo Séneca e Lucio Apuleio. Tamén destacan con este nome os mártires san Lucio de Coira-Suíza (s II) e san Lucio de Cirene (ss III-IV), e os papas san Lucio I (253-254), Lucio II (1144-1145) e Lucio III (1181-1185).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase á cor morada e brillante que adquire a pel dunha parte inchada e tumefacta.

    2. lucente.

    3. Avultamento que se produce na pel.

    4. Charco ou lagoa pequena que queda nas marismas coa baixamar.

    5. Termo da verba dos cesteiros de Mondariz que corresponde á voz ‘día’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (ss III - IV) Senador de Cirene. Converteuse ao cristianismo ao ver o valor de san Teodoro, retirouse a Chipre e morreu na persecución de Diocleciano. A súa festividade celébrase o 20 de agosto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mártir. Fillo dun rei inglés, foi convertido pola súa irmá santa Emérita e introduciu o cristianismo na Retia. Morreu lapidado polos pagáns. A súa festividade celébrase o 3 de decembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Papa (253-254). Desterrado polo Emperador Galo, trala morte deste volveu a Roma, gobernando o Emperador Valeriano. A súa festividade celébrase o 4 de marzo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Papa (1144-1145). De nome Gerardo Caccianimici, foi cardeal de Santa Croce, legado de Honorio II en Alemaña e chanceler da Igrexa romana. Sucedeu a Celestino II e tivo que enfrontarse coa comuna de Roma, que quería independizarse, e co Rei Roxelio II de Sicilia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Papa (1181-1185). De nome Ubaldo Allucingoli, foi bispo de Ostia e Velletri. En 1184 reuniu o Concilio de Verona que condenou o neomaniqueísmo e, de acordo con Federico I Barbarrubia, decretou o castigo material dos heréticos ao coidado dos bispos.

    VER O DETALLE DO TERMO