"GR" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3341.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Gravado sobre aceiro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parte da medicina que trata sobre a sífilis.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á sifilografía.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Sigrás (Cambre). Ten planta en forma de L e realizouse en cantaría de granito e cachotaría recebada nos muros. Na fachada principal destaca un gran balcón de ferro forxado. Os brasóns aluden aos Queo, Ponte, Ribera, Parga, Luaces ou Montenegro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción sobre o río Mero situada na parroquia de Sigrás (Cambre). Trátase dunha ponte de cantaría do s XVIII con dous vans rebaixados. Atópase na estrada N-550 da Coruña a Santiago de Compostela, no antigo Camiño Real.
-
PERSOEIRO
Rei de Noruega (1122-1130), fillo de Magnus III e irmán e sucesor de Sten I. Defensor da fe cristiá, en 1107 emprendeu unha expedición marítima que o levou a Inglaterra, Lisboa e Xerusalén. Cos seus guerreiros saqueou algunhas cidades do litoral mediterráneo, como Sidón, e volveu por terra a Noriega (1111). Sucedeuno o seu fillo Magnus IV.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Tsar dos búlgaros (893-927), fillo do príncipe Boris I. Sucedeu a seu irmán, o príncipe Vladimir I, e tomou o título de tsar. Admirador da cultura grega, reinou nun país de gran prosperidade comercial, contra a que atentaron uns editos do Emperador León VI. As reclamacións búlgaras non foron escoitadas e estalou a guerra, da que saíu vitorioso. Despois dun período de paz, en que floreceron as artes e as letras, ao morrer León VI continuou a guerra (912). O Emperador Constantino VII deulle o título de tsar e converteuse no seu tributario. Gobernou desde o mar Negro ata o Adriático, incluíndo a península Balcánica, Valaquia e parte de Transilvania.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Descrición dos ligamentos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sindicato fundado pola escisión dos sectores opostos á relación da UPG con Comisións Labregas (1975). Denomináronse tamén CC LL Terra, polo voceiro que editaron. Mantívose activo no período 1976-1977.
-
-
-
Distancia que percorre unha embarcación nun día civil, é dicir, en vinte e catro horas, contadas de mediodía a mediodía. É sempre un pouco maior ou menor de vinte e catro horas a causa da diferenza de lonxitude adquirida na súa duración.
-
Rumbo que leva unha embarcación.
-
Intervalo de vinte e catro horas, que xeralmente empeza a contarse desde o mediodía.
-
-
Rumbo ou camiño que percorre algo ou alguén.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Navegar unha embarcación cun rumbo determinado.
-
IGREXAS
Igrexa formada arredor do patriarca de Antioquía. A parte que se atopaba nos límites do imperio persa e se separou xuridicamente en 424 formou a Igrexa Persa, Igrexa Asiria ou Igrexa Nestoriana. O resto, correspondente á parte occidental do patriarcado, rexeitou o Concilio de Calcedonia (451), manténdose sempre no monofisismo, fronte á facción que seguiu as directivas imperiais e aceptou Calcedonia, polo que foi chamada melquita. Outra comunidade eclesiástica pertencente ao tronco común da Igrexa Siria é a maronita. A Igrexa Siria ou siroantioquena chámase tamén xacobita, polo nome do seu reorganizador Xacobe Baradai (?-578). No s XVII diversos grupos da Igrexa Siria uníronse a Roma conservando o rito sirio e cun patriarcado propio, tamén titular de Antioquía. A Igrexa Siria renovouse nun sentido ecuménico: a xacobita procurando un achegamento ás outras monofisitas e unhas mellores relacións cos sirios católicos, e estes tomando máis conciencia do seu carácter oriental non latino.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Sistema de rexistro das ondas sísmicas que se realiza por medio dun sismógrafo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Instrumento que rexistra a amplitude, a dirección, a frecuencia e outras características das ondas sísmicas que se manifestan en forma de vibracións na terra. Fundaméntase na inercia dunha gran masa suspendida libremente e que, polo tanto, descansa inmóbil mentres o seu soporte se move solidariamente coas vibracións da terra.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Rexistro gráfico das ondas sísmicas que se obtén por medio do sismógrafo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ciencia auxiliar da historia que estuda a morfoloxía e a clasificación dos selos que autentican os documentos públicos e privados a través das épocas. Os estudos sixilográficos no nivel científico naceron conxuntamente cos estudos diplomáticos na escola de Jean Mabillon e dos maurinos, e constitúen unha fonte de grande interese para os estudos heráldicos e iconográficos de persoas e de arte suntuaria.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa versada en sixilografía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Síndrome que se caracteriza por queratoconxuntivite seca, telanxiectasias faciais, sequidade das membranas mucosas e agrandamento paratiroidal bilateral. Obsérvase en mulleres menopáusicas e está asociada á artrite reumatoide, fenómeno de Raynaud e caries dental.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Editorial creada en Madrid en 1951 por un grupo de profesores marianistas. En 1977 intregouse na Fundación Santa María, da Compañía de María. Mantén dúas liñas editoriais: unha de material escolar e outra de publicacións centradas na literatura infantil e xuvenil. Nesta última liña centráronse as súas coleccións El Barco de Vapor, Gran Angular e SM Saber, así como os premios, do mesmo nome, que convocan anualmente.