"GR" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3341.
-
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Oleiros. Feudo dos templarios (1312), foi orixinariamente de estilo románico. En 1897 demoleuse e cos seus restos levantouse un novo templo que, afectado por un incendio en 1934, tivo que ser reconstruído. Consta dunha soa nave e ábsida con remate rectangular. Destaca a espadana de dous vans, rematada por un frontón semicircular.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
ENTRADA LARGA
Estado insular de América Central, situado nas Pequenas Antillas, no Mar Caribe, formado pola illa de San Vicente e as illas setentrionais do arquipélago das Granadinas. Está situado ao S de Santa Lucía, ao N de Granada e ao O de Barbados (389 km2; 116.000 h [estim 2001]). A súa capital é Kingstown.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía
O territorio está distribuído entre a illa de San Vicente (345 km2) e o sector setentrional do arquipélago das Granadinas, do que destacan as illas Bequia, Baliceaux, Canouan, Mustique, Mayreau, Quatre, Savan e Unión. De orixe volcánica, San Vincente é moi montañosa (Soufrière, 1.234 m). O clima é tropical marítimo con temperaturas agradables aínda que os furacáns son frecuentes. A agricultura ten un papel destacado, con cultivos de bananas, cocos, mangos, cítricos e outras froitas tropicais, complementada co gando ovino, porcino e bovino. San Vicente é un gran produtor mundial de arrurruz, tubérculo rico... -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Areas (Tui). Está formada por dous corpos de dúas alturas unidos en ángulo coa capela pegada a eles. Destaca a solaina erixida sobre un soportal aberto con arcos de medio punto.
-
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Moeche. Ten planta rectangular e capela maior cuberta con bóveda de oxivas estrelada. A fachada principal está dividida en tres corpos por medio de dúas bandas e remata nunha cornixa. A torre do campanario ten tres corpos e está pegada ao muro norte.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Palas de Rei. Construída en estilo románico foi reconstruída no s XIII e reformada no XVIII. Ten nave e presbiterio de planta rectangular, a este uníuselle unha sancristía de planta cadrada. No interior destaca a pía de auga bendita, erixida sobre un piar, de forma rectangular e que presenta na parte inferior unhas molduras lisas, agás na cara frontal, en que se esculpiron unhas bólas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actor, director e guionista. Pasou os seus primeiros anos de vida en Galicia, pero coa morte do seu pai e o inicio da Guerra Civil marchou a Uruguay, onde, aos dezasete anos, ingresou no Conservatorio de Arte Dramático. Debutou da man de Margarita Xirgú e o seu primeiro papel en España foi coa compañía de José Tamayo. Ten unha extensa traxectoria como actor en cine e teatro, aínda que o seu papel máis popular foi o protagonizado na serie de TVE Curro Jiménez. Das numerosas longametraxes en que traballou destacan Montoyas y Tarantos (1989), Cachito (1996), La Comunidad (2000), El oro de Moscú (2002) e 800 balas (2002).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
de sangrar.
-
Acción e efecto de sangrar.
-
-
-
Parte interna da articulación do antebrazo co brazo, oposto ao cóbado.
-
Lugar do pescozo dos animais en que se crava o coitelo para sacrificalos.
-
Suco ou canle por onde se desvía a auga dun río, dunha fonte ou dun sistema de rego.
-
-
-
Que ou quen sangra.
-
Persoa que tiña por oficio sangrar enfermos.
-
matachín.
-
-
-
Acción e efecto de sangrar.
-
flebotomía.
-
Corte ou fenda abertos nunha árbore para extraer resina.
-
-
-
Perder ou botar sangue.
-
Botar secrecións unha planta ao facerlle un corte.
-
Practicar en alguén unha sangría, especialmente a través dunha flebotomía.
-
-
Facer que un animal bote o sangue ao sacrificalo.
-
Sacrificar un animal.
-
-
Dar saída a un líquido.
-
resinar.
-
Quitar a alguén diñeiro ou bens contra a súa vontade mediante métodos pouco honestos.
-
Deixar un espazo en branco ao comezar a primeira liña dun parágrafo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Corporación rexional de Trinidad e Tobago, na illa Trinidad (58.311 h [2000]).
-
-
Acción e efecto de sangrar.
-
-
Operación que consiste na evacuación de certa cantidade de sangue, especialmente a través dunha flebotomía. Procedemento terapéutico moi empregado durante séculos para o tratamento dunha gran variedade de enfermidades, durante a época de medicina empírica chegou a ser aplicado dunha maneira case sistemática pola maioría dos médicos para calquera enfermidade. Para practicala, empregábanse sambesugas (Hirudo medicinalis), que se aplicaban en diferentes partes do corpo.
-
sangría branca/ incruenta
Sangría que se practica aplicando ligaduras ás extremidades, para producir unha acumulación de sangue nestas e diminuír, consecuentemente, o volume de sangue circulante.
-
tempos de sangría
Proba diagnóstica que explora conxuntamente o mecanismo vascular e as funcións dinámicas plaquetarias da coagulación do sangue.
-
-
sangradoiro.
-
-
Acción de dar saída ao líquido contido nun lugar como un recipiente ou un encoro.
-
Abertura ou incisión practicada a un recipiente para darlle saída ao líquido que contén.
-
Corte profundo e estreito practicado na madeira ou no metal.
-
-
...
-
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Girona, Catalunya, situado á esquerda do Ter (2.487 h [2001]). A súa economía baséase nas fábricas de pensos e de embutidos.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Barcelona, Catalunya (112.992 h [2001]). Ten pequenas empresas e talleres de servizos, téxtiles e metalúrxicos.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Guntín. Construída no s XII en estilo románico, ten nave rectangular e ábsida rectangular, situada a maior altura, á que se lle engadiu unha sancristía. A portada principal é de arco de medio punto e no tímpano represéntase ao Salvador con gravados do Sol, a Lúa e as estrelas. A espadana é dun só van.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
MONTES
Monte situado na parroquia de Noceda (O Incio). O seu cumio acada os 574 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Melide. Construída no s XII en estilo románico, ten planta cadrada cunha nave cuberta de bóveda de canón e ábsida semicircular. O arco triunfal é de medio punto dobrado e apóiase en columnas con capiteis historiados. Consérvase o altar orixinal, co frontal decorado con seis arcos cegos erixidos sobre pilastras decoradas con incisións. A ábsida cóbrese con pinturas murais do s XV que representan a Trindade co Pai sentado sobre o trono sostendo ao fillo crucificado e rodeado do tetramorfos. A fachada principal ten tres pares de columnas decoradas nos capiteis, que sosteñen un tímpano liso. A porta sur ábrese entre contrafortes e nela destacan os canzorros historiados do beiril.
VER O DETALLE DO TERMO