"AND" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3994.

  • Calquera dos elementos que interveñen nunha operación para dar un resultado. Cada operación require un número fixo deles, normalmente dous. Segundo sexa este número, a operación denomínase diádica, monádica (como a identidade ou a complementación), triádica, etc. Nalgunhas operacións, os operandos reciben nomes especiais segundo o lugar que ocupan (primeiro ou segundo, respectivamente): sumandos na adición, minuendo e subtraendo na subtracción, multiplicando e multiplicador (e factor calquera dos dous) na multiplicación, e dividendo e divisor na división.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fylke de Noruega (25.191 km2; 183.300 h [2001]). A súa capital é Lillehammer (24.873 h h [2001]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Enxeñeiro agrónomo. Master of Science en Mellora Xenética Vexetal pola Universidade de Minnesota (1973) e doutor en Enxeñaría Agrónoma pola Universidad Politécnica de Madrid (1974), foi científico titular (1975-1988) e investigador (1988-2000) do CSIC, director da Misión Biológica de Galicia (1987-1989 e 1991-2002), e profesor de investigación e coordinador institucional do CSIC en Galicia desde 2000. Desenvolveu catro variedades de millo de uso comercial e fixo posible a creación dun banco de xermoplasma de millo e do xénero Brassica, de orixe galega, a única no mundo. Ten publicados máis de 104 traballos sobre a súa especialidade en revistas de todo o mundo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que se dispón a recibir as ordes sagradas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da verba dos arxinas ou xerga dos canteiros que corresponde á voz ‘augardente’.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Estado de orfo.

