"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cousa moi antiga ou que xa está en desuso.
-
-
Que protexe contra os gases tóxicos.
-
Procedemento empregado para defenderse dos ataques inimigos con gases, utilizando máscaras, roupas especiais ou refuxios ( máscara antigás).
-
-
-
Fundouse en 1844, aínda que non se inaugurou ata o 20 de febreiro de 1847. A Comisión organizadora estaba dirixida por Bonifacio Ruíz, quen se encargou de xuntar e catalogar 128 cadros e reunir 12.000 monografías -indexadas segundo o método bibliográfico de Oliverio Legiponcio- que, procedentes dos mosteiros de Celanova, Oseira, Melón, San Clodio, San Domingos e San Francisco, formarían a colección inicial do Museo de Pinturas de Ourense. A primera sede do museo-biblioteca, dirixido por Bonifacio Ruíz, foi o Convento de San Fernando; sen embargo, a biblioteca desagregouse do conxunto entre 1849 e 1851. A partir de 1848 a colección espallouse por varios edificios: o Convento de San Domingos, o edificio do Goberno Civil (sede da Deputación) e o Hospital Provincial, aínda que se mantivo como colección organizada ata o ano 1872, cando se amplía coas obras do Museo de Pinturas enviadas á Deputación polos artistas pensionados, Tiberio Ávila e Silvio Fernández entre outros. Trala reorganización...
-
Que existe dende unha época anterior, que non é novo ou recente.
-
Que existiu ou sucedeu nun tempo xa transcorrido ou nunha época remota.
-
Que pertence ao xeito de facer ou de actuar dunha época anterior.
-
Que ten unha categoría ou representación e que forma parte dunha corporación, comunidade, entidade profesional, clase social ou militar que xa levan moito tempo desempeñando un cargo ou función.
-
Pertencente ao período histórico denominado Antigüidade.
-
Termo empregado na clasificación das letras por Thibaudau. Caracterízase polo grosor uniforme dos trazos da letra. Recibe tamén o nome de pau seco ou grotesca.
-
-
-
Que existe dende unha época anterior, que non é novo ou recente.
-
Que existiu ou sucedeu nun tempo xa transcorrido ou nunha época remota.
-
Que pertence ao xeito de facer ou de actuar dunha época anterior.
-
Que ten unha categoría ou representación e que forma parte dunha corporación, comunidade, entidade profesional, clase social ou militar que xa levan moito tempo desempeñando un cargo ou función.
-
Pertencente ao período histórico denominado Antigüidade.
-
Termo empregado na clasificación das letras por Thibaudau. Caracterízase polo grosor uniforme dos trazos da letra. Recibe tamén o nome de pao seco ou grotesca.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fundouse en 1844, aínda que non se inaugurou ata o 20 de febreiro de 1847. A Comisión organizadora estaba dirixida por Bonifacio Ruíz, quen se encargou de xuntar e catalogar 128 cadros e reunir 12.000 monografías -indexadas segundo o método bibliográfico de Oliverio Legiponcio- que, procedentes dos mosteiros de Celanova, Oseira, Melón, San Clodio, San Domingos e San Francisco, formarían a colección inicial do Museo de Pinturas de Ourense. A primera sede do museo-biblioteca, dirixido por Bonifacio Ruíz, foi o Convento de San Fernando; sen embargo, a biblioteca desagregouse do conxunto entre 1849 e 1851. A partir de 1848 a colección espallouse por varios edificios: o Convento de San Domingos, o edificio do Goberno Civil (sede da Deputación) e o Hospital Provincial, aínda que se mantivo como colección organizada ata o ano 1872, cando se amplía coas obras do Museo de Pinturas enviadas á Deputación polos artistas pensionados, Tiberio Ávila e Silvio Fernández entre outros. Trala reorganización...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Denominación que recibe a estrutura política e social que se xeneraliza en Europa dende o s XVI ata a era das revolucións burguesas, polo tanto, é o sistema anterior á implantación dos rexímenes liberais. As súas características, comúns a todos os países europeos, son a monarquía autoritaria e a sociedade estamental. A monarquía autoritaria, reforzada aínda máis polo absolutismo, que outorga o poder aos monarcas baseándose no dereito divino, perfeccionou os instrumentos do seu poder multiplicando a burocracia civil, creando exércitos permanentes, dando unha importancia crecente aos impostos reais regulares e primando o papel do Consello do Rei, quen quedou fóra de toda limitación imposta pola lei ou pola tradición. A sociedade, fundamentalmente agraria, é estamental: a nobreza e o clero son os estamentos privilexiados; o resto do pobo, no que loitan por abrirse paso os protagonistas das novas actividades mercantís (a burguesía), constituía o estamento non privilexiado. Durante a Idade Moderna...