Antígona
Antígona
[ONOM]
Nome feminino procedente do grego Antigone (Ảντιγόνη), derivado de anti ( ἀ ντί)‘contra, fronte’ e goné (γον ή ) ‘xeración, nacemento, caste’, e este a súa vez procede de gennao (γεννάω) ‘enxendrar’. Antígona é o nome da filla de Edipo, célebre personaxe literaria de Sófocles que simboliza a fidelidade á familia. Hai un santo Antígono que se celebra o 27 de febreiro, pero non garda relación ningunha con esta figura da mitoloxía grega.