    2. Pensión da que gozan algúns orfos.

    3. Situación de abandono, desamparo ou soidade en que se atopa unha persoa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tecido de algodón con ligamento de tafetá, moito máis fino e transparente ca a muselina de algodón, cunha gran rixidez e transparencia, que se emprega especialmente na confección de vestidos, blusas e cortinas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Partido político creado en 1973 a partir dun grupo escindido do Partit Socialista Unificat de Catalunya (PSUC). Defendía para o Estado español unha república democrática e federal. Despois de numerosos cambios, incorporouse ao PCE-PSUC (1989). Das súas publicacións destaca Política Comunista.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de Florida, EE UU (185.951 h [2000]). A súa economía baséase no cultivo de cítricos e experimentou un pulo importante polas actividades terciarias derivadas do turismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Poema épico de Ludovico Ariosto, publicado en 1516 nunha primeira versión (40 cantos), e cunha definitiva (46 cantos en oitavas), que saíu en 1532. É unha continuación do Orlando innamorato, pero son moi diferentes nalgúns elementos como a defensa dos ideais humanísticos do cabaleiro errante. Con material procedente da épica cabaleiresca, pero cunha linguaxe e un espírito do seu século, reflicte a vida íntima do seu autor. A multiplicidade de personaxes e episodios estrutúranse en tres motivos principais: o épico, o amoroso (núcleo do poema) e o encomiástico, que corresponde á parte menos consistente da obra. Tivo numerosas fontes, das que destaca Tirant lo Blanc.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Poema cabaleiresco de Matteo Maria Boiardo, que comezou a escribir cara a 1476. As dúas primeiras partes foron publicadas na rexión de Emilia (1486) e o resto quedou incompleto pola morte do autor. A obra debería estar dividida en tres partes que agruparían ao redor de cen cantos, pero o texto publicado quedou en 69. Os elementos esenciais da trama proceden do ciclo carolinxio, pero o espírito épico foi substituído por historias de amor e feitos novelescos. O poema foi completado polo Orlando furioso de Ariosto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xurista e político italiano. Foi primeiro ministro (1917-1919) e retirouse da vida pública durante o fascismo, pero volveu en 1944 e foi senador. Das súas obras xurídicas destacan Principî di diritto costituzionale (1889) e Principî di diritto amministrativo (1890).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo que procede do italiano, e este á súa vez do francés Roland por métatese da primeira sílaba. A Igrexa rende culto a un san Orlando mártir, e a súa festividade celébrase o 20 de maio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Director de orquestra. Establecido en EE UU desde 1920, iniciouse como director en 1924, e dirixiu a orquestra de Nova York e a Minneapolis Symphony Orchestra. En 1938 sucedeu a L. Stokowski á fronte da Philadelphia Orchestra, que dirixiu ata 1980 e na que desenvolveu un son cálido moi característico, coñecido como son de Philadelphia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Poeta. Formouse culturalmente grazas ás súas viaxes por Europa, ata que se instalou sucesivamente en Ibiza, Madrid e Vigo. Foi colaborador das revistas Bonaval e Coordenadas, onde publicou algúns dos seus poemas, como “Golosá” ou “Alicia”. Estableceu relacións co movemento beat e participou na revista desta tendencia, Poetry. A súa poesía caracterízase polo rexeitamento das formas tradicionais e un achegamento á expresión automática, onde abundan as imaxes case imposibles e místicas. Da súa produción destacan os libros poéticos Elenkar (1976), Cabalum (1980), Poesía (1994), Cuando se habla de ti (1998) e En el norte hay un mar que es más alto que el cielo (2000).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Agolada. Pertenceu a un antigo mosteiro feminino da orde beneditina. Os primeiros datos fiables sobre o cenobio constatáronse nunha doazón da abadesa ao mosteiro de Sobrado, o 1 de maio de 1171, aínda que é probable que existira anteriormente. En 1504, Xulio II confirmou a doazón a San Paio de Antealtares. O templo erixiuse entre os ss XII e XIII. De estilo románico, ten nave rectangular con ábsida semicircular. Destaca a súa portada con arco de medio punto, así como os capiteis decorados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xurista e político. Foi profesor axudante na Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela (1967-1969). Nomeado director xeral de Tributos e Política Financeira (1982-1985), foi conselleiro de Economía e Facenda desde 1990 e deputado no Parlamento de Galicia polo PP (1997-2001). Escribiu varios artigos en revistas especializadas de economía, entre os que destacan “Administración autonómica e control externo público” (2000) e “O futuro da economía galega” (2000).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Teólogo alemán. De nome Andreas Hoseman, foi profesor de hebreo en Nuremberg e predicou a reforma luterana (1521). Aconsellou o rigor cos anabaptistas e desde 1549 foi reitor e profesor de teoloxía de Kaliningrad. Defendeu a impanación na eucaristía e motivou unha forte controversia coa súa concepción da xustificación que, segundo el, consistía na unión real e intrínseca de Xesús Cristo coa alma, é dicir, na inhabitatio Christi. Encargouse da supervisión da obra de Copérnico De Revolutionibus Orbium Coelestium e engadiu un prólogo onde afirmaba que as teorías expostas non correspondían á realidade, senón que eran un simple modelo matemático para facilitar os cálculos relativos aos movementos dos corpos celestes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Nobre e militar galego, fillo de Rodrigo Osorio de Moscoso. Criado baixo a tutela de Álvaro Osorio de Moscoso, bispo de Astorga, en 1537 creou a escuadra galega. Os Reis Católicos destinárono a Italia, onde foi capitán do exército na Guerra de Gaeta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Actor, director e crítico teatral. Formouse en Portugal, na Escola da Arte de Representar do Conservatório de Lisboa, e foi director de escena no Teatro da República e o responsable da introdución de pezas teatrais portuguesas no ámbito galego. En Galicia coñeceu a Lois Peña Novo e A. Villar Ponte, ingresou nas Irmandades da Fala e colaborou en A Nosa Terra. Dirixiu, entre 1919 e 1922, o Conservatorio Nazonal da Arte Galega, e a obra A man da santiña (1919), de R. Cabanillas. Tamén realizou as obras Sem porta nem tranca (1913), Norte (1920) e Desourentación (1924), subtitulada “boceto teatralizado e analítico de ideas”, que se premiou no certame teatral da Irmandade da Fala da Coruña, e na que critica a falta de solidariedade coa pobreza e a indixencia. Fundou, xunto a Ánxel Casal, en 1930 o semanario El Adelante.

    VER O DETALLE DO TERMO