"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

  • Persoa que se dedica ao cultivo de cereais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada no concello de Vimianzo. É un edificio de planta en L cunha fachada enmarcada entre dúas torres ameadas. Construído a comezos do s XVI, conserva os brasóns dos Moscoso, Caamaño, Grisamonde, Montenegro e Carantoña; na fachada principal figura o escudo de armas dos Maceda e Taboada. Rehabilitado en 1987, é unha vivenda particular. Foi declarado Ben de Interese Cultural en 1994.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Informático. Licenciado en Matemáticas na University of Stanford (EE UU), mestre e doutor en Ciencia Informática na University of California-Los Angeles. Foi presidente da Internet Society (ISOC), co-creador do Protocolo de Control de Transmisión/ Protocolo da Internet (TCP/IP) e vicepresidente da división de Arquitectura da Internet e Tecnoloxía da compañía MCI WorldCom.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Sacerdote e poeta. Coñecido como Cura de Fruíme, a súa obra en galego caracterízase pola reivindicación da identidade galega fronte ao menosprezo común na época. Cultivou a poesía de circunstancias e de corte epigramático en galego e castelán. Adscrito ao neoclasicismo, ten unha certa influencia prerromántica. En vida publicou, entre outras obras, Padrón festivo del Carmen empadronado en la Ilustre Villa de Iria Flavia [...] (1752), Vindicias históricas por el honor de Galicia (1760), Funeral ofrenda en las exequias de Feijóo (1765), Apelación de una sentenza poco piadosa [...] (1766) e El No lo entiendo del Cura de Fruíme [...] (1769). A maior parte da súa produción apareceu postumamente baixo o título Obras en prosa y verso del Cura de Fruíme (1778-1781), no que se inclúen varios entremeses compostos co gallo das festas da súa parroquia, que incorporan a lingua galega para caracterizar algúns personaxes, entre eles Loa...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Enxeñeiro e político ruso. Logo de afiliarse ao PCUS en 1961, foi administrador industrial da cidade de Orsk (1967-1973) e director da planta de gas natural en Orenburg (1973-1978). En 1978 ingresou na sección de industria pesada do Comité Central do PCUS, e en 1985 foi nomeado ministro da Industria do Gas nun goberno de Gorbačov. En 1989 transformou o ministerio na corporación estatal Gazprom, que dirixiu durante o proceso de disolución da URSS e a creación da Federación Rusa (1991). En xuño de 1992 foi nomeado ministro de Gasóleo e Enerxía nun goberno presidido por Yegor T. Gaidar e, en decembro de 1992, Boris Yeltsin promoveuno a primeiro ministro de Rusia. O seu goberno favoreceu a privatización das empresas estatais da época soviética e aprobou numerosas reformas económicas tendentes a instaurar o libre mercado. Malia a forte oposición que tivo en numerosos sectores da Duma, Boris Yeltsin confirmouno no seu cargo tralas eleccións presidenciais de 1996. Como consecuencia do confito...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de cerrar ou cerrarse.

    2. Construción de calquera material para cerrar un espacio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bailarina e coreógrafa. Estudiou danza en Nápoles e debutou no Teatro de Fondo co ballet de Galzerani L’Oroscopo (1932); nesta mesma cidade tamén estreou os ballets Bianca di Messina (1833), L’Ereditá (1834) e Amore e Psiche (1835), de Salvatore Taglioni. En 1836 contratouna o Kärntnertor Theater de Viena. Entre os anos 1838 e 1840 foi a primeira bailarina da Scala de Milán, en 1840 realizou a coreografía de Pas de Fascination, do ballet Alma no Her Majesty’s Theatre de Londres, e debutou en L’Opèra de París con La fille de Marbre (1847). A súa última coreografía foi Gemma (1854), de Gabrielli e con libreto de Théophile Gautier, e a súa derradeira actuación celebrouse no Lyceum Theatre de Londres en 1857.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Santuario ibérico situado en Montealegre (Albacete), no que se atopou un conxunto de máis de 250 esculturas de pedra (masculinas, femininas e de animais) de carácter votivo, entre as que destaca a Gran dama oferente. Estas esculturas datan dos ss V e II a C.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que certifica ou serve para certificar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. (? - París 1572) Compositor francés. Discípulo de Josquin des Près, ingresou na Sainte-Chapelle en 1532 e posteriormente elixírono mestre do seu coro. Escribiu misas e motetes e as súas obras máis significativas, inspiradas na monodia e nos ritmos da música popular, pertencen ao xénero da chanson.

