"Ea" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3634.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ou Circo de Artesanos Asociación fundada na Coruña en 1847 baixo a presidencia de Xurxo Yáñez. Desenvolveu a actividade cultural e política da cidade e constituíu un centro de reunión básico para o pulo dos acontecementos sociais. Destaca a súa biblioteca.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista publicada en Cangas a partir de 1985. Editada pola Asociación Cultural “Entre Bambalinas”, foi dirixida por Antón Lamapereira. De carácter informativo e centrada no mundo teatral, a revista formou parte da Rede de Publicacións do Instituto Internacional do Teatro do Mediterráneo. Incluíu historia do teatro, notas sobre festivais e premios, e reflexións sobre o teatro afeccionado noutros países. A partir do número 6, en setembro de 1989 comezou unha segunda época e, co número 22 pasou de semestral a saír cada tres meses, aínda que con certa irregularidade.
-
PERSOEIRO
Político francés. Foi deputado dos Estados Xerais (1789) e, durante a Revolución Francesa, membro do Triunvirato, con Paul de Barras e La Révellière-Lépaux, e do Directorio (1795-1799). Organizou o golpe de estado do 18 de frutidor (4 de setembro de 1797).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintora. Formouse na Escuela de Bellas Artes de San Fernando de Madrid (1963-1968) e graduouse en Artes Aplicadas. A súa produción artística estivo marcada pola preocupación polos problemas da sociedade actual e en determinados momentos realizou unha pintura de compromiso e denuncia social. Traballou os grandes formatos con composicións realizadas a partir de grandes manchas de cor e trazos marcados. O seu estilo inscribiuse dentro da nova figuración e a súa temática neofigurativa reduciuse practicamente á representación de torsos de homes e mulleres. Posteriormente preocupouse polas texturas e os materiais e someteu as figuras humanas a unha maior xeometría. Relizou, entre outras obras, a serie de gravados O Metro (1968) e as obras Labregos (estampa popular galega) (1969), O Orzán (1971), Adán (1985), Crusoe (1997) e Dama de Elche (2000).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de aves, da familia dos reidos, ao que pertence o ñandú.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Elle Gwendolyn Rees.
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Ponteareas baixo a advocación de san Xurxo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Castro de Rei baixo a advocación de san Xoán.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Endonuclease que hidroliza os enlaces entre os hidroxilos 5’ e o ácido fosfórico unido a un nucleótido pirimidínico dos ARN.
-
PERSOEIRO
Escritor francés. Membro dun equipo da revista Tel Quel, foi un dos continuadores do nouveau roman, que reflectiu en novelas experimentais como L’observatoire de Cannes (1961) e La prise de Constantinople (1965). Tamén escribiu os ensaios Problèmes du nouveau roman (1967), Nouveaux problèmes du roman (1978) ou Le théâtre des métamorphoses (1982).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Crítico literario. Os seus traballos máis importantes pertencen á crítica temática, con análises das estruturas internas da obra. Destacan Littérature et sensation (1954), Poésie et profondeur (1955) e Pages paysages (1984).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Armand Jean du Plessis de Richelieu.
-
PERSOEIRO
Escritor. Bohemio e aventureiro, publicou o libro poético La chanson des gueux (1876), que lle valeu un mes de cadea; Les caresses (1877) e Les blasphèmes (1884), polas que foi acusado de sensualidade e ateísmo. O seu teatro e as súas narracións reflicten o mesmo carácter romántico exaltado.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Astrónomo francés. Por encargo da Académie des Sciences realizou unha misión científica en Cayenne (1672-1673) durante a que determinou a paralaxe de Marte. Elaborou un novo método dinámico para determinar a forma da Terra.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Calquera sal ou éster do ácido ricinoleico.
-
GALICIA
Profesor e escritor. Xefe do gabinete de normalización lingüística na delegación provincial de Educación da Coruña, traballou nos campos da filosofía, do xornalismo e, especialmente, na música, onde foi integrante do grupo A Quenlla, ademais de director dun obradorio experimental de música tradicional. Publicou O puff (1981) e A pulguiña e o pulgón (1983), que incluíu cancións infantís; Cancións, contos e adiviñas (1989), Cancioneiro popular das Terras do Tamarela (1989), Arrolín, arrolán (1994), Tantarantán, tarantán, tarantiña: recitativos e outras lerias de tradición oral (1994) e Vente vindo, ven cantando: cancioneiro escolar galego (1996). Recibiu o primeiro premio no Certamen Nacional de Prensa (1985) polos seus artigos publicados na revista Cataventos sobre o cancioneiro tradicional galego e co Premio Galicia de Xornalismo (1988) ao mellor programa musical Vente vindo, ven cantando, emitido por RNE en...
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Barcelona, Catalunya (2.264 h [2001]). A súa agricultura localízase no sector máis chairo, cuberto principalmente por cereais e patacas. Destacan a gandaría bovina e as industrias modernas. Tamén ten certa importancia o turismo de veraneo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Ebanista alemán. Formado en Francia e discípulo de Jean François Oeben, foi a figura máis destacada dos estilos Luís XV e Luís XVI. Destacaron os seus pequenos escritorios de cilindro con espléndidas marquetarías e aplicacións de bronce, e secreteres.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta. Aos 14 anos compuxo unha serie de poemas de gran perfección inspirados en Victor Hugo e Baudelaire, aos que sempre admirou. A súa revolución poética caracterizouse pola ruptura formal con calquera concepto da moral tradicional, coa relixión e a literatura. O resultado foi un dos seus poemas máis conmovedores, Le bateau ivre (1871). En Une saison en Enfer (1873) rexeita a poesía, as súas rebelións e alucinacións, aínda que todo reaparece, máis acentuado, nos seus poemas en prosa Illuminations (1874), a maioría escritos entre 1874 e 1875, que representan o final da evolución poética do autor. Creou unha linguaxe poética riquísima en sensacións, con metáforas desconcertantes e unha máxica sonoridade.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Fluxo abundante, secreción esaxerada das mucosidades nasais.