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Denominación cristiá do conxunto dos libros da Biblia escritos antes do nacemento de Cristo. Baixo esta denominación, os cristiáns católicos e ortodoxos agrupan 46 libros nos que fan constar os 7 que foron excluídos do canon hebreo, establecido ao remate do s I d C; mentres que os fieis da Igrexa Reformada (protestantes) agrupan 39, seguindo a distribución xudía. Os xudeus distribúen estes 39 libros, os únicos da súa Biblia en tres grupos: a Lei (Toráh), Profetas (Nebiim) e Escritos (Ketubim). Católicos e ortodoxos clasifican os 46 libros do seu Antigo Testamento en catro grupos, segundo os xéneros literarios empregados neles: Pentateuco, Históricos, Sapienciais e Proféticos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome feminino procedente do grego Antigone (Ảντιγόνη), derivado de anti ( ἀ ντί)‘contra, fronte’ e goné (γον ή ) ‘xeración, nacemento, caste’, e este a súa vez procede de gennao (γεννάω) ‘enxendrar’. Antígona é o nome da filla de Edipo, célebre personaxe literaria de Sófocles que simboliza a fidelidade á familia. Hai un santo Antígono que se celebra o 27 de febreiro, pero non garda relación ningunha con esta figura da mitoloxía grega.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Personaxe lendaria da literatura grega que naceu do matrimonio incestuoso de Edipo coa súa nai Iocasta. Acompañou a seu pai cego no desterro de Tebas e soterrou o seu irmán Polinices, desafiando o mandato do tío Creonte. Por todo isto, Antígona representa a suprema fidelidade á familia e á propia conciencia por riba de calquera lei civil ou militar. No Edipo en Colonos de Sófocles aparece como personificación do amor filial e na traxedia do mesmo autor, que leva o nome da heroína, representa a loita polo poder. O mito de Antígona foi recreado en multitude de linguas e deu lugar a óperas e ballets, destacando a Antígona neoclásica de Alfieri (1783). Máis recentemente, as implicacións políticas do tema convertírono en obxecto de diversas revisións; reviviu logo durante a Segunda Guerra Mundial e na posguerra por mor da súa repercusión na literatura, fundamentalmente polas recreacións que Hegel e Sartre fixeron da traxedia antiga, e que se poden percibir nas versións de Anouilh...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Texto orixinal de María Xosé Queizán publicado en 1989, no que se recrea o mito de Antígona, un dos máis permanentes e actuais da cultura occidental, e que pode englobarse no xénero denominado dramática histórica. Nesta adaptación, o mito de Antígona desenvólvese nunha Galicia medieval, a piques de perder a súa independencia e a súa identidade como Reino. Don Fruela, conde galego fiel ao Rei Don García, promove unha revolta contra o conde Oveco, representante en Galicia de Afonso VI, Rei de León e Castela, mais a revolta fracasa e Don Fruela morre. Ha ser Elvira, a súa irmá, a que teña que continuar a loita, pero será apresada e finalmente, para salvar honra e dignidade, quitarase a vida. Como epílogo da traxedia, escóitase o berro de Aldena, a muller de Fruela, que reclama parir en liberdade.
-
PERSOEIRO
Científico grego. Foi a primeira persoa, da que temos coñecemento, que constatou a relación entre a Lúa e as mareas. Foi o autor dun escrito sobre curiosidades zoolóxicas.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
o Gonatas (Gonnes, Tesalia 320? a C - 239 a C) Rei de Macedonia (283-239 a C). Neto de Antígono Monóftalmos e fillo de Demetrio I, fundador da dinastía que dominou Macedonia durante un século. Venceu a Pirro de Epiro, o que contribuíu a consolidar o seu poder. Enfrontouse a Ptolomeo II, temeroso do poder que conseguira. Levou a termo unha inxente obra cultural.
-
VER O DETALLE DO TERMO
o Dosón (? 263 a C - 221 a C) Rei de Macedonia (229-221), sobriño de Antígono I. Sucesor de Demetrio II, continuou coa política do seu tío derrotando definitivamente a Esparta na Batalla de Selasia (222).
-
PERSOEIRO
Xeneral de Alexandre o Grande. Á morte deste, gobernou Frixia e outros territorios de Asia Menor. Baixo a rexencia de Antípater, foi nomeado xeneral dos exércitos de Asia e loitou contra Seleuco I, Rei de Babilonia, e unha coalición de xenerais. Ao rematar a guerra (311), Antígono dominou toda Asia Menor, Siria e unha boa parte de Mesopotamia. No ano 306 proclamouse, xunto co seu fillo Demetrio, “Rei”. Foi vencido en Isios, cidade de Frixia.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
ariedade lamelar de serpentina.
-
-
Que combate a gota.
-
Substancia empregada no tratamento da gota. Actúan como antigotosos as drogas uricosúricas, que aumentan a excreción de ácido úrico, o alorupinol, que inhibe os últimos pasos na biosíntese do ácido úrico, e a colquicina, que diminúe a fagocitose dos cristais de urato.
-
-
-
Maxistrado que, na antiga Atenas, se ocupaba da inspección das finanzas do estado, fiscalizando os recadadores de impostos, as contas do senado e os investimentos do tesouro público.
-
Reclamación xurídico-procesal que, na Grecia antiga, servía para entorpecer a acción dos promotores dun preito ou dun proceso.
-
Na Idade Media, chanceler, escribán ou notario.
-
Copia manuscrita.
-
-
-
Que actúa contra as gramíneas.
-
Produto fitotóxico especialmente activo contra as gramíneas. En doses elevadas actúa como un herbicida e afecta tamén ás dicotiledóneas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Efecto dun sistema capaz de anular a forza dun campo gravitatorio.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fenómeno hipotético de natureza similar á gravitación, pero de efecto contrario, que xurdiría da suposta existencia -aínda que non comprobada na práctica- de masas negativas e daría lugar a unha repulsión mutua entre os corpos de masa positiva e os de masa negativa.