"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

    1. Que evita ou combate o escorbuto.

    2. Medicamento ou axente que combate o escorbuto.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que evita escorregar.

    2. preparado.

    3. Pintura que permite obter superficies rugosas e resistentes ao desgaste, que diminúen a posibilidade de esvarar. Estas pinturas empréganse para as pontes dos barcos e para os pavimentos de certas fábricas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Actitudes ou opinións opostas á escravitude. Malia que no mundo clásico ou árabe existía a escravitude, non xurdiu ningunha actitude intelectual oposta de xeito sistemático ao escravismo. O primeiro antiescravista moderno foi Condorcet (1743-1794), quen se manifestou abertamente contra o Código negro (1685), que creaba un dereito para aqueles que estaban privados del: os escravos. O antiescravismo, así mesmo, adquiriu unha base científica a partir da antropoloxía darwinista, que demostraba a falacia racista sobre a que se apoiaba o escravismo: a inferioridade das razas. Os primeiros logros políticos do antiescravismo foron a abolición da escravitude pola Convención de 1792 e as múltiples conferencias antiescravistas, entre as que destacan as de Berlín (1885) e Bruxelas (1889). O último logro do antiescravismo foi a aprobación do artigo 4 da Declaración Universal dos Dereitos Humanos (10.12.1948), que prohibe a escravitude en todas as súas formas. Malia que na actualidade...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que serve para aliviar ou previr os espasmos.

    2. Substancia que combate os espasmos e as contraccións. O metilbromuro de homatropina, o butilbromuro de escopalamina, a papaverina e a alverina son os antiespasmódicos máis importantes.

    3. Tamén chamados, sinxelamente, antiespasmódicos, calman ou preveñen o espasmo involuntario da musculatura lisa ou estriada, evitando así a dor ou malestar que conlevan xeralmente estas reaccións. Algúns poden exercer o seu efecto a través dunha acción sedante xeral, como no caso do opio e dos seus derivados. Outros actúan especificamente sobre determinadas rexións, como por exemplo a adrenalina, que produce efectos sobre a musculatura lisa dos bronquiolos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que evita a acumulación da cargas eléctricas estáticas.

    2. Composto que lle proporciona condutividade suficiente a superficies normalmente non condutoras para evitar que se acumulen cargas eléctricas estáticas, producidas por frición. De natureza química moi diversa, os antiestáticos empréganse para produtos téxtiles, plásticos, resinas, papel, coiro, etc, e diminúen ou evitan as dificuldades no manexo de certos obxectos, a atracción e a adherencia de pos e incluso o perigo de incendios. Poden incorporarse aos materiais ou aplicarse directamente sobre o obxecto xa rematado.

    3. Aplícase a aparellos destinados a converter o aire en condutor por ionización.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que é contrario ás normas da estética.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase a aquela substancia que bloquea ou modifica a acción dos estróxenos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Comediógrafo grego. O máis destacado xunto con Alexis da chamada Comedia Media. Escribiu máis de trescentas obras das que só se conservan fragmentos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Doutrina ou movemento que se opón ao fascismo.

    2. Heteroxéneo movemento político que xurdiu en Europa contra 1933-1934 para facer fronte á extensión do fascismo, que acadou forte pulo a partir do acceso ao poder de Benito Mussolini en Italia (1922) e, sobre todo, de Adolf Hitler en Alemaña (1933). Foi evidente a paternidade comunista do artellamento dun proxecto antifascista a nivel global, derivada en boa medida dunha nova política exterior da URSS, o que ocasionou suspicacias á hora de pretender amalgamar a todos os contrarios ao fascismo. Con todo, socialistas e republicanos de esquerda, demócratas e progresistas en xeral, defenderon a necesidade de artellar un amplo movemento social en contra do fascismo, contando nesta tarefa con moi variados apoios, fundamentalmente entre a intelectualidade, como foron os casos de Francia e España. Deste xeito, na década de 1930, na maioría dos países da Europa Occidental, grupos políticos do amplo espectro da esquerda reuníronse en Frontes Populares co obxectivo de frear o perigo fascista,...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao antifascismo.

    2. O que é partidario do antifascismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome farmacéutico da acetanilida, derivado da acción antipirética da substancia. Introduciuse na medicina no 1866 e posúe unha toxicidade excesiva. É o membro principal dun grupo de fármacos usados como antipiréticos, entre os que se atopa o paracetamol.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dise dos produtos que, engadidos ao carburante, diminúen a produción de feluxe nos motores de explosión. Cos procedementos modernos de refinado non adoitan ser necesarios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Substancia que ten o poder de evitar que se inicie unha fermentación ou de detela unha vez iniciada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Polarización eléctrica espontánea de certos cristais iónicos, nos que a rede cristalina se ordena en dúas subredes coa polarización eléctrica en sentido contrario, de xeito que a polarización macroscópica é nula ou moi feble.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Magnetismo que presentan algúns metais, aliaxes e os sales dos elementos de transición (como o FeO, MnO, MnO2), nos que a susceptibilidade magnética é moi baixa pero medra coa temperatura. Por debaixo da temperatura de Neel, os átomos ordénanse espontaneamente presentando spins antiparalelos (momentos magnéticos opostos), de xeito que o momento resultante é nulo e evidencia pouco magnetismo exterior. Por riba da temperatura de Neel o material vólvese paramagnético. Un campo magnético intenso pode chegar a transformar o antiferromagnetismo en ferromagnetismo ( magnetismo).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que evita a formación de ferruxe.

    2. Pintura anticorrosiva destinada especialmente a protexer as superficies metálicas da acción dos axentes atmosféricos. Acostuman estar fabricadas con pigmentos que favorecen a pasivación do metal ou con zinc en po. Os aglutinantes son vernices graxos ou sintéticos, bituminosos ou a base de resinas sintéticas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que evita a fibrilación.

    2. Fármaco empregado para evitar a fibrilación do miocardio.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que inhibe a fibrinólise.

    2. Nome xenérico dos axentes que inhiben a fibrinólise bloqueando a activación do plasminóxeno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • antiinflamatorio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pasta untuosa, usada como base para aplicacións externas de cataplasmas, que permite, ao mesmo tempo, a incorporación de diversas substancias medicamentosas, en especial as de acción desconxestiva e antiinflamatoria.

    VER O DETALLE DO TERMO