    2. Conforme á verdade e que non deixa lugar a dúbidas. Na tradición oral recóllense os seguintes ditos: “Máis vale o certo que o dubidoso. Nunca deixes o certo polo que che ofreza dúbida”.

    3. Que ten a seguridade de algo. OBS: Emprégase xeralmente coa construción estar + adx + de.

    4. Que se vai producir. OBS: Emprégase xeralmente coa construción dar por + adx.

    5. Que non se expresa aínda que normalmente quen fala si sabe quén ou qué é.

    6. Que é difícil de precisar con palabras ou non se sabe con certeza.

    7. Que se dá en pequena cantidade ou con pouca intensidade.

    8. Con veracidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conforme á verdade e que non deixa lugar a dúbidas. Na tradición oral recóllense os seguintes ditos: “Máis vale o certo que o dubidoso. Nunca deixes o certo polo que che ofreza dúbida”.

    2. Que ten a seguridade de algo. OBS: Emprégase xeralmente coa construción estar + adx + de.

    3. Que se vai producir. OBS: Emprégase xeralmente coa construción dar por + adx.

    4. Que non se expresa aínda que normalmente quen fala si sabe quén ou qué é.

    5. Que é difícil de precisar con palabras ou non se sabe con certeza.

    6. Que se dá en pequena cantidade ou con pouca intensidade.

    7. Con veracidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (? - París 1572) Compositor francés. Discípulo de Josquin des Près, ingresou na Sainte-Chapelle en 1532 e posteriormente elixírono mestre do seu coro. Escribiu misas e motetes e as súas obras máis significativas, inspiradas na monodia e nos ritmos da música popular, pertencen ao xénero da chanson.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cría de cervo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Prateiro. Adornou a cruz da igrexa da Trindade de Ourense en 1617 e realizou unha cruz de prata para a igrexa de Piñeira de Arcos (Xinzo de Limia) en 1619.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xurista ilustrado. Logo de estudar gramática no colexio dos xesuítas de Santiago de Compostela, doutorouse en Cánones e foi catedrático de Prima. Escribiu un tratado de dereito titulado Collectio setentiarum. Libri primi. Decretalium juxta ordinem capitulorum digesta (1778).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e político. Foi ministro de Mariña en 1892. Cando se desencadenou o conflito cos EE UU en 1898 estivo ao mando da escuadra do Atlántico, que foi derrotada pola flota comandada polo almirante Sampson. Ao seu regreso, ocupou a capitanía xeneral de Ferrol (1906). En 1899 publicou unha Colección de documentos referentes a la escuadra de operaciones en las Antillas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Dirixente obreiro e xornalista. Fundou con Pi i Margall en Madrid en 1846 a Escuela del Trabajador e o xornal El Trabajador (1851), destinado a fomentar a creación de sociedades obreiras. En 1849 participou na fundación do partido demócrata, no que militou na facción socialista. Editou, con Fernando Garrido, La Hoja de las Barricadas e fundou o diario La Voz del Pueblo (1855). Na clandestinidade animou, xunto con Ceferí Tresserres, a sociedade secreta El Falansterio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Artista plástico. Doutor en Belas Artes pola Universidade de Vigo (1998), ampliou estudios en Inglaterra. Comezou a expoñer en 1992 e a súa obra caracterízase pola reflexión sobre a paisaxe e a natureza desde unha poética icónica e conceptual. A serie O xardín da paisaxe (1998-1999) incidiu nesa visión co tratamento cromático e esquemático na pintura e coa utilización de elementos da natureza na escultura para sintetizar así as formas do campo galego. A súa obra está, entre outros lugares, na Deputación de Pontevedra e no Museo de Arte Contemporánea Unión Fenosa. Recibiu o premio Arte Xoven Galega de El Corte Inglés (1993).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Cóengo, historiador, poeta e orador político. Vinculado ao movemento rexionalista, participou nos Xogos Florais de Tui (1891) nos que pronunciou o seu Sermón rexionalista. Foi un colaborador habitual de El Eco del Miño e La Integridad de Tui. Entre outras obras escribiu La defensa de La Coruña en 1589 (1903) ou Las guerras feudales en Galicia: Pedro Madruga y D. Diego de Muros (1923). Foi socio correspondente da Liga Galega da Coruña.

    VER O DETALLE DO TERMO